Mostrando entradas con la etiqueta Nella Bosnia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Nella Bosnia. Mostrar todas las entradas

lunes, 30 de abril de 2018

Unha feliz catástrofe

Turin, Adela, Unha feliz catástrofe, ilust. Nella Bosnia, trad. G. Tolentino, Pontevedra: Kalandraka, 2014, [40 pp.], (ISBN:978-84-8464-888-8).

Breve descrición do formato e contido. Álbum ilustrado de tapa dura cunhas medidas de 21,5x27 cm. Na cuberta destaca a ilustración de catro ratos navegando sobre unha mesa coas patas para riba, como se dunha barca se tratase. Nesta imaxe xa se poden detectar cuestións de xénero de interese -as mulleres son as líderes da situación-, e, no que respecta ás cores das vestimentas, estas non se corresponden cos estereotipos tradicionais, debido a que podemos ver o que semella un rato cun peto cor rosa. A contracuberta, na que continúa a imaxe presentada previamente, si atende aos estereotipos de xénero, entre os que destaca a muller coidadora. Ademais as cores cálidas visten as personaxes femininas, namentres que as frías fan o propio cos masculinos. Nesta contracuberta tamén se presenta a sinopse da historia. O máis interesante desta proposta é que a ilustración lle avanza ao lectorado o acontecemento que mudará o desenvolvemento da historia. Do mesmo xeito as gardas, de fondo marrón degradado, retratan oito ratos en fila vestidos con roupa de cores; semella que están a facer unha presentación oficial dos que serán os protagonistas. As páxinas interiores artéllanse con ilustracións grandes, a dobre páxina, detalladas e moi descritivas, de cores vivas e rechamantes, sobre todo nas da roupa dos personaxes ou de elementos secundarios. É interesante destacar que nunha primeira ollada os personaxes son asexuados (polo menos, fisicamente); o único que establece o sexo é a vestimenta e as actividades que desenvolven ou posturas nas que aparecen, que responden aos estereotipos de xénero. Na historia nárrase o día a día dunha familia na que a organización é puramente patriarcal: a muller coida dos nenos (espazo privado) e o home traballa fóra da casa (espazo público). Un día sucede unha catástrofe que vai facer que este estilo de vida mude por completo. O texto, escrito cunha tipografía limpa e sinxela de ler, caracterízase por ser sumamente descritivo, grazas ao cal nos decatamos perfectamente dos estereotipos propios dun sistema patriarcal e como estes se reproducen na nosa vida cotiá. No que respecta ao narrador, que é heterodiexético, este non forma parte dos feitos e, polo tanto, relátaos en terceira persoa gramatical.

Potencialidades educativas. Este conto reflexiona sobre a desigualdade no reparto das tarefas domésticas e a revisión dos estereotipos de xénero, polo que se pode usar como ferramenta para concienciar o alumnado da importancia da igualdade, o respecto e a colaboración. Ademais permite traballar a resolución de conflitos de xeito creativo e a adaptación dos comportamentos ás novas situacións.

Recursos de interese.
Proposta de tarefa:

Vídeo sobre o conto (castelán):

Etiquetas. Xénero, tarefas do fogar, roles, estereotipos, patriarcado, animais, igualdade.


Autoría. Rosalía (Mar Barros Couto, Sara Garrido Fernández, Sara González Guede e Haizea Lemos Alonso).

martes, 24 de abril de 2018

Rosa Caramelo

Turín, Adela.  Rosa Caramelo, ilust. Nella Bosnia, trad:  G. Tolentino, Editorial Kalandraka, 2012, Idioma Galego, [40 pp], ( ISBN 978-84-8464-799-7)

