domingo, 29 de abril de 2018

Todos para uno y uno para todos




Weninger, Brigitte, Todos para uno y uno para todos, ilust. Eve Tharlet,  Vicens Vives, 2005 [37 pp.] (ISBN:9788431681067 ).


Breve descripción del formato y contenido. La parte externa del cuento cuenta con un encuadernado en tapas duras cubiertas de tela, la portada se nos presenta en un plano general al ratón Melitón protagonista de la historia ayudando a un topo ciego a caminar. Cuenta con veintiocho páginas con ilustraciones en colores claros y ocres las cuales resultan muy agradable a la vista y con los textos en color negro y colocados en las zonas de las ilustraciones donde están los colores más claros, como son las partes del cielo en color beis o en las zonas de hojas que son de color verde clarito.

La historia cuenta con un narrador el cual va relatando la historia y los diálogos en primera persona entre los animales. El cuento muestra un mensaje muy claro sobre la importancia de aceptar a cada uno como es, el cual podemos observar a través del camino que emprende el ratón Melitón, el cual aunque no puede caminar bien porque tiene una pata más corta, comienza un viaje para conocer el mundo. Durante el viaje conoce a varios animales: un topo que es medio ciego pero el cual tiene un olfato muy agudo, una rana sorda con mucha agilidad, un erizo el cual tiene mucho miedo, pero que se protege muy bien a si mismo y a sus amiguitos y un gorrión el cual es la voz de todos ellos. Pese a todas las dificultades y diferencias que tienen entre ellos ponen en común sus habilidades y consiguen ayudarse a hacer realidad todos sus sueños.

Potencialidades educativas. El tema principal del cuento es la discapacidad, gracias a la sencillez de los diálogos y a la positividad con la que se relata el mensaje del cuento, se puede utilizar para trabajar dentro del aula de educación infantil la discapacidad, transmitiendo un mensaje claro a los niños de que la diversidad dentro del aula es algo positivo y de que deben aunar todas las habilidades para ayudarse entre ellos.

Otro mensaje que se podría trabajar gracias a el es la confianza en uno mismo, que les ayude a ver que aunque se encuentren con dificultades con ayuda y esfuerzo se pueden superar esas dificultades y conseguir sus sueños.

Y por último se podría trabajar el mensaje de la importancia de sentirnos queridos y protegidos por la gente, ya que en la historia entre todos los animales se ayudan y se dan ánimos para conseguir avanzar.


Recursos de interés.
Video del cuento hablado.

Blogs sobre el cuento:




Etiquetas. Álbum ilustrado, discapacidad, Brigitte Weninger, Todos para uno y uno para todos y Supermaestras.

Autoría. Supermaestras (Carolina Lloret González, Marta Pérez Solla, Alejandra Rodríguez Cavallé, Malena Sánchez Gándara y Laura Vázquez Ramil)

Milu

Rivas, Manuel, Milu, ilustr. Aitana Carrasco, traducido por : Xosé Ballesteros, Pontevedra: Editorial: Kalandraka, col.”Maremar”, 2008, idioma galego, 48pp. (ISBN: 078-84-8464-735-5).

