Mostrando entradas con la etiqueta Álbum literario. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Álbum literario. Mostrar todas las entradas

sábado, 7 de abril de 2018

Guapa


Jiménez Canizales, Harold (2016), Guapa. Ilust. Harold Jiménez Canizales, Zaragoza: Apila Ediciones [32 pp.], (ISBN: 978-84-94347-66-5).



Breve descripción del formato y contenido de la obra: Álbum literario de forma rectangular, con tapas duras y de tamaño 25 x 23 cm. En la portada podemos observar a una bruja mirándose al espejo, ella es la protagonista del cuento. Podemos observar también como la imagen que aparece en el espejo no se corresponde con la de la Bruja que se está mirando. El título aparece escrito en blanco sobre el fondo granate, por lo que llama bastante la atención.
Este libro nos cuenta la historia de Bruja que tiene una cita con Ogro. Cuando va de camino a la cita se encuentra con diferentes animales que le sacan un defecto y la incitan a cambiar para no ir así a la cita, por lo que ella haciéndoles caso, con su varita va cambiando todas las cosas de su aspecto que no le gustan a los demás. Finalmente cuando llega a la cita no es ella, y el Ogro no la reconoce y no quiere quedar con Bruja, ella cuando se mira al espejo tampoco se reconoce por lo que a través de la varita, vuelve a ser ella misma y tiene una cita perfecta con Ogro.
Las imágenes que aparecen en el libro son bastantes simples e ilustran muy bien lo que se dicen  el texto. Este cuento está escrito en minúsculas, con una letra sencilla y redondeada para facilitar su lectura. Además el tamaño de las palabras y del texto varía según la página para mantener la atención del lector. Es un libro recomendado para niños/as a partir de 4 años.


Potencialidades educativas: En este cuento se trata el valor de la autoestima, el ser uno mismo y guiarnos por lo que nosotros pensamos y no por lo que nos dicen los demás. Tener un criterio propio. Debemos aprender a aceptarnos.
Muestra que es imposible gustarle a todo el mundo... y que al final lo importante es verte bien tú.


Recursos de interés.
En este enlace podemos escuchar el audiocuento de Guapa:


Etiquetas: autoestima, bruja, Harold Jiménez Canizales, álbum literario.


Autoría: Paula López Núñez, Inés Montes Carbajales, Raquel Otero Táboas, Nerea Pérez Lago, Ariana Pérez Rodríguez.

Unha chea de familias





Neira Cruz Xosé A.; Unha chea de familias,Chao Rodrigo, Galicia: Editorial Galaxia,
2008 [44 páx], ISBN: 97-884-9865-1041



Breve descripción do formato e contido
"Unha chea de familias” fala sobre Mariña; unha nena que vive nunha familia non convencional, sen nai.
Isto lévalle a preguntarse acerca de cantas familias pode haber como a dela. Seu pai vaina acompañar
polo edificio no que viven, en busca de diferentes tipos de familias. Durante esta visita polo edificio,
Mariña descubrirá que efectivamente hai moitos tipos de familias diferentes, non convencionais.
Segue una estrutura lineal. Comeza pola intriga de Mariña sobre a diversidade de familias; e remata
descubrindo que certamente existe esa gran variedade e que o que realmente importa é o amor que
se procesan.
Aínda que as ilustracións non sexan indispensables para o relato da historia, ocupan totalmente
o contido do libro, e simplemente acompañan ó texto axudando no desenvolvemento da historia.


Potencialidades
A potencialidade da obra en educación infantil recae na posibilidade de transmitir aos pequenos/as
a diversidade que podemos atopar na sociedade, así como aceptala e ser respetuoso/a con todas estas
diferenzas que existen nas relacións sociais.


