sábado, 7 de abril de 2018

A revolta dos indignados Movemento 15M: Democracia Real Xa!




Taibo Carlos, Antentas Josep María, Vivas Esther, Domènech Antoni, Gimenez Chueca Iván,  
Monedero Juan Carlos; A revolta dos indignados: Pontevedra:Factoría K,2015,  [50p],
ISBN(978-84-15250-25-8).
Breve descrición do formato e contido.
Volume de encadernación en cartoné en lingua galega que mostra as reflexións e os artigos de diversos
analistas políticos arredor dos manifestos, propostas e comunicados que tiveron lugar en maio
de 2011.
Esta obra sinálanos un dos movementos de conciencia social máis relevantes dos últimos anos
no noso país, o "15-M". O contido deste libro encontrábase motivado pola difícil situación
económica, política e laboral que tiña lugar no estado español nese momento e que ten coma
obxectivo inspirar no pensamento dos lectores en busca dunha sociedade mellor; creando unha
concienciación social e identificando os culpábeis da crise económica e os seus principais valedores.
Potencialidades educativas.
Dende un enfoque didáctico é un volume imprescindible nas aulas  xa que axuda aos alumnos a
organizarse, debater e establecer sinerxías para combater a indefensión cidadán para resolver os seus
problemas cotiáns. Ademais é unha boa oportunidade para que os máis cativos poidan coñecer os
pensamentos máis destacados do 15 M e que coñezan desa forma a realidade histórica que se viviu en
España no ano 2011, onde os estudantes tiveron un papel protagonista, e sen eles, este movemento
social non sería posible.

Recursos de interese.


Este libro tivo moitas críticas dende o Estado español, especialmente polos medios de comunicación coma por exemplo o ABC http://www.abc.es/20120423/espana/abci-ahora-cual-democracia-real-201204230940.html) e os poderes fácticos os cales son criticados nesta obra por ser considerados cómplices da situación da Galiza e do estado español nese momento. A maiores esta obra foi sinalada coma medio propagandístico do partido político Podemos, afirmación totalmente errónea xa que nese momento, este movemento nin sequera existía.


Etiquetas. 15 M, indignados, crise, Democracia, tema tabú.
Autoría: As vangardas (Samantha Mulloni, Cristina Martínez Piñeiro, Raquel Órdoñez, Luis Lois Carro)

No hay comentarios:

Publicar un comentario