Breve descrición do formato e do contido da obra. Este álbum literario narra a historia dunha nena que se atopa nunha situación de desvantaxe social, porque a súa familia ten problemas de alcoholismo e depresión e non se poden facer cargo dela.  Mostra a soidade que sente Milu e a incomprensión da súa situación familiar, a cal a leva a silenciar esta realidade vivida ata que entra en xogo a escola e os servizos sociais para buscar un lugar onde a cativa este ben atendida, onde a rapaza acaba nun centro de acollida. 
Somérxenos no seu mundo imaxinario onde o seu refuxio e apego lle manteñen a esperanza dun cambio na súa vida, mediante a amizade que establece cunha televisión, que mais semella unha man a unha amiga a cal lle axuda a evadirse da súa situación diaria, e suple o amor e cariño que nese momento da súa vida está perdido. A nena tamén nos narra as súas experiencias vividas no centro de acollida ata que a súa familia se recupera e pode volver a facerse cargo da cativa.
Esta obra de discurso lineal preséntase a través dun discurso textual sinxelo, composta pola introdución narrada en terceira persoa, que nos axuda a mergullarnos na historia, o nó onde xorde o conflito do personaxe, e o desenlace onde se resolve o problema plantexado. Este relato  tamén contén algunhas metáforas e algún verso. Ademais mestura a realidade coa ficción, mediante elementos imaxinativos dun mundo no que a cativa se somerxe. Por unha banda, a narración preséntase en terceira persoa e inclúe diálogos dos personaxes en primeira persoa. Existe un narrador heterodiexético que nos introduce na historia, narra o conflito e o pecha. A voz da protagonista expresa os seus e sentimentos, preocupacións e requirimentos. Mentres que a voz dos outros personaxes expresan os seus comportamentos erráticos, as preocupacións e reflicten as situacións difíciles que están a pasar. Por outra banda, o texto está estruturado con frases curtas, pero parágrafos longos que ocupan  case todo espazo das follas as cales non conteñen ilustracións, sempre segue esta mesma estrutura. A letra é de imprenta, en minúscula e conta cun tamaño medio.
Trátase dun libro ilustrado de tapas duras encadernado en cartoné, de forma cadrada. Da ilustradora de “El viaje del bisabuelo” y “Los posos del café”. Este libro foi finalista do 3rd CJ Picture Book Awards 2010. Os debuxos son grandes e polo xeral ocupan toda a folla. As ilustracións son coloristas e mesturan estampados, gravados antigos e texturas, creando ambientes realistas con elementos oníricos. As imaxes son complementarias e acordes ao que se narra. As ilustracións son moi coidadas e conteñen moitos detalles con aspectos que suman e enriquecen a historia que se narra,  amplían información, e mostran a crueza das situacións vividas, os momentos de ensoñación, refuxio, preocupacións, medos e as situacións que vai lle van acontecendo as personaxes da historia. 

Potencialidades educativas. Esta historia serve para tratar o tema da familia en concreto un caso de dificultade social, cun contexto familiar adverso, polo que axuda a abordar esta problemática tanto coa familia coma co alumnado. Podemos tratar a soidade que senten as crianzas nas situacións difíciles e as emocións e sentimentos que lles xeran e que non saben expresar e visibilizar cara os demais. Neste conto faise visible como os problemas dos adultos lle afectan directamente aos cativos e cativas, nos que sempre se ven prexudicados. Tamén podemos traballar as emocións e sentimentos que  causan as situacións que as crianzas non comprenden e que lles son difíciles de afrontar. Este libro e ideal para abordar o tema dos centros de acollida, e comentar o que son, e porque moitos nenos e nenas teñen que irse a vivir alí. Non nos podemos esquecer de ver o lado positivo desta historia que é a importancia da imaxinación e creatividade para sobreelevar e evadirse dos problemas que nos rodean, e a esperanza e superación dos mesmos.Tamén plasma as súas ilusións e a súa idea da felicidade.Temos que destacar que ante unha situación de dificultade deben comunicalo a un adulto para que lle brinde a súa axuda, aínda que teña medo o descoñecido e do que poda pasar nun futuro un tanto incerto.

Grupo conflitos persoais. (Nuria Castiñeira Rodríguez, Sandra Dapena Hortas, Sheila Domínguez Da costa,  Carmen Eiras Conde, Sara Fernández Luna e Silvia Fraguas Juncal ).

Cuervo


Timmers, Leo, Cuervo, Valencia: Algar, 2017, [26 pp.] (ISBN:978-84-9845-165-8).


Breve descrición do formato e contido. Álbum ilustrado de formato rectangular (23 x 26 cm), con encadernación de tapa dura. Na cuberta aparece o protagonista Corvo levando botes de pintura con cara de preocupación. O título aparece centrado na parte inferior da portada na mesma cor negra do protagonista.












As páxinas interiores son grosas e as súas ilustracións, nas que se recolle os cambios de Corvo, ocupan toda a páxina. O fondo é branco para contrastar máis a diferenza entre o protagonista de cor negra e os outros paxaros que son de cores vivas. Os textos van contando a historia dunha maneira sinxela e breve. Nela cóntase a vida dun corvo que sempre estaba só, porque lle daba medo ao resto de paxaros, un papagaio, un ferreiriño e un pimpín, que eran de moitas cores. A Corvo ocorréuselle a idea de pintarse coas cores dos outros paxaros, pero non funcionou porque seguían escapando del. Entón, púxose moi triste e borráronselles as cores de tanto chorar. Cando os outos paxariños o viron, alegráronse e dixéronlle que menos mal que volvera, porque fora un pimpín, un papagaio e un ferreiriño moi grande que os asustaba. Dende ese día fixéronse amigos.