Breve descrición do formato e do contido da obra. Este álbum literario versa sobre a coeducación e a igualdade sendo un chamamento a liberdade do individuo. Nel recollese a historia de Margarita e outras elefantas que viven illadas nun xardín cheo de anémonas e peonias, as cales, sabían mal.  A pesar do seu desagradable sabor, tiñan a obriga de comelas para ter unha pel de cor rosa caramelo. Unha característica física que se vía reforzada cuns zapatos e lazos do mesmo ton. As elefantas obedecían aos seus proxenitores cumprindo as  expectativas destes. Pero a nosa protagonista por moitas anémonas e peonias que comerá non daba adquirido a cor, sufrindo constantemente os reproches dos seus pais. Esta situación provoca en Margarida unha forte tristura, que remata cando os seus pais desisten da idea de que  sexa coma as demais.
Este conto de estrutura tradicional preséntase a través dun texto sinxelo e fácil de comprender, no que unha voz narrativa en terceira persoa  de carácter contextualizador se  entrecruza coas intervencións do pai da nosa protagonista. A obra está editada nun formato rectangular de tamaño mediano podendo ser fácilmente manipulable. 
Na cuberta da obra atopamos unha grande ilustración sobre un fondo branco e como elemento principal un elefante de cor rosa que destaca sobre os demais elegantes grises. Na súa parte central superior amosásenos o titulo da obra de carácter simbólico, xa que non reflexa o contido da historia, ademais dos nomes da autora e a ilustradora.
As ilustracións rexistradas no interior da obra teñen unha gran carga visual, con debuxos grandes representados dende distintos planos. As imaxes de coidadas cores chamativas buscan captar a atención do alumnado, (sendo as máis predominantes o rosa e o gris) ofrecendo detalles e aspectos que enriquecen a historia, polo tanto, o texto e as ilustración chegan a converxen nun so.

Potencialidades educativas. Rosa Caramelo é unha crítica a sociedade que predestina o futuro dos individuos e os clasifica en función do xénero. A través da historia pódese traballar a igualdades, autoestima, loita contra os estereotipos sexistas é a discriminación.  Na obra apreciase a incomprensión por parte do pai (reflexo da sociedade), o cal obriga a Margarida a  comer moitas peonias e anémonas para que acade a cor, é poda ser fermosa. Tanto ela como o resto de elefantas deben estar nun xardín valado aloxadas do resto e vestir cores rosas para propiciar a muda de cor. 
Esta historia é un chamamento a liberdade, coa cal contribúese ao cambio de mentalidades e a construción dun mundo mellor. Pódese observar o cambio de emoción de Margarida durante a lectura: o paso da tristeza debido ao opresión do seu pai, a alegría cando xa por fin é libre e pode ser ela mesma. Isto facilita ao lector a poñerse na súa pel e xere empatía provocando que se muden pensamentos e comportamentos sexistas. Con esta obra o docente estará contribuíndo a formar ao alumnado en igualdade.

Recursos de interese.
Guía de lectura:

Vídeo contacontos

Grupo conflitos persoais. (Nuria Castiñeira Rodriguez, Sandra Dapena Hortas, Sheila Domínguez Da costa,  Carmen Eiras Conde, Sara Fernández Luna e Silvia Fraguas Juncal )

martes, 17 de abril de 2018

Rosa Caramelo



Turín, Adela (2012) Rosa Caramelo. Ilust. Nella Bosnia, Pontevedra: Kalandraka.[ 40 pp.] (978-84-8464-799-7).
Breve descripción del formato y contenido de la obra. Álbum ilustrado con formato rectangular ( 21’5 x 27). Formato de tapa dura, donde en la portada aparecen dos tipos de elefantes, los grises que son machos y los rosas son hembras, tratando como tema principal la desigualdad de género. Contiene 40 páginas con buena calidad de papel. Es un cuento muy visual, con dibujos grandes y bonitos, simulan estar pintados en acuarelas, los tonos son pastel, aunque los colores elegidos para los otros animales son más vivos. Son ilustraciones especialmente detallistas. Margarita, una elefanta, es la protagonista de esta historia. Ella debería volverse de color rosa caramelo como el resto de elefantas, comiendo anémonas y peonías, pero no le gusta ese color. Margarita prefiere ser gris, libre, corretear por la sabana, comer hierba verde, divertirse en el barro y dormir la siesta bajo los árboles como todos los elefantes macho. Mediante esta historia puede observarse lo feliz que se puede ser haciendo lo que uno realmente quiere, y no lo que la sociedad impone.

