Mostrando entradas con la etiqueta Editorial Galaxia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Editorial Galaxia. Mostrar todas las entradas

sábado, 28 de abril de 2018

O San Xoán

O San Xoán, da colección “Pimpín por aquí non vin” Ilustrado por Jacobo Fernández, deseñado graficamente por Desoños, Vigo: Editorial Galaxia 2009 (primeira edición, ao coidado de Francisco Castro) [14 páxinas] (ISBN: 978-84-9865-153-9)

Breve descrición do formato e contido: No paratextual é un libro tapa dura de dimensións 16x16 cm. É un libro-acordeón, nunha das caras se representa nunha única imaxe sen texto unha escena do San Xoán onde vemos o que se fai esa noite: bañarse no mar, botar fogos artificiais, saltar pequenas fogueiras, ver unha gran fogueira, comer sardiñas e chourizo, tocar a gaita, bailar, e facer a auga con herbas coa que lavar a cara ao día seguinte, que segundo a tradición popular, ten propiedades máxicas. Na outra cara do acordeón se atopa a portada (nun extremo) e no resto están debuxados cada un dos elementos co texto correspondente ao seu nome (exemplo: “imaxe de dunhas sardiñas” + as sardiñas) sobre fondos de cores vivas diferente e diferentes (cada unha das dobreces de esta cara do acordeón ten unha cor diferente). A portada recolle un anaco da imaxe que nos atopamos no interior (a que ocupa toda unha cara). Nesta segunda cara se atopa tamén (no outro extremo) un cadrado onde se recollen en dous terzos do espazo preguntas sobre o libro (para que busquen o que alí preguntan) e no terzo de abaixo a información do libro en canto a ilustrados, editorial, deseño,...

Potencialidades educativas: Permítenos traballar todos os aspectos de esta festividade ou tradición tal e como se celebra en Galicia. Tanto as lendas ou crencias de esta noite, como a parte máis festiva de comer a bailar. E unha forma de achegarse as nosas raíces e de coñecer máis as tradicións da nosa cultura.

Autoría. Festeiras (Icía Domínguez González, Irene González Ibáñez e Laura Juanatey Martínez).

martes, 10 de abril de 2018

O noso Samaín

Birott Bermejo, Loretta, O noso Samaín, ilust. Nuria Valdeón Balsas, Vigo: Editorial Galaxia, 2016, [28 pp.], (ISBN: 978-84-9865-738-8).

Breve descrición do formato e contido. Trátase dun álbum ilustrado en cartoné de dimensións 29,5x22cm. En canto ao discurso visual, podemos observar imaxes redondeadas e, dentro do fantasioso da historia, realistas. Predominan as cores escuras, xa que case toda a narración se desenvolve de noite, dando así unha maior sensación de tenebrosidade (recordemos que estamos a falar do Samaín), pero tamén atopamos unha gran presenza do laranxa, unha cor cálida. Así, a gama cromática non é moi ampla. En canto ao discurso textual, podemos observar que as letras, en minúscula, presentan sempre o mesmo tamaño, pero cambian de cor segundo o fondo sobre o que se escriban. Isto permite unha mellor lectura, reforzada ademais polo tamaño medio e a forma redondeada que presentan as letras.
O libro presenta unha viaxe pola historia da noite de Samaín, retrocedendo tempo atrás e descubrindo cal é a súa orixe. Pero, antes de comezar dita historia, unha clase de nenos e nenas está no patio á espera de que a súa mestra lles conte as historias desta noite tan especial. Así, comézase narrando a súa orixe celta e como e porque os celtas celebraban esta festividade. Isto dá lugar á narración de lendas sobre fadas e trasnos e sobre espíritos. Tamén se fai referencia ás diferentes tradicións que se tiñan segundo a zona de Galicia e o nome que asignaban aos farois que facían. A historia remata cos nenos desa mesma clase apañando castañas.