Potencialidades educativas. É un álbum adaptado para nenos e nenas de educación infantil e primaria. Permite traballar con eles/as a interculturalidade, os complexos, a autoestima, a amizade e os beneficios das diferenzas entre distintos seres.

Recursos de interese.
Comentario da obra (vídeo de Iro Blanco):

https://www.youtube.com/watch?v=hvq1x5tjzFc


Autoría: Elefantas (Sara Alonso, Sheila Álvarez, Valentina Cáceres y Cintia González)

Onde viven os monstruos


Sendak, Maurice, Onde viven os monstros, ilust. Maurice Sandak, Pontevedra: Kalandraka, 2000, [38 pp.], (ISBN: 9788484648598).


Breve descrición do formato e contido. Álbum ilustrado de formato rectangular (23 x 26 cm), con encadernación de tapa dura. Na cuberta aparece a imaxe do mundo dos monstros no que podemos observar o barco do protagonista e un monstro durmindo nun lateral. O título aparece na parte superior da portada centrado e na parte inferior, nas mesmas letras, o nome do ilustrador e autor do texto.





As páxinas interiores son grosas e as súas ilustracións ocupan toda a páxina. Nelas podemos ver a aventura que vai vivir o protagonista. Os personaxes e as paisaxes móstranse con cores escuros, en tons grises, mostrando así semellanzas cos sentimentos do protagonista (rabia, enfado...). Os textos tamén van contando o sucedido dunha maneira sinxela e breve. A historia conta a aventura de Max, quen di que quere ser un monstro e se comporta como tal. Unha noite a nai de Max castígao e mándao ao seu dormitorio. O neno está enfadado e quere marcha de alí. Entón o seu cuarto convértese nun bosque, onde atopa unha barca. Viaxa durante un ano ata que chega ao mundo dos monstros e o proclaman rei. Max vive con eles un tempo ata que decide regresar á casa, onde o espera a súa cea que aínda estaba quente.


Potencialidades educativas. Este é un álbum adaptado para nenos e nenas de educación infantil e primaria. Permite traballar con eles/as a interculturalidade, así como a confianza e a autonomía. Tamén supón unha proposta textual e icónica para abordar os procesos que vive a infancia cando é sancionada cun castigo.


Recursos de interese.
Proposta didáctica sobre o conto:

http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/ecoblog/mcanlop/2012/02/06/lecturarecomendada-donde-viven-los-monstruosmaurice-sendak/ 

Autoría: Elefantas (Sara Alonso, Sheila Álvarez, Valentina Cáceres y Cintia González)

Non é fácil pequeno esquio

Ramon, Elisa, Non é facil pequeno esquio, ilustr. Rosa Osuna, traduc. Marisa Núñez, Portugal, Editorial Kalandraka, col. Demademora, 2003, 40pp. (ISBN: 978-84-8464-183-4).

Breve descrición do formato e do contido da obra. Este álbum literario versa sobre o tema da morte dun familiar, neste caso a nai.  É un triste e fermoso conto que narra a desaparición dunha nai e a repercusión que ten nos máis pequenos. Trátase dunha historia chea de tenrura e delicadeza, que abre as portas a un tema profundo e de tratamento necesario, dando suxestións abertas e  tranquilizadoras sobre a continuidade da vida.  Nárrase a  historia dun pequeno esquío que no momento de cear, bota en falla a súa nai na mesa e non é capaz de cear debido a tristeza que lle embarga. O seu pai intenta explicarlle a ausencia da súa nai, aínda que el prefire o cobizo do seu amigo o moucho. O pequeno visualiza como  todos os seus amigos xogan co seu pai e a súa nai, polo que pónse aínda máis triste porque vota de menos intensamente a súa nai, pero isto deixa de suceder cando descobre no ceo unha bela estrela , polo que sabe que é a súa nai e desde alí daralle o calor e o amor que necesita para  súa vida.
Esta historia de estrutura lineal cun plantexamento, nó e desenlace, preséntase a través dun texto sinxelo con frases curtas, e tamén un texto acumulativo e repetitivo. A letra é impresa, en minúscula nun tamaño medio. Nel existe unha voz narrativa en terceira persoa de carácter contextualizador e con frases textuais que din os personaxes por boca dun narrador heterodiexético que nos introduce na historia, narra o conflito e o pecha. Trátase dun álbum ilustrado editado nun formato cadrado con tapas duras e de tamaño mediano. Na portada aparece o  protagonista,  nome da autora, e o titulo co cal xa nos podemos ir facendo unha idea da temática do conto. Non todas as páxinas conteñen texto, senón que vai intercalándose con ilustracións complementarias. 
As ilustracións son complementarias e enriquecen a historia, ademais acompañan o texto sendo acordes a narración. Son coloristas e mesturan estampados, grabados e texturas, aportando un gran enriquecemento  a historia.

