Mostrando entradas con la etiqueta Susana López. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Susana López. Mostrar todas las entradas

domingo, 29 de abril de 2018

La mejor familia del mundo


López, Susana, La mejor familia del mundo, ilustr. Ulises Wensell, Madrid: SM, 2008, [32 pp.], (ISBN: 978-84-675-2688-2).

Breve descrición do formato e contido. La mejor familia del mundo comeza cunha nena dun orfanato que por fin é adoptada. A nena pasa a noite soñando como sería a mellor familia do mundo e, aínda que os seus integrantes non son como ela agardaba, decátase de que ten a mellor familia do mundo. Este álbum ilustrado de 34cm x 24cm amosa unhas imaxes que xogan coas sombras e difuminados e que complementan o texto, seguindo unha liña sinxela en trazos e cores, que permite comprender mellor esta historia de desexos e adopción.

Potencialidades educativas. Esta historia é axeitada para traballar a adopción, xa que amosa que unha crianza non precisa ter unha familia extraordinaria. É suficiente ter unha familia completamente normal que satisfaga as necesidades dos cativos e cativas para ser feliz.

Recursos de interese.

Etiquetas. Familia, adopción, álbum ilustrado.

Autoría. Estibel (Estefanía López Tanoira, Tiffany Pintos Nieto e Belén Sanmartín Malheiro).