Potencialidades educativas. Es un cuento con el que se pueden trabajar los valores de manera entretenida. Permite trabajar un tema controvertido y especialmente habitual, como es la igualdad en todos los ámbitos de la vida diaria. Esta autora italiana trata el significado de la identidad sexual y las diversas desventajas que pueden darse por este motivo, reivindicando los derechos de las mujeres a través de la literatura infantil. Puede ayudar en el aula a tratar temas como la elección de juguetes o de ropa de vestir. Tratando las burlas a otras niñas o niños por la elección de juguetes para divertirse. Explicando que no hay juguetes para niña, ni juguetes para niños, sino que hay juguetes para quién quiera divertirse.Margarita, la protagonista de este libro nos va a ayudar a trabajar estos temas, así como la propia autoestima.


Recursos.
Vídeocuento en YouTube: https://youtu.be/NO3pwZMcV10
Videocuento en YouTube: https://youtu.be/O-ORfUQNZ7g


Autoría. (Paula López Núñez, Inés Montes Carbajales, Raquel Otero Táboas, Nerea Pérez Lago, Ariana Pérez Rodríguez)
Etiquetas. Rosa Caramelo, Adela Turín, Nella Bosnia, Kalandraka, autoestima

lunes, 16 de abril de 2018

Rosa Caramelo


Turin, Adela, Rosa Caramelo, ilust. Nella Bosnia, trad. G. Tolentino, Pontevedra: Kalandraka, 2012, [34 pp] (ISBN: 978-84-8464-798-0)


Breve descrición do formato e contido: Rosa caramelo é un álbum ilustrado de tapa dura traducido do título orixinal en italiano “Rosaconfetto”, por G. Tolentino. Pertence á colección “Dalla parte delle bambine” que comezou a publicar Adela Turin en Italia hai máis de trinta anos e que Esther Tusquets editou en España como “A favor de las niñas”, converténdose nunha referencia para a coeducación e a igualdade. 

As ilustracións das tapas externas, o contraste entre a cor gris e a rosada e o propio título evidencian os puntos centrais arredor dos cales vai xirar esta obra. No interior, os debuxos conviven en todas as páxinas xunto co texto, que se sitúa nas áreas máis diáfanas para facilitar a súa lectura. O texto está escrito en forma de fábula e mostra, o igual que sucede en Arturo y Clementina, Una feliz catástrofe, e La historia de los bonobos con gafas, a importancia da igualdade, poñendo en valor o rol feminino e erradicando os estereotipos sexistas e a discriminación. 

Adela Turín remite nesta obra a unha manda de elefantes para falar dos criterios cos que se marca as nenas, dos comportamentos que se espera delas e as diferenzas que existen neste sentido respecto aos nenos. Utilizando imaxes estereotipadas, a autora denuncia un comportamento sexista na educación dos máis pequenos, que repercutirá negativamente nas nenas. No país dos elefantes existía unha clara desigualdade, as elefantas vivían illadas no seu pequeno xardín de anémonas e peonias, alimento que lle axudaba a conseguir o seu aspecto físico caracterizado por unha pel lisa e rosada e uns ollos brillantes, mentres que os elefantes xogaban na gran sabana e comían herba verde. Co paso do tempo todas as elefantas cumpren as expectativas dos seus pais e das súas nais excepto Margarita, que sofre os reproches dos seus proxenitores ata que desisten de querer que sexa como as demais. Neste momento ela toma a decisión de saír do valado e xogar a ser unha elefanta libre, mostrándolle ao resto que existe unha forma de vivir sen discriminacións nin barreiras, e rompendo cos roles sexistas marcados dende antes de nacer.

Potencialidades educativas: A través desta obra podemos traballar a igualdade de xénero, erradicando os estereotipos sexistas e a discriminación. Ademais, permítenos desenvolver un pensamento crítico acerca dos roles que ocupamos cada persoa na sociedade, e poñer en valor o rol feminino.

