sábado, 7 de abril de 2018
Azul. Un cuento contra el abuso
Murillo José Andrés; Azul. Un cuento contra el abuso, Paz Peña Marcelo, Barcelona:
Thule Ediciones, 2017, [40 pp.], ISBN: 978-84-16817-20-7
Breve descrición do formato e contido:
Álbum ilustrado con encadernación en cartoné en forma cadrada que se centra na vida dun
rapaz que é agredido sexualmente e sinte a indiferenza de todas aquelas persoas ás que
llo conta (familia, escola, etc) e como, pouco a pouco, vai perdendo a súa voz ata que,
un día, unha compañeira o cre. Ante isto, a súa esperanza volve crecer.
Nas gardas se reflicte unha ilustración con cores cálidos que reflexa a inocencia e a
vulnerabilidade da mesma (fraxilidade do Dente de León). Conforme vai avanzando a
historia as ilustracións tórnanse cada vez máis escuras e amosan o caos psicolóxico que
produce un abuso sexual na mente de calquera persoa.
Potencialidades educativas:
Esta obra ofrécenos multitude de vantaxes á hora de traballar con el. Supón unha
ferramenta para mergullarnos nun tema tan controvertido como é este e sensibiliza ós
pais dos nenos/as. Fomenta a empatía no alumnado e crea competencias neles para que
sexan capaces de poder manifestar o seu apoio a calquera persoa que estea a vivir nunha
situación semellante. Ademais tamén reforza temas como a recuperación e a construción
da confianza.
Recursos de interese:
Atopamos dous vídeos en Youtube onde saen o autor e a ilustradora da obra falando
sobre ela:
- https://www.youtube.com/watch?v=h589dcrwD-0
- https://www.youtube.com/watch?v=sdDnSjKasyE
No seguinte enlace pódese encontrar unha crítica á obra:
- http://www.laie.es/libro/azul/1215555/978-84-16817-20-7
O autor da obra é director dunha Fundación que se dedica a prevención de abuso e
maltrato infantil e teñen unha páxina web:
- http://www.paralaconfianza.org/
Etiquetas: Álbum ilustrado, tabú, abuso sexual, confianza, empatía, José Andrés
Murillo, Thule Ediciones.
Autoría: As vangardas (Samantha Mulloni, Cristina Martínez Piñeiro, Raquel Órdoñez,
Luis Lois Carro).
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario