Mostrando entradas con la etiqueta diferenzas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta diferenzas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 2 de mayo de 2018

¿Somos amigos?


Fernández Rey, Anabel. ¿Somos amigos?, ilust. Anabel Fernández Rey. Libros para soñar, Pontevedra: Kalandraka, 2016.[40 pp.] (ISBN: 978-84-8464-997-7)


Breve descrición. É un álbum ilustrado dirixido a pre-lectores e primeiros lectores sobre a construción  da amizade entre un neno e un oso, dous personaxes moi diferentes, pero que poden ser complementarios si se axudan mutuamente. Na cuberta aparece a ilustración dos dous protagonistas,  o neno nun columpio e o oso ao seu carón presenta  tons cromáticos moi suaves. O texto é moi repetitivo e acompañase de ilustración, polo que a súa lectura é de carácter textual e visual. 
Mención ao VIII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. Anabel Fernández Rey, ilustradora e autora da obra, naceu na Arxentina estudou Produción e Realización Audiovisual. Dende hai máis de dez anos realiza animación dixital e deseño para proxectos artísticos, publicitarios, sociais e educativos. Colabora en programas onde a educación, a comunicación e a expresión artística involucran a nenos e as nenas.

Potencialidades educativas. Esta obra ofrécenos a posibilidade de tratar dende os tres anos de idade outros valores aparte da cooperación e a amizade, como pode ser a diferencia que existe e a diversidade e que aínda que non todos somos iguais podemos levarnos ben e entendernos.

Etiquetas. Cooperación, Amizade, Diversidade, Sentimentos, Emocións, Respecto.

Autoría. Xoubiñas (Nuria María Serodio Pérez, Sara Vázquez Montes ,Cristina Vidal García)

martes, 1 de mayo de 2018

Sígueme!

Sígueme!


Campanari, José, Sígueme, ilustr. Roger Olmos, Pontevedra: OQO Editora, 2014, [48 pp.],
(ISBN 978-84-9871-496-8).
                                     Resultado de imagen de sígueme oqo
Breve descrición do formato e contido. Na cuberta deste álbum ilustrado aparece un elefante de puntos morados sentado sobre unha cinta métrica de costura que fai de camiño. As cores da ilustración son moi vivas e, combinadas coa figura do elefante, espertan a curiosidade do lectorado quen desexa somerxerse nesta proposta creativa de tan suxestivo título. O seu encadernado en cartoné, cuxas dimensións son de 25 x 23 cm, acolle unha historia para un público infantil a partir de tres anos. As ilustracións, en liña coo ton surrealista da historia, aproveitan espazos imposibles, cheos de humor e tenrura. Este elefante gris con lunares morados tan peculiar, que vive nunha selva, namórase dunha formiga negra con cintura de avespa, que o invita a seguila. E, e por suposto, o elefante non o pensa dúas veces. Percorre un camiño rodeado de árbores, métese ata o fondo dunha cesta de costura... Despois de moito camiñar, o elefante e a formiga atópanse e gozan do seu amor, un amor sen prexuízos, capaz de superar calquera obstáculo, barreira e diferenza.

Potencialidades educativas. Neste conto trátanse aspectos de grande interese para levar ás aulas de infantil, tales como o amor, o respecto e os prexuízos, así como pode resultar unha ferramenta moi útil para traballar a discriminación, máis especificamente, a discriminación polo aspecto físico e a aparencia de cada un.



Recursos de interese.
Contacontos:

Etiquetas. Amor, discriminación, diferenzas, prexuízos, respecto.
Autoría: As escolmadoras (Carla Cabaleiro, Melany Alonso, Sofía Bértolo)

domingo, 22 de abril de 2018

Unha parella diferente




Kullot, D. (2007). Unha parella diferente. Vigo: Kalandraka. [32 pp.]. (ISBN:978-84-64-289-3).


 

Breve descripción do formato e do contido: Álbum ilustrado en cartoné de dimensións 23x29.8 cm, dirixido a nenos e nenas dende cinco anos. Este libro infantil presenta na súa cuberta, de tapa dura, os nosos protagonistas, a xirafa e o crocodilo, unha parexa de namorados moi diferentes entre eles. As cores das ilustracións son chamativas, destacando o amarelo e o azul. Na mesma, aparece o título do álbum en letras de gran tamaño en cor azul e o nome da autora. Na contracuberta móstrase un breve resumo do libro. As ilustracións interiores, dinámicas e divertidas, están repletas de figuras e cor, entre as que sobresaen os protagonistas da historia. A sucesión de ilustracións que percorren o longo do libro, van acompañadas dun texto claro, sinxelo, en cor negra, con simpáticos xiros lingüísticos e sobre un fondo en cores suaves, o que facilita a súa lectura. En canto ó contido, decir que o argumento do libro xira en torno a unha xirafa e a un crocodilo. Ambos namoraron en construíron unha casa e emprenderon unha vida en común. No seu fogar non había diferenzas entre eles. O problema veu cando visitaron os seus respectivos barrios. Alí, esta entrañable parella padecía as miradas, burlas e murmurios dos seus veciños. Sin importarlles as críticas, non dubidaron en axudar a unha familia que se atopaba en perigo, demostrando que a cooperación e a solidaridade están por riba de calquera diferenza.
Potencialidades da obra para Educación Infantil: Este álbum ilustrado ofrécenos a oportunidade de traballar conceptos como a aceptación das diferenzas, tolerancia, convivencia e a superación das dificultades. O libro Unha parella diferente, ofrece a oportunidade de educar en valores. Nós, como docentes debemos fomentar o respeto aos demáis e valorar as diferenzas como algo positivo.

Etiquetas: Diversidade, convivencia, amor, tolerancia, diferenzas, superación.

Autoría: Prímulas: Sonia Álvarez García, Mónica Planet Márquez.