sábado, 7 de abril de 2018

El pato y la muerte



Erlbruch Wolf; El pato y la muerte, Alemaña: Bárbara Fiore Editorial, 2007, [18 pp.],
ISBN: 978-84-934811-8-6

Breve descrición do formato e contido:

Álbum ilustrado con encadernación en cartoné en forma cadrada que narra a chegada da
morte, esa etapa da vida tan temida. Esta historia adéntase na relación entre un pato e a
morte que falarán sobre o significado desta e do que hai máis alá. O pato acabará
aceptando que a morte está aí, que é inevitable e non se pode ter medo dela e vivir a
vida mentres se poida.
As ilustración son moi sinxelas e, á vez, moi visuais, con trazados a lapis de distinta cor
e, sempre engadidas nun fondo neutro. En contraposición, son moi grandes e alongadas
e, as expresións faciais amosan dozura.
A morte, o contrario do que cabería esperar, parece unha amiga, non da medo.

Potencialidades educativas:

Axuda a responder con naturalidade a todas as preguntas que calquera rapaz ou rapaza
poderían facerlle ós seus país e mestres/as sobre este tema tan controvertido. A amizade
que vai máis alá dos estereotipos. O tratamento do medo.

Recursos de interese:

En internet pódese atopar numerosas críticas ó libro. Algúns dos enlaces mais
salientables son:
http://quelibroleo.com/el-pato-y-la-muerte
https://www.rinconpsicologia.com/2016/07/pato-muerte-y-tulipan-libro-ilustrado.html
http://www.elcultural.com/revista/letras/El-pato-y-la-muerte/20059

Ademais atopamos un estudo da obra e do autor feito nun blog:
http://lapalabraperiodicocultural.blogspot.com.es/2016/03/palabra-critica-pagina-15-
wolf-erlbruch.html

Atopamos, en Youtube, unha marabillosa curtametraxe da obra realizada por un
programa de fomento da lectura:
https://www.youtube.com/watch?v=MeET1C5Da_Q

Etiquetas: Álbum ilustrado, tabú, morte, amizade, Barbara Fiore Editorial, Wolf Erlbruch

Autoría: As vangardas (Samantha Mulloni, Cristina Martínez Piñeiro, Raquel Órdoñez,
Luis Lois Carro)

No hay comentarios:

Publicar un comentario