Mostrando entradas con la etiqueta personaxes subversivos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta personaxes subversivos. Mostrar todas las entradas

miércoles, 2 de mayo de 2018

Once damas atrevidas



González, José Manuel (Oli), Once damas atrevidas, ilust. Helle Thomassen, Pontevedra: Kalandra, 2004, [32 pp.], (ISBN: 978-84-8464-085-1).

Breve descrición do formato e contido. Este álbum trata sobre unha viaxe a través do mundo que fan as nosas protagonistas, as once damas atrevidas representadas cunhas imaxes cargadas de humor. Ao longo desta experiencia, en cada parada queda unha das viaxeiras, restándolle así progresivamente unha dama ao grupo, ata que finalmente se acaba a viaxe nas terras galegas. Son innumerables as visitas que fixeron por todo o mundo. Que partes coñecerían as nosas protagonistas? En relación aos aspectos formais, podemos dicir que a obra ten tapa dura e que na súa cuberta aparecen representadas as once damas nas súas motos. Ademais o título está escrito cunha letra bastante peculiar e divertida. As ilustracións son debuxos pintados coa técnica da acuarela, con cores moi rechamantes e que ocupan por completo as páxinas. Estes debuxos facilitan a comprensión da historia, xa que escenifica os lugares que visitan, aínda que tamén é necesario dicir que resulta difícil identificar que damas atrevidas continúan a viaxe e cales se perderon durante o traxecto. Ademais fai un grande uso de rimas, o que lle dá moita musicalidade ao texto. No tocante á tipografía, podemos dicir que se emprega o mesmo tipo de letra que o título e que é de gran tamaño e homoxénea. As palabras que fan referencia aos números atópanse en negra e maiúsculas. Con todo, pensamos que o tipo de letra non é o máis acertado, xa que pode chegar a ser complicado de entender para os lectores máis pequenos.

Potencialidades educativas. Este conto é adecuado para tratar a diversidade cultural e outras cuestións como son os números. Coa imaxe subversiva e rupturista que se dá destas mulleres que viaxan en moto, tamén se están a romper estereotipos de xénero, xa que estas mulleres son aventureiras e arríscanse a vivir novas peripecias.

Recursos de interese.

Conto en vídeo:

Autoría. As pegadas (Jorge Fernández, Nuria Fernández, Tamara Duarte, Alba Corredoira, Carolina Ramiro e María C. Conde).

El lobo Rodolfo



Hib, Claudia; Hib, Nora; Hib, Vera, ilus. Hib, Nora, El lobo Rodolfo, Buenos Aires: Alfaguara Infantil Editores, 2009, [32 pp.] (ISBN: 9789504643081).

Breve descripción do formato e o contido. Este libro trata sobre un lobo chamado Rodolfo que quería facer amigos, pero que contaba cun obstáculo para iso, a súa propia aparencia. Xa que debido a ela os demais animais afastábanse del pensando que poderían facerlle dano. Logo de innumerables intentos por intentar incluírse nos diversos grupos de animais, realizando diferentes fazañas e disfraces entendeu que non lograría o seu obxectivo se non facía outra cousa. Para o que decidiu facer algo máis especial. Que fixo Rodolfo para conseguir que todos os animais fosen os seus amigos? E Con que motivo?

Respecto dos aspectos formais podemos dicir que o libro ten tapa dura e que na cuberta aparece o protagonista, o noso lobo Rodolfo, vestido de xirafa, o que representa unha das escenas do propio libro. As ilustracións son tipo debuxo coma se fosen pintadas con lapis Carioca, con uso de cores moi rechamantes. Estes debuxos facilitan a comprensión do texto, xa que escenifican o que se vai narrando. Ademais na maioría de páxinas ocupan máis os debuxos que as letras. Estas últimas son de pequeno tamaño tipo letra de ordenador e pouco rechamantes sendo homoxéneas e de cor negra. Unicamente se fai visible o cambio de letra ao facer referencia a onomatopeas, palabras que teñen sons que se asemellan ao que significa, as cales aparecen en letra cursiva. Sendo a maior parte do tempo unha narración, fóra diso pequenas frases, feitas en primeira persoa, expresadas polo lobo Rodolfo. Mantén a estrutura normal dun conto no cal se suscita un problema, o protagonista realiza algo mediante o cal resolve o problema ou pecha ese problema, é dicir, introdución, nó e desenlace. O conto desenvólvese no que parece unha selva. Todos os personaxes do conto son animais, entre os que atopamos xirafas, monos, leopardos, flamencos, serpes, etc.