Recursos asociados que se manexaron
Webs e blogs que nos ofrecen a súa visión sobre esta obra:


Etiquetas: Diversidade, familias, álbum literario, temas tabú, Xosé Neira Cruz, Editorial Galaxia


Autoría:
As vangardas (Samantha Mulloni, Cristina Martínez Piñeiro, Raquel Órdoñez, Luis Lois Carro)

jueves, 5 de abril de 2018

A horta de Simón


Alejandro, Rocío. A horta de Simón, Trad. Manuela Rodríguez, Pontevedra: Kalandraka, 2014 [44 pp.] (ISBN 978-84-8464-348-7)

Breve descrición do formato e contido este álbum literaria presentada baixo un formato cadrado e unha encadernación de tapa dura, a historia de Simón, un coello que non era moi simpático. Este tiña unha horta na que sempre cultivaba zanahorias, pero un día os seus veciños (o rato, a galiña, o porquiño etc.) suxeríronlle novos cultivos e o final a horta converteuse na HORTA DE TODOS.
A historia é contada por un narrador en terceira persoa anque tamén aparecen frecuentemente diálogos entre os personaxes que van aparecendo ao longo da historia. Dende o primeiro momento só se mostra o personaxe de Simón pero a medida que van avanzando as paxinas van aparecendo novos personaxes e tamén se pode observar como vai surxindo un xogo de composición da horta de Simón mediante un collage moi agradable. Respecto as imaxes que se mostran son moi sinxelas a través das cales os nenos poden percibir unha sensación de tranquilidade a hora de realizar eles mesmos os debuxos. Por último, destacar que esta obra recibiu o X premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados do 2017.

Potencialidades educativas con esta historia pódese traballar a natureza, a través da época de cultivo coa chegada da primavera. Todo isto a través dun traballo colectivo e en harmonía que terminara cunha amizade.

Recursos de interese
Contacontos:

Autoras: PUMA (Uxía Lojo Pouso, Andrea Martinez Costas, Paula Moares Piñeiro, Alba Nieto da Costa, Montserrat Santibáñez Varela)

A guerra dos Números


Darién, Juan. A guerra dos Números, Trad. Marisa Núñez, Pontevedra: OQO editora: Colección O, 2009 [53 pp.] (ISBN 978-84-9871-154-7)

Breve descrición do formato e contido. Esta obra literaria preséntase baixo un formato cadrado (25 x 23 cm) con encadernación de tapa dura. Nela recóllese a historia do número UN, que pasaba os seus días sen compañía e amargado polo seu diminuto tamaño, de aí que teña unha grande envexa dos demais. Todo muda nesta historia protagonizada por elementos matemáticos, cando o REY MENOS lle ofreceu os planos para construír un instrumento de gran capacidade destrutiva: o signo MENOS.
Mediante esta recreación ficticia, estase a elaborar unha metáfora coa que se evidencia a equivocación na que están instaladas aquelas persoas desconfíante de todo aquilo que se presenta como diverxente. Pola contra, lánzase unha mensaxe da riqueza que implican a pluralidade e a variedade. A colaxe dixital é a técnica empregada para configurar as ilustracións deste texto de inspiración bélica, no que as imaxes e as fortes cores empregadas evocan, desde unha perspectiva infantil, diferentes escenas e figuras propias de episodios de confrontación. Por último, destacar que esta obra defensora da paz e da liberdade recibiu o premio de ilustración da Fundación Cultural “CJ Picture Book Awards” do 2008.

Potencialidades educativas. Esta historia ofrece un texto extraordinario para tratar os motivos e as consecuencias das guerras, ademais de acoller unha mensaxe de enaltecemento da diferenza e da paz por medio dunha proposta textual e icónica de carácter metafórico. Tamén se pode utilizar como un instrumento didáctico apropiado para introducirse nos códigos matemáticos, fundamentalmente, na operación da resta. Toda esta aprendizaxe conseguirase a través da mediación que supón a linguaxe narrativa na adquisición de conceptos abstractos.

Recursos de interese
Curtametraxe:

Autoras: PUMA (Uxía Lojo Pouso, Andrea Martinez Costas, Paula Moares Piñeiro, Alba Nieto da Costa, Montserrat Santibáñez Varela)

domingo, 25 de marzo de 2018

Titiritesa


Quintiá, Xerardo, Titiritesa, ilust. Maurizio A. C. Quarello, Pontevedra: OQO, col. “Colección O”, 2007, [48pp]. (ISBN: 9788496788961)