Potencialidades educativas. Con este libro podemos achegar aos máis pequenos un fragmento da historia de Galicia dunha maneira amena, ademais de introducilos nas lendas populares e seres mitolóxicos. Tamén nos pode dar pé a tratar as diferentes culturas presentes na Península ao longo da historia e, ademais, a abordar algo tan importante e que moitas veces se ten como tema tabú como é a morte.

Autoría. Festeiras (Icía Domínguez, Irene González e Laura Juanatey)


Os maios

Fernández Serrano, Jacobo, Os Maios, ilust. Jacobo Fernández Serrano, col. “Pimpín por aquí non vin”, Vigo: Editorial Galaxia, 2006, [14 pp.], (ISBN: 978-84-9865-152-2).
Breve descrición do formato e contido. Trátase dun libro-acordeón en cartoné de dimensións 16x16cm, no que as súas páxinas se van abrindo ata que queda totalmente despregado horizontalmente. En canto ao discurso visual, pola parte dianteira podemos observar unha soa imaxe que se estende por todas e cada unha das páxinas, é dicir, cada páxina é continuación da anterior. A imaxe mostra como é o día da festa dos Maios con todo detalle. Pola parte traseira cada páxina mostra algo diferente; en cada unha aparecen dúas imaxes acompañadas do artigo e da palabra que a designa, estes cunha letra en minúscula non moi intelixible e branca sobre cores vivas, que tamén están presentes na parte dianteira. Trátase de obxectos e persoas que se relacionan con esta festa: a bruxa, a toupa, o maio, os fiúnchos etc.
Nesta pequena historia recréase o día da celebración desta festividade, como se se tratase dunha fotografía tomada nun momento dese mesmo día: a xente colabora montando os Maios, cantan e bailan, disfrázanse, regalan xestas, xogan a perseguirse… Todos se mostran ledos e parecen gozar do momento. Xa do lado oposto, e como se mencionou anteriormente, móstranse diferentes obxectos e persoas destacables deste día, sen contar unha historia.
Potencialidades educativas. A través desta obra, pódense achegar á aula valores como a colaboración e a cooperación, posto que, como podemos ver na sucesión de imaxes, ninguén está traballando só, sempre hai alguén que o axuda. Tamén se podería traballar a amizade, debido a que se observan nenos pequenos e máis maiores xogando xuntos.

Autoría. Festeiras (Icía Domínguez, Irene González e Laura Juanatey)

sábado, 7 de abril de 2018

Unha chea de familias





Neira Cruz Xosé A.; Unha chea de familias,Chao Rodrigo, Galicia: Editorial Galaxia,
2008 [44 páx], ISBN: 97-884-9865-1041



Breve descripción do formato e contido
"Unha chea de familias” fala sobre Mariña; unha nena que vive nunha familia non convencional, sen nai.
Isto lévalle a preguntarse acerca de cantas familias pode haber como a dela. Seu pai vaina acompañar
polo edificio no que viven, en busca de diferentes tipos de familias. Durante esta visita polo edificio,
Mariña descubrirá que efectivamente hai moitos tipos de familias diferentes, non convencionais.
Segue una estrutura lineal. Comeza pola intriga de Mariña sobre a diversidade de familias; e remata
descubrindo que certamente existe esa gran variedade e que o que realmente importa é o amor que
se procesan.
Aínda que as ilustracións non sexan indispensables para o relato da historia, ocupan totalmente
o contido do libro, e simplemente acompañan ó texto axudando no desenvolvemento da historia.


Potencialidades
A potencialidade da obra en educación infantil recae na posibilidade de transmitir aos pequenos/as
a diversidade que podemos atopar na sociedade, así como aceptala e ser respetuoso/a con todas estas
diferenzas que existen nas relacións sociais.


Recursos asociados que se manexaron
Webs e blogs que nos ofrecen a súa visión sobre esta obra:


Etiquetas: Diversidade, familias, álbum literario, temas tabú, Xosé Neira Cruz, Editorial Galaxia


Autoría:
As vangardas (Samantha Mulloni, Cristina Martínez Piñeiro, Raquel Órdoñez, Luis Lois Carro)