Potencialidades educativas: Este conto é adecuado para tratar o tema da xeneralización, é dicir, evitar entender que por que a un colectivo se lle defína como algo negativo, xa todos os compoñentes deste deben selo, xa que como vimos ao longo do conto pode haber excepcións como no caso do lobo Rodolfo. Ademais de traballar que en ocasións as aparencias enganan, e non porque alguén pareza unha mala persoa debe de selo. Para rematar, tamén sería adecuado traballar a valoración positiva do diferente, a confianza nun mesmo, a importancia de coñecer o mundo que nos rodea e a procura da amizade que é algo de suma importancia nas nosas vidas.


Recursos de interese:

Conto online: 

Conto en vídeo:

Autoría. As pegadas (Jorge Fernández, Nuria Fernández, Tamara Duarte, Alba Corredoira, Carolina Ramiro, María C. Conde)

Chocolata

Núñez, Marisa, Chocolata, ilust. Helaga Bansch, Pontevedra: OQO, 2006, [36 pp.], (ISBN: 9788498714838).

Breve descrición do formato e contido. Tras escoitar que na cidade hai uns moi bos baños termais, a hipopótama Chocolata decide ir probalos. Durante a súa viaxe, ademais de ir aos baños, vai a un restaurante, a un hotel, a unha tenda de roupa etc. A pesar de que nada está feito á súa medida ou tamaño e de que toda comida é escasa, ela non se deprime nin cambia a súa maneira de ser. Chea de satisfacción pola experiencia vivida, cando regresa ao seu hábitat dáse de conta de que alí se está moito mellor. Respecto aos aspectos formais, cabe destacar que este álbum ten tapa dura e a súa cuberta xa nos presenta a protagonista principal cunha postura e vestimenta moi simpáticas. As súas gardas amosan a imaxe dunha maleta e do amigo mono de Chocolata, o que suxire que a historia vai sobre unha viaxe. As ilustracións interiores sobresaen polas súas cores de tons pasteis e rosas, así como pola combinación de diferentes planos e secuencias que nos permiten acompañar a Chocolata nesa viaxe á cidade desde a sabana africana, que se caracteriza polas novas experiencias focalizadas desde o humor e os xogos intertextuais coa propia obra. É esta unha exquisita mostra literaria e ilustrativa sobre o valor da autoestima, cuxa grafía se relaciona moi estreitamente co contido da historia. Así os pensamentos, comentarios ou anécdotas aparecen escritos en cursiva e os diálogos en letras máis grandes e en nega. 

Potencialidades educativas. Este relato é moi propicio para traballar a autoestima, a aceptación dun mesmo, os prexuízos, a interculturalidade, a diversidade e logo, dunha maneira máis secundaria, as rutinas do día a día, o aseo propio e os animais.

Recursos de interese

Autoría. As Pegadas (Jorge Fernández, Nuria Fernández, Tamara Duarte, Alba Corredoira, Carolina Ramiro e María C. Conde).



Una feliz catástrofe

Turin, Adela, Una feliz catástrofe, ilust. Nella Bosnia, España: Kalandraka, 2014, [40pp.] (ISBN: 9788484648871).