Potencialidades educativas. Este conto crea unha bela metáfora acerca da presenza espiritual dun familiar desaparecido e que nos acompaña a través de obxectos case imperceptibles. Unha gran obra que pode ser moi útil para traballar o tema da morte na aula, e que pode, como ao final da obra se mostra, demostrar o que a literatura pode facer para  reconfortar o noso estado de ánimo. Ademais, ofrécenos un amplo abano de valores que se deben traballar na aula, como son a soidade, a incomprensión, a recuperación do equilibrio emocional, o pranto desconsolado, o enfado e a ira, os cales podemos paliar a través do amor e das lembranzas.
A través do conto, dá a impresión de que o proceso de superación da morte dun ser querido é algo que pode ser aprendido aínda que non sexa fácil, como se avisa desde o título. O pai, de feito, aprendeuno cando perdeu aos seus pais. Por iso cando se produce a morte da súa parella non sente nada. Na obra non aparecen reflectidos nin a súa reacción nin os seus sentimentos. Por iso é unha obra onde todo se entende, coma nun manual. Non hai lugar para a suxestión, non hai lugar para unha lectura aberta, non hai lugar para obter máis dunha interpretación, nin para as dúbidas. É, pois, máis científica que literaria, hai fases psicolóxicas e falta tensión narrativa, emoción, identificación e catarse. A morte considérase o desenlace natural da vida e tamén como o destino común que nos iguala ao resto dos seres vivos. 
En conclusión tanto polo contido como pola ilustración estamos ante un libro infantil serio, enfocado a consolar ao neno e axudarlle a integrar a terrible experiencia dunha forma doce e respectuosa, entendendo o necesario proceso de desesperarse, enfadarse e finalmente asumilo.

Recursos de interese.
Vídeo conto en español:

Grupo conflitos persoais. (Nuria Castiñeira Rodríguez, Sandra Dapena Hortas, Sheila Domínguez Da costa,  Carmen Eiras Conde, Sara Fernández Luna e Silvia Fraguas Juncal ).

Kiwi


Reizac Grégoire y Steg (2008), “Kiwi”, ilust.Grégoire Reizac, Barcelona:Takatuka SL [13pp.] (ISBN 978-84-936766-4-3).

Breve descripción del formato y contenido  la obra
álbum ilustrado de forma cuadrada, tapa dura y tamaño pequeño. En la portada aparece el personaje principal, Kiwi, un pequeño pájaro que nos mostrará lo importante que es no rendirse, y los frutos que da el afán de superación.
En el cuento predominan mucho los dibujos sobre la letra, ya que apenas encontraremos una oración encima de un gran dibujo que ocupa dos carillas. Vemos la presencia de muchos colores ya que el escenario en el que transcurre la obra es la naturaleza, lo que resulta atractivo a la hora de leerlo.
Kiwi es un pequeño pájaro muy feliz y bien cuidado por su familia, pero el día que quiere salir volando del nido se da cuenta de que no puede ya que no tiene alas. Esta situación le causa infelicidad, pero decide no rendirse. En su intento por volar descubre muchas actividades que se le dan bien, como nadar o trepar, pero a pesar de estas capacidades no era feliz ya que quería volar. Un día se le ocurrió crear un objeto que le ayudaría a volar, y así fue.

Potencialidades educativas
En esta obra tenemos presente la idea de la autoestima, donde un pequeño pájaro no es capaz de volar, lo que le hace sentirse triste. Vemos que a pesar de la tristeza que le invadía, no se rinde, y coge fuerzas para intentarlo. En su búsqueda de un remedio para conseguir volar, Kiwi descubre que hay otras actividades que se le dan muy bien, así podemos transmitir la idea de que aunque algo se nos de mal, siempre encontraremos otra cosa que se nos de bien.
A Kiwi le sube la autoestima encontrar facetas que se le den bien, pero sigue sin rendirse y finalmente consigue volar utilizando un aparato creado por el. La idea principal que transmite es la importancia de no rendirse, de subirse la autoestima y así coger fuerzas para seguir intentando lo que queremos. Con esfuerzo todo se consigue.