Recursos de interese:


Obra de teatro das familias do alumnado de 5 anos do CEIP Cristo de las Misericordias: 


Adaptación teatral realizada polo alumnado de 5 anos do CEIP Maximiliano Gil Melián 


Autoras: SQRUPS (Ángela López Ferradás, Miriam Rodríguez Martínez, Valeria Vázquez Martiñán, Laura Veiga Darriba).

sábado, 14 de abril de 2018

A historia dos bonobos con lentes

Turín, Adela, A historia dos bonobos con lentes, ilust. Nella Bosnia, trad. G. Tolentino, Pontevedra: Kalandraka, 2013, [37 pp.], (ISBN: 978-84-8464-832-1).

Breve descrición do formato e do contido. Álbum literario incluído dentro da colección “Dalla parte delle bambine”, ideada por Adela Turín e Nella Bosnia entre 1975 e 1980, con máis de vinte títulos publicados, co obxectivo de denunciar a situación da muller e reivindicar unha revisión dos roles de xénero. O libro traduciuse a diferentes linguas, entre elas o galego, castelán, inglés, francés e sueco. Encadernado en cartoné, cun formato de 21,5 x 27cm, presenta unha cuberta na que aparecen catro bonobos machos ataviados cos lentes e as maletas que provocarán o conflito na historia. Ao igual que o resto da publicación, as ilustracións amosan formas suaves, cores cálidas e trazos sinxelos, dos que resultan ambientes e personaxes agradables cos que é doado empatizar. Na cuberta figuran ademais cunha tipoloxía destacada o título da obra, os nomes das autoras e o logo da editora. Na contracuberta recóllese unha breve información sobre Adela Turín e a colección á que pertence este libro “Dalla parte delle bambine”, xunto á imaxe de dous bonobos, un deles con lentes. Para as gardas, as autoras recorreron ás figuras xeométricas en cores tostadas que remiten aos estampados e imaxes tribais, situando o lectorado no contexto espacial no que se desenvolverá a historia.

Xa na portada, preséntase unha ilustración dun teatriño, presidido polo símbolo do feminino, que contén o título da obra. Para o teatriño olla un público composto por seis bonobos sentados nun banco. Esta imaxe simboliza que o conto que se vai narrar é en realidade un espectáculo de monicreques, unha metáfora que ten continuidade na última páxina, na que se ven eses mesmos personaxes abandonando o lugar tras a finalización da función. É, neste sentido, un elemento clave na narración, só presente no aspecto visual, xa que o texto non fai alusión en ningún momento a esta representación de monicreques. Non é posible identificar se eses espectadores son machos ou femias polo que se presupón que, no momento real da historia, a situación de desigualdade entre xéneros que se narra cos fantoches foi superada, cando menos, en parte.

En canto ao interior, as ilustracións permiten unha lectura complementaria, con imaxes figurativas e simbólicas. Empréganse elementos estereotipados para potenciar a denuncia (panos na cabeza para elas e lentes para eles). Realizadas coa técnica da acuarela, predominan as cores cálidas, os trazos simples e as formas redondeadas. Trátase de ilustracións dinámicas, nas que os protagonistas aparecen realizando accións o que lle confire movemento á obra. No referido á caracterización das personaxes cómpre destacar, como xa se apuntou, que a ilustradora empregou trazos limpos e formas suavizadas que transmiten tenrura e dozura. Son ademais chimpancés humanizados polo que, en conxunto, facilita que se empatice con eles. Xunto aos bonobos, desfilan polas páxinas outros animais da selva, como formigas, escaravellos, lorilentos ou pangoliños, que ademais de acentuar a riqueza visual contextualizan e ambientan a historia. Atendendo aos planos, alternan diferentes tipos. Sucédense así os planos xerais, empregados por exemplo para mostrar o reparto desigual das tarefas en función do xénero; os planos medios, para achegar o foco a determinados aspectos; e os primeiros planos, como sucede coa escena das lentes rachadas, co que se acentúa o seu dramatismo. 
Este volume recolle unha historia pasada dos bonobos, unha comunidade que vivía na fraga e na que machos e femias tiñan status e roles moi desiguais. Eles viaxaban e progresaban, pero non aceptaban que elas tamén o fixesen. Elas debían ocuparse en exclusiva da comida e da crianza, ata que se cansaron do comportamento machista dos seus compañeiros e marcharon. A historia estrutúrase en dúas partes diferenciadas. Na primeira descríbese o papel de machos e femias e incídese na desigualdade e sometemento destas últimas. Na segunda, elas actúan e provocan un xiro dos acontecementos e nas súas vidas. O narrador heterodiexético conduce o lectorado por esta historia de corte estrutural clásico, que tamén se ve enriquecida polas intervencións dos bonobos. As únicas alteracións no texto prodúcense cando os bonobos machos falan en inglés, unha palabras que se repiten en varias ocasións a xeito de retrouso, e que se destacan cun corpo de letra maior.