Breve descrición do formato e o contido. Este libro recolle a catástrofe dunha familia de ratos na que destaca a presenza de roles tradicionais de xénero. A protagonista atopa unha solución e transforma a súa vida monótona nunha vida chea de aventuras. Durante esta transformación os membros da familia van asumindo novos roles. Por unha banda, o señor rato traballa nunha empresa e ao rematar a súa xornada laboral adícase a descansar e gozar da cea que a súa muller lle ten sempre preparada. Pola contra, a protagonista presenta as características da muller tradicional (doce, modesta e dócil). Era a persoa encargada de manter limpo o tobo e de coidar aos seus fillos/as pero un día decide independizarse habilitando un novo fogar, comezando así unha nova vida chea de aventuras. Durante a catástrofe resáltase a figura materna xa que a protagonista dirixe en todo momento a situación.
Neste álbum ilustrado de estrutura clásica (introdución, nó e desenlace) representase a discriminación na realización das tarefas domésticas sempre asignadas ou atribuídas ao xénero feminino.
A voz narradora conta a historia dende a terceira persoa, polo que non é un personaxe da historia. Con respecto ao campo semántico, podemos dicir que destacan aquelas palabras relacionadas co fogar.
Con respecto aos aspectos formais, cabe destacar que a cuberta é de tapa dura e nela aparece representada a catástrofe que provoca a transformación dos roles tradicionais de xénero presentes nesta familia de roedores. As gardas presentan unhas cores vivas e cheas de cor. Ademais, non existen unhas cores marcadas, é dicir, a maioría das cores están presentes. O tamaño da letra é grande e o seu deseño é moi xeométrico. Todos os espazos representados son interiores (fogar familiar). Para finalizar, diremos que todos os obxectos presentes nas ilustracións aparecen representados nun tamaño moi grande. 

Potencialidades educativas. Esta fábula é moi propicia para traballar a coeducación e para revisar o lugar que ocupa a figura feminina na familia e na sociedade. Ademais, permítenos modificar e eliminar os estereotipos machistas desde a infancia; promovendo así a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.


Recursos de interese. 

Conto realizado polo alumnado: 

Conta contos: 
      
Conto levado á aula:
Autoría. As Pegadas (Jorge Fernández, Nuria Fernández, Tamara Duarte, Alba Corredoira, Carolina Ramiro, María C. Conde).

martes, 1 de mayo de 2018

Chocolata

Núñez, Marisa, Chocolata, ilust. Helaga Bansch, Pontevedra: OQO, 2006, [36 pp.], (ISBN: 9788498714838).

Breve descrición do formato e contido. Tras escoitar que na cidade hai uns moi bos baños termais, a hipopótama Chocolata decide ir probalos. Durante a súa viaxe, ademais de ir aos baños, vai a un restaurante, a un hotel, a unha tenda de roupa etc. A pesar de que nada está feito á súa medida ou tamaño e de que toda comida é escasa, ela non se deprime nin cambia a súa maneira de ser. Chea de satisfacción pola experiencia vivida, cando regresa ao seu hábitat dáse de conta de que alí se está moito mellor. Respecto aos aspectos formais, cabe destacar que este álbum ten tapa dura e a súa cuberta xa nos presenta a protagonista principal cunha postura e vestimenta moi simpáticas. As súas gardas amosan a imaxe dunha maleta e do amigo mono de Chocolata, o que suxire que a historia vai sobre unha viaxe. As ilustracións interiores sobresaen polas súas cores de tons pasteis e rosas, así como pola combinación de diferentes planos e secuencias que nos permiten acompañar a Chocolata nesa viaxe á cidade desde a sabana africana, que se caracteriza polas novas experiencias focalizadas desde o humor e os xogos intertextuais coa propia obra. É esta unha exquisita mostra literaria e ilustrativa sobre o valor da autoestima, cuxa grafía se relaciona moi estreitamente co contido da historia. Así os pensamentos, comentarios ou anécdotas aparecen escritos en cursiva e os diálogos en letras máis grandes e en nega.

Potencialidades educativas. Este relato é moi propicio para traballar a autoestima, a aceptación dun mesmo, os prexuízos, a interculturalidade, a diversidade e logo, dunha maneira máis secundaria, as rutinas do día a día, o aseo propio e os animais.

Recursos de interese.
Conta contos online:

Stopmotion de plastilina:

Autoría. As Pegadas (Jorge Fernández, Nuria Fernández, Tamara Duarte, Alba Corredoira, Carolina Ramiro e María C. Conde)




