Newman, Leslea, Heather has two momies, ilustr. Laura Cornell, USA: Candlewick Press, 2015, [32 pp.] (ISBN: 9780763666316).
Descrición de formato e contido. Na cuberta deste álbum de tapa dura aparece unha
nena agarrada das mans de dúas mulleres que, xunto co título Heather has two momies,
deixan entrever a temática desta historia. As gardas son páxinas en amarelo e dan unha
sensación positiva. As ilustracións ocupan as dúas páxinas e en cada unha delas aparece
unha pequena parte do texto. As súas cores son claras resaltando o amarelo sobre todas
as demais. Nesta historia está moi presente o número dous, xa que se intenta facer
parellas con todo, comezando co número de nais que ten a rapaza: Jane e Kate. Unha
delas é doutora e a outra carpinteira. Heather comeza as clases e ao resto de nenos e
nenas da clase parécelles raro que non teña pai, así que a profesora manda que cada
un/unha deles/as faga un debuxo da súa familia. Así comproban que todas as familias
son distintas e que, se non importa que teñan irmáns/irmás ou tíos/tías, por que ten que
importar que non teñan nai/pai?
Potencialidades educativas. Con este conto pódese traballar a diversidade que existe
respecto á composición das familias, de maneira que a nenez entenda que unha familia
con pai e nai non é a única posibilidade e que non ter pai ou nai, ou ter dúas nais ou
dous pais, non é raro. Tamén permite abordar a temática da homosexualidade, o
respecto… e, por estar escrita en inglés, sería unha excelente oportunidade para
aproximarse a esta lingua.
Recursos de interese.
Vídeo de lectura do libro:
https://www.youtube.com/watch?v=jHPELRbTINk
Etiquetas. Álbum, respecto, familias, homosexualidade.
Autoría. As escolmadoras (Melany Alonso, Sofía Bértolo, Carla Cabaleiro).
Mostrando entradas con la etiqueta Homosexualidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Homosexualidade. Mostrar todas las entradas
jueves, 3 de mayo de 2018
sábado, 21 de abril de 2018
GRITOS EN LA ARENA
Abad, Aturo, Gritos en
la arena, ilust. Mónica Gutiérrez,
España: Narval Editores, 2011, [32pp.] (ISBN: 9788493876838).
Breve
descrición do formato e o contido.
Este libro
recolle os desexos dunha nena fronte a súa nai. A protagonista é unha rapaza
musulmá pechada na súa cultura e privada de moitos dereitos como o
de expresión. A nai explícalle que o seu desexo non pode realizarse, xa que
ningunha muller pode gritar. Posteriormente, leva a súa filla á orilla do deserto (lugar
no que serán escoitados os seus gritos). As dúas protagonistas son o símbolo de
todas aquelas mulleres silenciadas e obrigadas a reprimir as súas aspiracións e
desexos.
Este álbum literario ten unha
estructura clásica (introdución, nó e desenlace). Ademais, as voces da nai e da
filla están presentes nunha conversa ao longo de todo o desenvolvemento da
historia.
Con respecto ao campo semántico,
podemos dicir que destacan aquelas palabras relacionadas coa natureza (dunas,
deserto, montaña etc).
Na cuberta aparece a protagonista de
pequeno tamaño coas mans na boca para que os seus gritos sexan escoitados. Con
respecto as gardas, diremos que presentan unhas cores vivas e cheas de cor con
debuxos sinxelos. É preciso resaltar a utilización dunhas ilustracións libres e
moi pictóricas e dun texto poético cheo de esperanza.
Os fondos brancos, fan destacar
aínda máis os sinxelos retratos das personaxes do conto. A delicadeza dos
trazos de Mónica Gutiérrez Serna mestúranse cós trazos de cores que rompen có
mundo gris e silencioso, logrando saír das páxinas e grabar a mensaxe de
rebelión nos nosos ollos.
Potencialidades
educativas. Pretende abrir as nosas
conciencias sobre a situación na que están vivindo miles e miles de mulleres no
mundo, abusadas, violadas, silenciadas, anuladas pola cultura que as domina.
Pretende recoller e amplificar a voz dunha infancia prohibida. Ademais, fala da
importancia de expresar a nosa dor.
Recursos
de interese. Ningún recurso atopado.
As
Pegadas (Jorge Fernández, Nuria Fernández, Tamara Duarte, Alba Corredoira,
Carolina Ramiro, María C. Conde).
sábado, 7 de abril de 2018
Rey y Rey
De Hann Linda; Rey y Rey, Nijland Stern, Barcelona: Editorial Serres, 2000, [32 pp.],
ISBN: 84-8488-147-4
Breve descrición de formato e contido:
Álbum ilustrado de encadernación en cartoné de forma cadrada no que se narra a historia
dun xoven príncipe aínda non casou, tal e como é costume no seu reino. A súa nai, a
raíña, insiste en que debe encontrar unha princesa para casar. Ante tanta insistencia, o
príncipe acepta, polo que a súa nai fai desfilar unha princesa tras outra polo castelo
pero, ningunha esperta o interese do príncipe ata que un día chega a princesa Madaleine
escoltada polo seu irmán, o príncipe Lee. Os dous se namoran e comezan os
preparativos da voda.
Potencialidades educativas:
Conto útil para tratar a diversidade sexual e é un apoio contra a homofobia. Transmisión
de valores coma o amor, o respecto, a tolerancia, a empatía, o entendemento doutras
manifestacións do amor. Supón unha ruptura ós tópicos asignados ó tipo de familia.