Autoría. (Paula López Núñez, Inés Montes Carbajales, Raquel Otero Táboas, Nerea Pérez Lago, Ariana Pérez Rodríguez)
Etiquetas. autoestima, Kiwi, Grégoire y Steg Reizac, Grégoire Reizac,Takatuka.

En algún lugar de China



Folgueira
, Ana, En algún lugar de China, ilustr. Emilio Amade, Andalucía: Syllabus Ediciones, 2010, [36 pp.],(ISBN: 978-84-938213-0-2).

Breve descrición do formato e contido. En algún lugar de China é unha obra de perfil poético que trata a adopción. Nela nárrase como un paxaro, nas noites nas que non hai lúa, ata un lazo vermello ás crianzas que non teñen familia e sae voando para ir na procura dunha familia. A obra contén unhas imaxes que complementan á perfección o texto que xoga co tamaño das grafías, combinando diferentes gamas de cores e utilizando a simplicidade. Ademais mestura diferentes puntos de vista para mellorar así a comprensión do texto.

Potencialidades educativas. É esta unha proposta creativa de interese para traballar a adopción a través dunha historia real. Así mesmo posibilita abordar a empatía, o respecto e a convivencia.

Recursos de interese.

Vídeo-conto

Etiquetas. Familia, adopción, álbum ilustrado, poesía.

Autoría. Estibel (Estefanía López Tanoira, Tiffany Pintos Nieto e Belén Sanmartín Malheiro).

La pequeña hija del Ganges


Miró, A., La pequeña hija de Ganges, ilustr. Patricia Geis, Barcelona: Alba Editorial, [44 pp.], 2014, (ISBN: 978-84-8428-969-2).

Breve descrición do formato e contido. La pequeña hija de Ganges é unha obra de perfil autobiográfico que narra a historia de Asha, unha nena de sete anos da India que vive nun orfanato por falta de recursos económicos na súa familia. Asha era unha nena feliz, aínda que cría que lle faltaba algo para selo completamente: unha familia. Non parou ata que conseguiu que unha parella de Barcelona a adoptara e, cando chegou á cidade, atopou a plena felicidade xunto á súa nova familia. Atopámonos cun álbum ilustrado que combina o texto cunha selección de imaxes cargadas de cor que complementan o mesmo, dándolle á historia una mellor interpretación.

Potencialidades educativas. Con esta obra podemos traballar de maneira sinxela o tema da adopción, o máis desexado pola protagonista deste álbum. Ademais, abordaremos o compañeirismo e as dificultades que poden aparecer coa convivencia, dificultades que poderán semellarse ás presentes na aula.

Etiquetas. Familia, adopción, álbum ilustrado.

Autoría. Estibel (Estefanía López Tanoira, Tiffany Pintos Nieto e Belén Sanmartín Malheiro).

La mejor familia del mundo


López, Susana, La mejor familia del mundo, ilustr. Ulises Wensell, Madrid: SM, 2008, [32 pp.], (ISBN: 978-84-675-2688-2).

Breve descrición do formato e contido. La mejor familia del mundo comeza cunha nena dun orfanato que por fin é adoptada. A nena pasa a noite soñando como sería a mellor familia do mundo e, aínda que os seus integrantes non son como ela agardaba, decátase de que ten a mellor familia do mundo. Este álbum ilustrado de 34cm x 24cm amosa unhas imaxes que xogan coas sombras e difuminados e que complementan o texto, seguindo unha liña sinxela en trazos e cores, que permite comprender mellor esta historia de desexos e adopción.

Potencialidades educativas. Esta historia é axeitada para traballar a adopción, xa que amosa que unha crianza non precisa ter unha familia extraordinaria. É suficiente ter unha familia completamente normal que satisfaga as necesidades dos cativos e cativas para ser feliz.

Recursos de interese.

Etiquetas. Familia, adopción, álbum ilustrado.

Autoría. Estibel (Estefanía López Tanoira, Tiffany Pintos Nieto e Belén Sanmartín Malheiro).

Eleneja

Amavisca, L., Eleneja, ilustr. Mónica Carretero, Barcelona: Flamboyant, 2017, [40 pp.] (ISBN: 978-84-946035-8-7).

Breve descrición do formato e contido. Eleneja é un álbum de tapa dura, de 23x25cm, que trata dun animal que non sabe quen é, pois é filla dunha xirafa e non atopa similitudes coa nai. Atópase nunha familia completamente distinta e emprende o camiño para poder coñecer a súa orixe. As imaxes sobresaen pola súa capacidade para espertar os sentidos, xa que posúen unha ampla e poderosa gama de cores. Ademais de complementar esta historia asentada na procura da identidade, convidan á lectura e a fixarse nos detalles pola súa forza sedutora lograda polas formas e a cor dos protagonistas, así como polas cálidas recreacións das escenas.

