sábado, 7 de abril de 2018
As pousadeiras do rei
Saíz Raquel; As pousadeiras do rei, Daviddi Evelyn, Pontevedra: OQO Editora, 2007,
[36 pp.] ISBN: 978-84-96788-93-0
Breve descrición do formato e contido:
Álbum ilustrado de forma cadrada en encadernación en cartoné que narra con gran sentido
do humor un día na vida do rei no que deixa de lado as súas tarefas por atender outras
“máis persoais”.
É un conto de lectura moi sinxela, con grandes ilustracións que guían e dan forza á
historia. Conflúe un narrador en terceira persoa coas voces dos protagonistas en
primeira persoa por medio dun diálogo.
Potencialidades educativas:
Desmitifica a figura dun rei e pono á mesma altura dos demais (por ser rei non deixa de
pasarlle ás mesmas cousas co resto dos mortais). Potencia a autoestima e o traballo en
equipo mostrando que se traballas de forma cooperativa todo ten solución. Tamén axuda
á valoración dun mesmo, xa que, independentemente das características físicas que se
teñan, pódese chegar onde queiramos.
Recursos de interese:
En Youtube atopamos diversas versións realizadas na aula sobre a obra:
https://www.youtube.com/watch?v=faQYHMEG1v4
https://www.youtube.com/watch?v=BnQ_qSY6TF0
https://www.youtube.com/watch?v=3l8CsCam3bw&feature=share
Etiquetas: álbum ilustrado, traballo cooperativo, Tema tabú, Raquel Saiz, OQO Editora
Autoría: As vangardas (Samantha Mulloni, Cristina Martínez Piñeiro, Raquel Órdoñez,
Luis Lois Carro)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario