Mostrando entradas con la etiqueta Luis Amavisca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Luis Amavisca. Mostrar todas las entradas

domingo, 29 de abril de 2018

Eleneja

Amavisca, L., Eleneja, ilustr. Mónica Carretero, Barcelona: Flamboyant, 2017, [40 pp.] (ISBN: 978-84-946035-8-7).

Breve descrición do formato e contido. Eleneja é un álbum de tapa dura, de 23x25cm, que trata dun animal que non sabe quen é, pois é filla dunha xirafa e non atopa similitudes coa nai. Atópase nunha familia completamente distinta e emprende o camiño para poder coñecer a súa orixe. As imaxes sobresaen pola súa capacidade para espertar os sentidos, xa que posúen unha ampla e poderosa gama de cores. Ademais de complementar esta historia asentada na procura da identidade, convidan á lectura e a fixarse nos detalles pola súa forza sedutora lograda polas formas e a cor dos protagonistas, así como polas cálidas recreacións das escenas.

Potencialidades educativas. A principal potencialidade desta obra é traballar os tipos de familia e a adopción, xa que este animal se atopa nunha familia que, aínda que lle ofrece todo o seu agarimo, non é coma ela. Ademais podemos aproveitar o álbum para tratar a diversidade na súa plenitude, visualizándoa como un beneficio e non como un impedimento.

Recursos de interese.

Etiquetas. Familia, adopción, álbum ilustrado.

Autoría. Estibel (Estefanía López Tanoira, Tiffany Pintos Nieto e Belén Sanmartín Malheiro).