Potencialidades educativas. Esta obra de Adela Turín e Nella Bosnia permite reflexionar co alumnado ao redor dos roles de xénero, o reparto das tarefas do fogar e a necesidade de reivindicar a igualdade de oportunidades para todas as persoas

Recursos de interese.
Vídeo:


Etiquetas. Xénero, estereotipos, roles, igualdade, tarefas do fogar.


Autoría. Rosalía (Mar Barros Couto, Sara Garrido Fernández, Sara González Guede, Haizea Lemos Alonso).

miércoles, 11 de abril de 2018

Rosa Caramelo

Turín, Adela, Rosa caramelo, ilust. Nella Bosnia, trad. G. Tolentino, Pontevedra: Kalandraka Editora, col. A favor de las niñas, 2012 [36 pp.], (ISBN: 978-84-8464-798-0).

Breve descrición do formato e do contido. Álbum ilustrado de tapa dura de 21,5x27 cm, no que na cuberta se pode apreciar un debuxo de tres elefantes grises e un rosa, todos eles sobre a herba. No ceo vense os nomes da autora e da ilustradora e o título do álbum, na mesma cor rosa que o elefante do debuxo. A contracuberta é branca e nela obsérvanse dúas partes: arriba hai seis frases que falan da colección á que pertence o libro, facendo referencia á necesidade de continuar traballando con coleccións referentes á coeducación e á igualdade; na parte inferior sobresae o colorido, xa que hai moitas flores rosas e laranxas debuxadas, cos seus talos e follas verdes e insectos con cores como o azul, o violeta, o amarela e o negro. O lombo e as gardas son lisas e de cor rosa, dando así pé á intriga e á imaxinación. Na portada interior volven aparecer os nomes de autora e ilustradora e o título da obra; no centro pódese ver un elefante gris claro que é de supor que é unha cría ao non ter os cairos que tiñan os da portada e ao ter unha cara máis doce.

Este álbum conta con corenta páxinas. As referentes á historia teñen o fondo branco, sobre o que se pode ver o texto escrito nunha tipografía tradicional, en cor negra e cun aspecto arredondado que proporciona dozura. Este texto distribúese no espazo que deixan libres os debuxos -grandes e coloridos-, mais non se ve sobrecargado visualmente porque as frases longas preséntanse en varias liñas dando lugar a unha boa lectura. Algunhas frases rematan con puntos suspensivos nunha páxina, estando o seu final na seguinte folla; deste xeito as ilustracións poden responder sempre ao texto que aparece. O narrador é heterodiexético, xa que é el quen conta toda a historia -presenta os protagonistas, introduce o conflito, conta como se resolve e pecha o relato- e a súa voz vese acompañada e reforzada por tres intervencións de dous dos personaxes.

Esta obra conta a historia dunha manada de elefantes, na que todas as femias deben ter a pel de cor rosa caramelo e os ollos grandes e brillantes, posto que desde que nacen viven nun valado, no que só comen anémonas e peonias, plantas que lles fan ser tan fermosas e rosadas coma os seus pais queren. Mais Margarita é unha pequena elefanta que non consegue ser de cor rosa caramelo, polo que acaba tendo a liberdade que merece.