Breve descrición do formato e o contido. Titiritesa é unha princesa, pero non quere ser como son todas elas. Ao contrario que a súa nai, que pretende que aprenda modais de princesa, está farta de non poder ser como ela quere. Un día decide marchar da casa e coñece o burro Bufaldino. Este axúdalle a salvar a princesa Wendolina, que está secuestrada polo monstro Zamposiete Deumbocado e da cal se namora. A historia culmina cun final feliz, aínda que á raíña non lle gusta moito a elección da súa filla. É esta unha lectura subversiva, dado que rompe co papel tradicional outorgado ás princesas, pois Titiritesa acaba por converterse nunha auténtica heroína e non precisa da figura masculina para valerse.
Este álbum conta unha historia a través dun narrador externo en terceira persoa e unha escolla sintáctica e léxica sinxela, que sobresae pola súa musicalidade e destaca, en ocasións, certos termos pola súa relevancia. Non obstante, aparecen certas cuestións que precisan do mediador para seren entendidas pola nenez, quen tamén pode seguir a historia polos debuxos próximos á caricatura e de cores vistosas, e realizados con pintura. A cuberta, na súa maior parte vermella, amosa ás dúas protagonistas ennmarcadas nunha figura circular, mentres que na contracuberta aparecen o burro Bufaldino e o monstro Zamposiete Deumbocado.

Potencialidades educativas. Con esta obra pódense traballar os distintos tipos de relacións amorosas, modalidades de familia e a cooperación. A lectura deste conto rupturista tamén serve para abordar a homofobia.

Recursos de interese.
Obra dixitalizada en castelán:

Conto Titiritesa con sombras:

Blog que comenta e fala da obra:

As pegadas (Jorge Fernández, Nuria Fernández, Tamara Duarte, Alba Corredoira, Carolina Ramiro, María C. Conde)

sábado, 24 de marzo de 2018

Cosita linda

Browne, Anthony, Cosita linda, ilustr. Anthony Browne, España: S.L Fondo de Cultura Económica, 2014, [ 30 pp.], (ISBN: 978-968-16-8578-2)


Breve descrición do formato e do contido. O álbum ilustrado do que vos imos falar a continuación conta a historia dun gorila que vive nun zoo. Os seus coidadores ensináronlle a falar en linguaxe de signos para que sempre puidese ter todo o que quixese (sofás, xogos, televisión…) mais o gorila estaba moi triste. Un día, decidido, o gran gorila pediulles aos seus coidadores un amigo, porque se sentía moi so, pero non había ningún outro gorila nese mesmo zoo, polo que os traballadores decidiron que o seu amigo sería unha pequena gatiña chamada Linda. Dende ese mesmo instante fixéronse moi bos amigos, facían todo xuntos e eran moi felices, ata que de pronto, un día, mirando unha película, o gorila enfureceuse tanto que rompeu o televisor. Os coidadores do zoo preocupáronse e decidiron separar aos dous amigos, mais pasou algo que non esperaban. Linda e o gorila queríanse tanto que non podían imaxinar estar separados, polo que a gatiña, en linguaxe de signos, díxolles que fora ela quen o rompera, para poder, así, seguir estando co seu gran amigo.

Na imaxe exterior deste álbum ilustrado aparecen os dous protagonistas e xa se pode apreciar a tenrura que transmiten e os grandes detalles cos que están feitos os debuxos. As ilustracións interiores ocupan a maior parte das páxinas e seguen a mesma liña, transmiten moita tenrura, teñen moitos detalles e, malia non ter moito colorido, son moi chamativas. Algo a destacar é que as miradas dos protagonistas son moi realistas e expresivas.

O discurso textual segue a liña de introdución, nó e desenlace. Cómpre dicir que non hai moito texto en cada páxina e está escrito con letra grande, facilitando a súa lectura. Son oracións sinxelas, curtas e, polo tanto, doadas de ler e comprender.

Potencialidades educativas. En canto as potencialidades desta obra para o alumnado de Educación Infantil podemos dicir trata de forma directa o tema da amizade e de como se pode ser amigos sen ter en conta as diferenzas que existan entre eles. Mostra como os amigos fan calquera cousa por axudarse e permanecer xuntos. Ademais, aparece algo tan importante como é a linguaxe de signos. Ademais da amizade, pódense traballar temáticas como a diversidade, a linguaxe de signos, os animais e os sentimentos... xa que todas elas aparecen, en maior ou menor medida, ao longo do conto.

Recursos de interese.





Grupo: Cabaciñas (Laura Domínguez Álvarez, Tania García Pereira, Janira Gil Lago, Noelia Gontad Saavedra, Emma Juncal Paredes)