Once damas atrevidas

González, José Manuel (Oli), Once damas atrevidas, ilust. Helle Thomassen, Pontevedra: Kalandra, 2004, [32 pp.], (ISBN: 978-84-8464-085-1).
Breve descrición do formato e contido. Este álbum trata sobre unha viaxe a través do mundo que fan as nosas protagonistas, as once damas atrevidas representadas cunhas imaxes cargadas de humor. Ao longo desta experiencia, en cada parada queda unha das viaxeiras, restándolle así progresivamente unha dama ao grupo, ata que finalmente se acaba a viaxe nas terras galegas. Son innumerables as visitas que fixeron por todo o mundo. Que partes coñecerían as nosas protagonistas? En relación aos aspectos formais, podemos dicir que a obra ten tapa dura e que na súa cuberta aparecen representadas as once damas nas súas motos. Ademais o título está escrito cunha letra bastante peculiar e divertida. As ilustracións son debuxos pintados coa técnica da acuarela, con cores moi rechamantes e que ocupan por completo as páxinas. Estes debuxos facilitan a comprensión da historia, xa que escenifica os lugares que visitan, aínda que tamén é necesario dicir que resulta difícil identificar que damas atrevidas continúan a viaxe e cales se perderon durante o traxecto. Ademais fai un grande uso de rimas, o que lle dá moita musicalidade ao texto. No tocante á tipografía, podemos dicir que se emprega o mesmo tipo de letra que o título e que é de gran tamaño e homoxénea. As palabras que fan referencia aos números atópanse en negra e maiúsculas. Con todo, pensamos que o tipo de letra non é o máis acertado, xa que pode chegar a ser complicado de entender para os lectores máis pequenos.
Potencialidades educativas. Este conto é adecuado para tratar a diversidade cultural e outras cuestións como son os números. Coa imaxe subversiva e rupturista que se dá destas mulleres que viaxan en moto, tamén se están a romper estereotipos de xénero, xa que estas mulleres son aventureiras e arríscanse a vivir novas peripecias.
Recursos de interese.

Conto en vídeo:
Autoría. As pegadas (Jorge Fernández, Nuria Fernández, Tamara Duarte, Alba Corredoira, Carolina Ramiro e María C. Conde).

UNA FELIZ CATÁSTROFE


Turin, Adela, Una feliz catástrofe, ilust. Nella Bosnia, España: Kalandraka, 2014, [40pp.] (ISBN: 9788484648871).

Breve descrición do formato e o contido. Este libro recolle a catástrofe dunha familia de ratos na que destaca a presenza de roles tradicionais de xénero. A protagonista atopa unha solución e transforma a súa vida monótona nunha vida chea de aventuras. Durante esta transformación os membros da familia van asumindo novos roles. Por unha banda, o señor rato traballa nunha empresa e ao rematar a súa xornada laboral adícase a descansar e gozar da cea que a súa muller lle ten sempre preparada. Pola contra, a protagonista presenta as características da muller tradicional (doce, modesta e dócil). Era a persoa encargada de manter limpo o tobo e de coidar aos seus fillos/as pero un día decide independizarse habilitando un novo fogar, comezando así unha nova vida chea de aventuras. Durante a catástrofe resáltase a figura materna xa que a protagonista dirixe en todo momento a situación.
Neste álbum ilustrado de estrutura clásica (introdución, nó e desenlace) representase a discriminación na realización das tarefas domésticas sempre asignadas ou atribuídas ao xénero feminino.
A voz narradora conta a historia dende a terceira persoa, polo que non é un personaxe da historia. Con respecto ao campo semántico, podemos dicir que destacan aquelas palabras relacionadas co fogar.
Con respecto aos aspectos formais, cabe destacar que a cuberta é de tapa dura e nela aparece representada a catástrofe que provoca a transformación dos roles tradicionais de xénero presentes nesta familia de roedores. As gardas presentan unhas cores vivas e cheas de cor. Ademais, non existen unhas cores marcadas, é dicir, a maioría das cores están presentes. O tamaño da letra é grande e o seu deseño é moi xeométrico. Todos os espazos representados son interiores (fogar familiar). Para finalizar, diremos que todos os obxectos presentes nas ilustracións aparecen representados nun tamaño moi grande. 
Potencialidades educativas. Esta fábula é moi propicia para traballar a coeducación e para revisar o lugar que ocupa a figura feminina na familia e na sociedade. Ademais, permítenos modificar e eliminar os estereotipos machistas desde a infancia; promovendo así a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Recursos de interese.
Conto realizado polo alumnado:

Conta contos:
     
Conto levado á aula:


Autoría. As Pegadas (Jorge Fernández, Nuria Fernández, Tamara Duarte, Alba Corredoira, Carolina Ramiro, María C. Conde).

