sábado, 7 de abril de 2018

A toupiña que quería saber quen lle fixera iso na cabeza



Holzwarth, Werner; A toupiña que quería saber quen lle fixera iso na
cabezaErlburch, Wolf (ilust.), Pontevedra: Kalandraka, 2006, [32 pp.], ISBN: 978-84-8464-643-3

Breve descrición de formato e contido:

Curiosa obra de forma rectangular que trata as aventuras dunha toupa que busca o
responsable do seu “novo peiteado”.
A historia narrase de maneira lineal e as ilustracións a dinamizan con figuras
desplegables. O texto narrado é moi sinxelo e mostra numerosas repeticións.
Este libro, ademais de en galego, está dispoñible en outros idiomas como: Portugués,
Catalán, Euskera e Español.
Unha obra moi aclamada pola crítica, xa que recibiu innumerables premios coma :
Premio Alemán de Literatura Infantil, Premio Andersen 2006, Premio Astrid Lindgren
2017 (ó seu ilustrador), Plan Nacional de Lectura (PNL Portugal).

Potencialidades educativas:

Unha maneira sinxela de tratar os temas escatolóxicos na aula. Tamén permite coñecer,
de maneira transversal, os animais.
As numerosas repeticións que aparecen na obra facilita a memorización da obra para
que as crianzas poidan dramatizar e xogar con ela.

Recursos de interese:

En Youtube podemos atopar algunhas experiencias realizadas nunha aula de infantil
https://www.youtube.com/watch?v=zJmzxjZPO_o e unha canción moi divertida que
conta as vivencias da toupiña https://www.youtube.com/watch?v=SPFo-D5bMTs

Etiquetas: Álbum Ilustrado, tema tabú, temas escatolóxicos, animais, Wolf Erlbruch,
Werner Holzwarth, Kalandraka.

Autoría: As vangardas (Samantha Mulloni, Cristina Martínez Piñeiro, Raquel Órdoñez,
Luis Lois Carro).

No hay comentarios:

Publicar un comentario