Potencialidades educativas. A partir da lectura deste álbum, traballaranse os roles de xénero coa posibilidade de analizar algúns estereotipos sexistas e a diferenciación dos espazos ocupados por nenos e nenas no parque, na aula, no patio e nos xogos. Poderanse traballar os valores, dereito de igualdade entre homes e mulleres e a loita e persistencia cara ao que se quere. Ademais dá a posibilidade de falar sobre animais e cores.

Recursos de interese. 
Contacontos Talia Teatro: 

Obra de teatro das familias de 5 anos do CEIP Cristo de las Misericordias: 

Obra de teatro das nais do CEIP Rodrigo Caro:


Etiquetas. Xénero, roles xénero, animais, dereitos, espazos, estereotipos.


Autoría. Rosalía (Mar Barros Couto, Sara Garrido Fernández, Sara González Guede, Haizea Lemos Alonso).

Arturo y Clementina

Turín, Adela, Arturo y Clementina, ilust. Nella Bosnia, Trad. Humpty Dumpty. Barcelona: Editorial Lumen, 1988, [36 pp.], (ISBN: 84-3569-6).
Breve descrición do formato e do contido. Álbum literario incluído dentro da colección “Dalla parte delle bambine”, ideada por Adela Turín e Nella Bosnia entre 1975 e 1980, con máis de vinte títulos publicados, co obxectivo de denunciar a situación da muller e reivindicar unha revisión dos roles de xénero. O libro traduciuse a diferentes linguas, entre elas o galego, castelán, inglés, francés e sueco. En galego apareceu nunha coidada edición das mans de Kalandraka, baixo o título de Artur e Clementina.
Na cuberta, de cartoné, aparecen representadas con ilustracións clásicas as dúas tartarugas protagonistas, unha mirando cara a outra, sobre un campo de herba e baixo un ceo de corazóns. O trazo é sinxelo, con predominio de formas redondeadas que transmiten tenrura, con cores cálidas e suaves. Aparece tamén na cuberta o título da obra, cun corpo de letra grande, os nomes da autora e ilustradora, considerablemente máis pequenos, e a editorial. A contracuberta non presenta texto algún. Como imaxe aparece a herba e o ceo de corazóns. As gardas, tamén se presentan ateigadas de corazóns, o que suxire á persoa lectora que se trata dunha historia na que o amor terá unha presenza destacada. Xa no interior, a portada inclúe o título da obra, cun texto oculto en parte por uns motivos florais, tamén de corte clásico. A palabra que aparece máis tapada é precisamente o nome de Clementina, como unha sorte de anticipo da invisibilización e anulación que sufrirá a tartaruga. 
A composición das páxinas muda ao longo do libro, o que lle confire dinamismo ao álbum. Así, moitas ilustracións van a dobre páxina co texto inserido nela, outras ocupan toda unha páxina aglutinando texto no seu interior. Tamén as hai que responden máis ao concepto clásico de ilustración na parte superior e baixo ela, sobre fondo branco, está o texto. Cómpre destacar que as ilustracións interiores, ao igual que a da cuberta, teñen un trazo simple, con liña negra, figurativo, con especial predominio das formas redondeadas, nas que se empregan maioritariamente cores cálidas e suaves, propias da contorna natural na que se localiza a historia. Ademais das tartarugas, polas páxinas tamén desfilan animais como anátidos, avespas, ras, galiñas e plantas de diferentes hábitats. As autoras xogan con imaxes estereotipadas, que acentúan a denuncia. Mentres Clementina, presa dentro do fogar, aparece adornada con flores e colares, Arturo, o único dos dous que ten vida fóra, leva un reloxo. O libro finaliza cunha ilustración a dobre páxina dunha paisaxe natural captada desde o ceo que xera na persoa lectora a sensación de amplitude e liberdade, conectándoa coa emoción que se estima estea a experimentar Clementina.
Cómpre sinalar, que se trata dunha fábula que reivindica a revisión dos roles tradicionais e rexeita os estereotipos sexistas e a discriminación da muller. Nela Clementina, unha tartaruga aventureira e soñadora, ve truncados os seus desexos tras xuntarse con Arturo, quen, cada vez con maior frecuencia, menospreza as súas ideas e a humilla, ata que esta decide ser libre e marcha. O narrador, de carácter heterodiexético, presenta os protagonistas ao inicio, introduce o conflito e pecha a historia apelando ao lector. As súas intervencións non mostran variacións tipográficas respecto dos diálogos das tartarugas e as únicas alteracións no texto prodúcense cando Arturo lle berra a Clementina, que se reflicte co emprego das maiúsculas. A historia de estrutura clásica e personificación animal aséntase en esquemas lingüísticos, nos que hai profusión de adxectivación e paralelismos, e destaca o emprego de termos do campo semántico da natureza e dos obxectos da vida cotiá.