Potencialidades educativas. A principal potencialidade desta obra é traballar os tipos de familia e a adopción, xa que este animal se atopa nunha familia que, aínda que lle ofrece todo o seu agarimo, non é coma ela. Ademais podemos aproveitar o álbum para tratar a diversidade na súa plenitude, visualizándoa como un beneficio e non como un impedimento.

Recursos de interese.

Etiquetas. Familia, adopción, álbum ilustrado.

Autoría. Estibel (Estefanía López Tanoira, Tiffany Pintos Nieto e Belén Sanmartín Malheiro).

Un pesadelo no meu armario

Mayer, Mercer, Un pesadelo no meu armario, trad. Xosé Manuel González, Pontevedra: Editorial Kalandraka, col. ‘’Tras os montes’’, 2004, 36 pp. (ISBN: 978-84-8464-101-8).

Breve descrición do formato e contido. O presente álbum ilustrado, relátanos en primeira persoa, como un neno consegue facer fronte aos medos que tanto lle agardan cada noite no seu cuarto.
Quen non tivo medo algunha noite? Ás veces, os pesadelos agóchanse nos armarios e asústannos dende alí. Pois disto vai esta historia, trata sobre o medo que sofren os nenos e nenas ao caer a noite, con todos eses monstros, pesadelos, preocupacións que neste caso padece o noso pequeno protagonista. Este neno, tódalas noites antes de deitarse, cheíño de medo pechaba a porta do seu armario, xa que sabía que alí residíao seu pesadelo. Noite tras noite metido na cama, o medo apoderábase del e case nin se atrevía a botar unha ollada cara aquela porta. Un bo día, armouse de valor e decidiu facer fronte ao seu pesadelo e liberarse del para sempre. Cando chegou a hora, prendeu a luz do cuarto e atopouno aos pés da cama, sacou a súa escopeta de xoguete e berroulle que liscara de alí, que o deixara en paz. De súpeto, o pesadelo , do tremendo susto que levou, botouse a chorar e, choraba tanto, que o neno avisouno de que calase, que ía espertar os seus pais, pero coma este non paraba de chorar, colleuno pola man e meteuno na súa cama. E alí quedaron os dous durmidiños, o pesadelo e o rapaz, que logo se deu conta que non era para tanto e que agora, o pesadelo, xa non daba medo.
Esta historia plasmada en formato rectangular, con portada e contraportada ríxidas de tacto suave, mostra unha estrutura lineal presentada a través dunha linguaxe sinxela, realista e con un ton de humor. A voz narrativa móstrase en primeira persoa do singular a través do noso protagonista. Preséntase un texto mínimo con frases curtas e simples, moi sinxelo, xa que todo o peso narrativo atópase nas ilustracións, moi realistas figurativas e complementarias cargadas cun toque de humor. As ilustracións resultan moi significativas xa que represéntanse cunhas cores, ao inicio, de tonalidades frías, simbolizando o medo que se apodera do neno e de todo o seu cuarto, e a medida que se desenvolve a historia, aparecen os tons máis cálidos como o laranxa, que expresan a tranquilidade do medo vencido e polo tanto o cuarto, territorio do neno. Outra información relevante que nos aportan as ilustración son as expresión faciais tanto do monstro coma do neno, as miradas, os xestos. As ilustracións tamén resaltan por conter trazos característicos do famoso pintor Van Gogh que resultan totalmente acordes coa narración. En resumo, as cores, a disposición das esceas, a sencillez do texto, e a xestualidade dos protagonistas son indicadores que nos atopamos ante un álbum ilustrado de calidade.

Potencialidades educativas. Este álbum ofrécenos una lectura dos medos infantís que hoxe en día presentan os máis cativos. Mediante a súa lectura propíciase una relaxación cara este tema que pode axudar a superar o medo. Ensínase a que hai que ser valente para superar os medos, xa que deben enfrontarse a eles e evitar  o medo a non querer coñecer. Tamén reflexa valores como o respeto e o sentirse querido e acompañado.

Recursos de interese.
Blog con actividades: 

Grupo conflitos persoais (Nuria Castiñeira Rodríguez, Sandra Dapena Hortas, Sheila Domínguez da Costa, Carmen Eiras Conde, Sara Fernández Luna e Silvia Fraguas Juncal).