Mostrando entradas con la etiqueta Emilio Amade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Emilio Amade. Mostrar todas las entradas

domingo, 29 de abril de 2018

En algún lugar de China



Folgueira
, Ana, En algún lugar de China, ilustr. Emilio Amade, Andalucía: Syllabus Ediciones, 2010, [36 pp.],(ISBN: 978-84-938213-0-2).

Breve descrición do formato e contido. En algún lugar de China é unha obra de perfil poético que trata a adopción. Nela nárrase como un paxaro, nas noites nas que non hai lúa, ata un lazo vermello ás crianzas que non teñen familia e sae voando para ir na procura dunha familia. A obra contén unhas imaxes que complementan á perfección o texto que xoga co tamaño das grafías, combinando diferentes gamas de cores e utilizando a simplicidade. Ademais mestura diferentes puntos de vista para mellorar así a comprensión do texto.

Potencialidades educativas. É esta unha proposta creativa de interese para traballar a adopción a través dunha historia real. Así mesmo posibilita abordar a empatía, o respecto e a convivencia.

Recursos de interese.

Vídeo-conto

Etiquetas. Familia, adopción, álbum ilustrado, poesía.

Autoría. Estibel (Estefanía López Tanoira, Tiffany Pintos Nieto e Belén Sanmartín Malheiro).

martes, 24 de abril de 2018

En algún lugar de China


Folgueira, Ana, En algún lugar de China. Ilustr: Amade, Emilio. Madrid: Editorial Syllabus, col. “Silabario”, 2010, 36 pp. (ISBN: 978-84-938213-0-2)


Resultado de imagen de en algun lugar de china ana folgueira
Breve descrición do formato e contido do conto. Trátase dun álbum ilustrado infantil en castelá, recuperado da Biblioteca Pública de Pontevedra. Nel recóllese a historia que a súa autora contaba ás súas fillas adoptadas, e fala de que existe un lugar na China, o cal é un orfanato, onde viven moitos nenos e nenas correteando e xogando, pero estes están tristes porque non teñen familia. Entón, nas noites que non hai lúa, un paxaro póusase na cama de cada un deles, e toma un fío vermello da manta coa que están tapados, agárrao moi forte e sae voando con el para buscar unha familia para ese neno ou nena. Cando a atopa, failles 3 preguntas para asegurarse de que son unha boa familia, e se contestan ben danlle o extremo do fío para que vaian buscar á súa nova filla ou fillo. Cóntase como uns papás viven isto e adoptan a unha nena chinesa.  Ademais, este álbum promóvese para recadar fondos destinados á Asociación de Familias Adoptantes en China (AFAC), a cal xestiona programas nos orfanatos chineses para operar aos nenos e nenas con necesidades médicas especiais e así facilitar a súa adopción.

A historia, de estrutura lineal, presentase a través dun discurso textual sinxelo, xa que se utilizan frases curtas e fáciles de comprender. Trátase dun texto narrativo rimado, que se conta a modo de lenda, o cal lle aporta sonoridade. Nel aparece una voz en terceira persoa dun narrador homodiexético, xa que é a nai quen narra a historia; que nalgún momento puntual se entrecruza coas intervencións das personaxes.
A obra está editada nun formato rectangular (170 x 260 mm). O texto da portada ten letras maiúsculas de diferentes tamaños e cores, e o tipo de letra que se utiliza no interior de imprenta en maiúsculas, dunha mesma tipografía ao longo de todo o conto, aínda que vai alternando letras máis grandes e outras máis pequenas dentro das mesmas frases, superpoñéndose estas aos debuxos.
As ilustracións realizadas por Emilio Amade, o tío das fillas da autora, inspíranse nun mural que el mesmo realizou na habitación das nenas. As ilustracións interiores ocupan normalmente toda a folla, e xogan cos diferentes planos das personaxes. Estas ilustracións ofrecen detalles e aspectos que enriquecen a historia, aportándonos información extra nalgúns casos, que nos axudan a comprender e desenvolver a historia. A pesar de que están realizadas con trazos sinxelos, lle aportan movemento ao que se representa. O ilustrador xoga coas cores segundo transcorre o conto: cores máis frías ao comezo e máis cálidas despois, cando a nena é adoptada.

Potencialidades educativas. Este álbum ilustrado versa sobre o tema da adopción a través dunha historia real, e poderíamos levalo a aula para traballar cos nenos e coas nenas este tema, xa que é moi importante tratalo dende moi pequenos e pequenas, para así favoreces a empatía cara os demais e o respecto. Ademais, a través deste conto tamén poderíamos traballar transversalmente as emocións ao ver como se senten os nenos e nenas mentres están no orfanato, ou cando os adoptan…
Grazas a traballar este tema, tamén poderíamos tratar outros, como a familia e os tipos que existen, xa que na actualidade podémonos atopar diversos tipos de familia, o cal é importante traballar cos máis pequenos e pequenas, xa que estas teñen un papel fundamental no desenvolvemento dos nenos e nenas e son o seu primeiro axente socializador. Por iso é importante traballar isto nas aulas, para que coñezan que non só existe a chamada “familia tradicional”, senón que hai outros moitos modelos.

Grupo conflitos persoais (Nuria Castiñeira Rodríguez, Sandra Dapena Hortas, Sheila Domínguez da Costa, Carmen Eiras Conde, Sara Fernández Luna e Silvia Fraguas Juncal).