sábado, 7 de abril de 2018

Julia tiene una estrella


Jose Eduard; Julia tiene una estrellaGubianas Valentí, Barcelona: La Galera,
2006, [40 pp.] ISBN: (84-246-2335-5)

Breve descrición do formato e contido:

Este álbum ilustrado de forma rectangular e con encadernación en cartoné móstranos unha
bonita historia que trata sobre a enfermidade e a morte dunha forma inocente e sentida.
Tanto as cores como o texto seguen unha evolución lineal comezando de forma cálida
cando se nos presenta a historia cara pasaxes máis fríos e escuros cara o final, tratando o
tema da morte dunha forma metafórica.

Potencialidades educativas:

Esta obra acércase cara unha realidade moi próxima ós nenos, como é a morte. Tamén
da a coñecer, unha das moitas maneiras en que se pode tratar este tema nas familias e,
por último, pero non menos importante, mostra algo verdadeiramente importante como
é a unión materno filial.

Recursos de interese:

En internet podemos atopar centos de referencias cara este libro. Salientamos dous
enlaces que mostran experiencias en aula:
https://www.youtube.com/watch?v=HFT4I5e9l--
https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=5085463

Etiquetas: álbum ilustrado, familia, morte, realidade cotiá, tema tabú, enfermidade, Eduard Jose, La Galera.

Autoría: As vangardas (Samantha Mulloni, Cristina Martínez Piñeiro, Raquel Órdoñez,
Luis Lois Carro).

No hay comentarios:

Publicar un comentario