Potencialidades educativas. Esta obra recunca na revisión dos roles tradicionais de xénero e nos estereotipos e permite traballar ademais na aula o respecto cara ás demais persoas, as emocións, a asertividade e a autoestima.

Recursos asociados á obra.
Guía de lectura elaborada polo UCML (Centro de Estudios de Promoción de la Lectura y Literatura Infantil) e o Instituto de la Mujer de Castilla la Mancha:
Vídeo:

Etiquetas. Xénero, estereotipos, roles, igualdade.
Autoría. Rosalía (Mar Barros Couto, Sara Garrido Fernández, Sara González Guede, Haizea Lemos Alonso).


martes, 10 de abril de 2018

Rosa Caramelo

Turin, Adela., Rosa Caramelo (Xosé Ballesteros), ilust. Nella Bosnia, Colección Libros para soñar, Pontevedra: Editorial Kalandraka, 2012 [40 páxinas] (ISBN: 978-84-8464-798-0)

Breve descrición do formato e do contido: Rosa caramelo é un álbum ilustrado de cartoné de dimensións 21,5 x 27 cm. Do discurso visual cabe destacar a súa estrutura, propia dos álbums ilustrados: o texto soamente ocupa unha pequena parte da folla, deixando o resto do espazo ás ilustracións. As ilustracións de Nella Bosnia son grandes e cun marcado contraste entre o gris e o rosa, con moita luminosidade e cores vivas, intentando dar énfase ás diferenzas de xénero e captar a atención das e dos lectores.
Sobre o discurso textual, móstrase en letras minúsculas nun tamaño medio, sempre sobre un fondo branco e cun vocabulario sinxelo, facilitando a lectura e a comprensión dos máis pequenos.

Nesta historia, Adela recrea a historia de Margarita, unha pequena elefanta que vive nunha manada na que a cor da pel determina a forma de vida que deben levar: os elefantes grises comen herba, dormen baixo as árbores e rebózanse en todos lados; mentres cas elefantas rosas comen petunias, levan zapatos e lazos e viven dentro dun valado. A presión dos pais e do resto da manada non impedirá á elefanta que loite polos seus desexos, conseguíndoo ao final da historia.

Potencialidade educativas: A través desta obra podemos facer chegar ao nenos e nenas a idea de igualdade entre homes e mulleres -igualdade de oportunidades- e da existencia dos estereotipos que impón a sociedade coma a vestimenta, os gustos…  Ademais do valor da perseveranza ao non renderse a pesar dos inconvenientes que se presenten. Por último, tamén cabe destacar a importancia da educación emocional, é dicir, dos cambios que se producen no ánimo das persoas segundo as situacións que se produzan. Será de gran utilidade no día da Muller (8 de marzo)

Recursos de interese:
Dramatización do grupo de 4º de infantil do CEIP Maximiliano Gil (castelán): https://www.youtube.com/watch?v=LF3qZW_Q91A

Autoría. Festeiras (Icía Domínguez, Irene González e Laura Juanatey)