Ramon, Elisa, Non é facil pequeno esquio, ilustr. Rosa Osuna, traduc. Marisa Núñez, Portugal, Editorial Kalandraka, col. Demademora, 2003, 40pp. (ISBN: 978-84-8464-183-4).
Esta historia de estrutura lineal cun plantexamento, nó e desenlace, preséntase a través dun texto sinxelo con frases curtas, e tamén un texto acumulativo e repetitivo. A letra é impresa, en minúscula nun tamaño medio. Nel existe unha voz narrativa en terceira persoa de carácter contextualizador e con frases textuais que din os personaxes por boca dun narrador heterodiexético que nos introduce na historia, narra o conflito e o pecha. Trátase dun álbum ilustrado editado nun formato cadrado con tapas duras e de tamaño mediano. Na portada aparece o protagonista, nome da autora, e o titulo co cal xa nos podemos ir facendo unha idea da temática do conto. Non todas as páxinas conteñen texto, senón que vai intercalándose con ilustracións complementarias.
As ilustracións son complementarias e enriquecen a historia, ademais acompañan o texto sendo acordes a narración. Son coloristas e mesturan estampados, grabados e texturas, aportando un gran enriquecemento a historia.
Potencialidades educativas. Este conto crea unha bela metáfora acerca da presenza espiritual dun familiar desaparecido e que nos acompaña a través de obxectos case imperceptibles. Unha gran obra que pode ser moi útil para traballar o tema da morte na aula, e que pode, como ao final da obra se mostra, demostrar o que a literatura pode facer para reconfortar o noso estado de ánimo. Ademais, ofrécenos un amplo abano de valores que se deben traballar na aula, como son a soidade, a incomprensión, a recuperación do equilibrio emocional, o pranto desconsolado, o enfado e a ira, os cales podemos paliar a través do amor e das lembranzas.
A través do conto, dá a impresión de que o proceso de superación da morte dun ser querido é algo que pode ser aprendido aínda que non sexa fácil, como se avisa desde o título. O pai, de feito, aprendeuno cando perdeu aos seus pais. Por iso cando se produce a morte da súa parella non sente nada. Na obra non aparecen reflectidos nin a súa reacción nin os seus sentimentos. Por iso é unha obra onde todo se entende, coma nun manual. Non hai lugar para a suxestión, non hai lugar para unha lectura aberta, non hai lugar para obter máis dunha interpretación, nin para as dúbidas. É, pois, máis científica que literaria, hai fases psicolóxicas e falta tensión narrativa, emoción, identificación e catarse. A morte considérase o desenlace natural da vida e tamén como o destino común que nos iguala ao resto dos seres vivos.
En conclusión tanto polo contido como pola ilustración estamos ante un libro infantil serio, enfocado a consolar ao neno e axudarlle a integrar a terrible experiencia dunha forma doce e respectuosa, entendendo o necesario proceso de desesperarse, enfadarse e finalmente asumilo.
Recursos de interese.
Vídeo conto en español:
Grupo conflitos persoais. (Nuria Castiñeira Rodríguez, Sandra Dapena Hortas, Sheila Domínguez Da costa, Carmen Eiras Conde, Sara Fernández Luna e Silvia Fraguas Juncal ).
No hay comentarios:
Publicar un comentario