sábado, 7 de abril de 2018

Rey y Rey



De Hann Linda; Rey y ReyNijland Stern, Barcelona: Editorial Serres, 2000, [32 pp.],
ISBN: 84-8488-147-4

Breve descrición de formato e contido:

Álbum ilustrado de encadernación en cartoné de forma cadrada no que se narra a historia
dun xoven príncipe aínda non casou, tal e como é costume no seu reino. A súa nai, a
raíña, insiste en que debe encontrar unha princesa para casar. Ante tanta insistencia, o
príncipe acepta, polo que a súa nai fai desfilar unha princesa tras outra polo castelo
pero, ningunha esperta o interese do príncipe ata que un día chega a princesa Madaleine
escoltada polo seu irmán, o príncipe Lee. Os dous se namoran e comezan os
preparativos da voda.

Potencialidades educativas:

Conto útil para tratar a diversidade sexual e é un apoio contra a homofobia. Transmisión
de valores coma o amor, o respecto, a tolerancia, a empatía, o entendemento doutras
manifestacións do amor. Supón unha ruptura ós tópicos asignados ó tipo de familia.

Recursos de interese:

 Esta obra foi duramente criticada en moitos países, tales coma
Austria ou Estados Unidos. Nos seguintes enlaces relátanse estas críticas:
https://elpais.com/diario/2008/02/15/cultura/1203030005_850215.html
https://es.wikipedia.org/wiki/Rey_y_rey#Pol%C3%A9micas_en_Estados_Unidos

Ademais, en Youtube podemos atopar o conto narrado por unha persoa e escoitar a súa
opinión persoal sobre ela:
- https://www.youtube.com/watch?v=QObsfU_rG1g

Etiquetas: Álbum ilustrado, tema tabú, amor, diversidade, sexualidade,
Editorial Serres, Linda de Hann

Autoría: As vangardas (Samantha Mulloni, Cristina Martínez Piñeiro, Raquel Órdoñez,
Luis Lois Carro).

No hay comentarios:

Publicar un comentario