Recursos de interese:
Esta obra foi duramente criticada en moitos países, tales coma
Austria ou Estados Unidos. Nos seguintes enlaces relátanse estas críticas:
https://elpais.com/diario/2008/02/15/cultura/1203030005_850215.html
https://es.wikipedia.org/wiki/Rey_y_rey#Pol%C3%A9micas_en_Estados_Unidos
Ademais, en Youtube podemos atopar o conto narrado por unha persoa e escoitar a súa
opinión persoal sobre ela:
- https://www.youtube.com/watch?v=QObsfU_rG1g
Etiquetas: Álbum ilustrado, tema tabú, amor, diversidade, sexualidade,
Editorial Serres, Linda de Hann
Autoría: As vangardas (Samantha Mulloni, Cristina Martínez Piñeiro, Raquel Órdoñez,
Luis Lois Carro).
domingo, 25 de marzo de 2018
Titiritesa
Quintiá, Xerardo, Titiritesa, ilust. Maurizio A. C. Quarello, Pontevedra: OQO, col.
“Colección O”, 2007, [48pp]. (ISBN: 9788496788961)
Breve descrición do formato e o contido. Titiritesa é unha princesa, pero non
quere ser como son todas elas. Ao contrario que a súa nai, que pretende que
aprenda modais de princesa, está farta de non poder ser como ela quere. Un día
decide marchar da casa e coñece o burro Bufaldino. Este axúdalle a salvar a
princesa Wendolina, que está secuestrada polo monstro Zamposiete Deumbocado e
da cal se namora. A historia culmina cun final feliz, aínda que á raíña non lle
gusta moito a elección da súa filla. É esta unha lectura subversiva, dado que
rompe co papel tradicional outorgado ás princesas, pois Titiritesa acaba por
converterse nunha auténtica heroína e non precisa da figura masculina para
valerse.
Este álbum conta unha historia a
través dun narrador externo en terceira persoa e unha escolla sintáctica e
léxica sinxela, que sobresae pola súa musicalidade e destaca, en ocasións,
certos termos pola súa relevancia. Non obstante, aparecen certas cuestións que
precisan do mediador para seren entendidas pola nenez, quen tamén pode seguir a
historia polos debuxos próximos á caricatura e de cores vistosas, e realizados
con pintura. A cuberta, na súa maior parte vermella, amosa ás dúas
protagonistas ennmarcadas nunha figura circular, mentres que na contracuberta
aparecen o burro Bufaldino e o monstro Zamposiete Deumbocado.
Potencialidades
educativas. Con esta obra pódense traballar os
distintos tipos de relacións amorosas, modalidades de familia e a cooperación.
A lectura deste conto rupturista tamén serve para abordar a homofobia.
Recursos de interese.
Obra dixitalizada en castelán:
Conto Titiritesa con sombras:
Blog que comenta e fala da obra:
As
pegadas (Jorge Fernández, Nuria Fernández, Tamara Duarte, Alba Corredoira,
Carolina Ramiro, María C. Conde)
TENGO UNA TÍA QUE NO ES MONJITA
Cardoza, Melisa, Tengo una tía que no es monjita, ilust. Margarita Sada, México:
Patlatonalli, col. “Todas las familias son sagradas”, 2004, [27 pp.] (ISBN: 9786079511036).
Breve
descrición do formato e o contido.
Este libro móstranos como a protagonista descobre que a súa tía é lesbiana. A
pequena rapaza, que quere moito a súa tía, descobre que ten ideas distintas ás
do seu pai. Ela prefire a manteiga feita pola xente do lugar e, en vez de
cumprir o desexo da sobriña de levala a Disneylandia, prefire levala a coñecer
Guatemala. A tía ten moitas amigas e sempre leva unha á casa. A historia
culmina cando a tía e a amiga se bican e lle conta á nena que a súa amiga é a
súa moza. Trátase dunha lectura subversiva, debido a que rompe co molde de
familia tradicional heterosexual con fillos/as e tamén polo ideario que posúe a
tía.
A voz da sobriña é a encargada de
narrar a historia deste álbum literario de estrutura clásica (introdución, nó e
desenlace), polo que flúe unha intensa corrente crítica. Así a tía asume un
comportamento guiado polo seu pensamento e conciencia, de aí que acabe por
desvelar a súa tendencia homosexual e loite contra as imposicións das maiorías
capitalistas e das relixións, ao mesmo tempo que se mostra comprensiva con
respecto a aqueles estamentos sociais marxinados. O texto transcríbese en
letras de diferentes formas, tamaños e cores, co que se pretende resaltar
palabras clave, estados, obxectos... Nel sobresae a incorporación de palabras
propias da cultura mexicana, caso de “gringo”, e daqueloutras vinculadas co
campo semántico da familia (tía, sobriña, pai etc).
A cuberta amosa a protagonista de
pequeno tamaño sentada nunha cadeira de brazos, mentres que as gardas presentan
unha degradada cor laranxa e un estampado de corazóns. Os debuxos son sinxelos
e reproducen formas xeométricas. A maioría de páxinas teñen un fondo dunha soa
cor, pero os personaxes e os obxectos son moi coloridos. É curioso que nunha
folla a tía e a sobriña aparecen cantando, á vez que as notas musicais están
debuxadas ao revés e unidas todas coma se fosen unha longa corchea. Isto
semella a escritura en espello común na etapa de aprendizaxe infantil.
Potencialidades
educativas.
Esta obra serve para visualizar e
abordar os diferentes tipos de familia, cuestións vinculadas coas opcións
sexuais, a diversidade cultural e as críticas abertas ás imposición dos países
e economías dominantes.
Recursos
de interese.
Obra dixitalizada
Adaptación de monicreques da obra
Comentario da obra e entrevista á
autora
As
Pegadas (Jorge Fernández, Nuria Fernández, Tamara Duarte, Alba Corredoira,
Carolina Ramiro, María C. Conde)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