ONCE DAMAS ATREVIDAS

González, José Manuel (Oli), Once damas atrevidas, ilust. Helle Thomassen, Pontevedra: Kalandra, 2004, [32 pp.], (ISBN: 978-84-8464-085-1).
Breve descrición do formato e contido. Este álbum trata sobre unha viaxe a través do mundo que fan as nosas protagonistas, as once damas atrevidas representadas cunhas imaxes cargadas de humor. Ao longo desta experiencia, en cada parada queda unha das viaxeiras, restándolle así progresivamente unha dama ao grupo, ata que finalmente se acaba a viaxe nas terras galegas. Son innumerables as visitas que fixeron por todo o mundo. Que partes coñecerían as nosas protagonistas? En relación aos aspectos formais, podemos dicir que a obra ten tapa dura e que na súa cuberta aparecen representadas as once damas nas súas motos. Ademais o título está escrito cunha letra bastante peculiar e divertida. As ilustracións son debuxos pintados coa técnica da acuarela, con cores moi rechamantes e que ocupan por completo as páxinas. Estes debuxos facilitan a comprensión da historia, xa que escenifica os lugares que visitan, aínda que tamén é necesario dicir que resulta difícil identificar que damas atrevidas continúan a viaxe e cales se perderon durante o traxecto. Ademais fai un grande uso de rimas, o que lle dá moita musicalidade ao texto. No tocante á tipografía, podemos dicir que se emprega o mesmo tipo de letra que o título e que é de gran tamaño e homoxénea. As palabras que fan referencia aos números atópanse en negra e maiúsculas. Con todo, pensamos que o tipo de letra non é o máis acertado, xa que pode chegar a ser complicado de entender para os lectores máis pequenos.
Potencialidades educativas. Este conto é adecuado para tratar a diversidade cultural e outras cuestións como son os números. Coa imaxe subversiva e rupturista que se dá destas mulleres que viaxan en moto, tamén se están a romper estereotipos de xénero, xa que estas mulleres son aventureiras e arríscanse a vivir novas peripecias.
Recursos de interese.

Conto en vídeo:
Autoría. As pegadas (Jorge Fernández, Nuria Fernández, Tamara Duarte, Alba Corredoira, Carolina Ramiro e María C. Conde).

sábado, 21 de abril de 2018

GRITOS EN LA ARENA







Abad, Aturo, Gritos en la arena, ilust. Mónica Gutiérrez, España: Narval Editores, 2011, [32pp.] (ISBN: 9788493876838).

Breve descrición do formato e o contido. Este libro recolle os desexos dunha nena fronte a súa nai. A protagonista é unha rapaza musulmá pechada na súa cultura e privada de moitos dereitos como o de expresión. A nai explícalle que o seu desexo non pode realizarse, xa que ningunha muller pode gritar. Posteriormente, leva a súa filla á orilla do deserto (lugar no que serán escoitados os seus gritos). As dúas protagonistas son o símbolo de todas aquelas mulleres silenciadas e obrigadas a reprimir as súas aspiracións e desexos.
Este álbum literario ten unha estructura clásica (introdución, nó e desenlace). Ademais, as voces da nai e da filla están presentes nunha conversa ao longo de todo o desenvolvemento da historia.
Con respecto ao campo semántico, podemos dicir que destacan aquelas palabras relacionadas coa natureza (dunas, deserto, montaña etc).
Na cuberta aparece a protagonista de pequeno tamaño coas mans na boca para que os seus gritos sexan escoitados. Con respecto as gardas, diremos que presentan unhas cores vivas e cheas de cor con debuxos sinxelos. É preciso resaltar a utilización dunhas ilustracións libres e moi pictóricas e dun texto poético cheo de esperanza.
Os fondos brancos, fan destacar aínda máis os sinxelos retratos das personaxes do conto. A delicadeza dos trazos de Mónica Gutiérrez Serna mestúranse cós trazos de cores que rompen có mundo gris e silencioso, logrando saír das páxinas e grabar a mensaxe de rebelión nos nosos ollos.

Potencialidades educativas. Pretende abrir as nosas conciencias sobre a situación na que están vivindo miles e miles de mulleres no mundo, abusadas, violadas, silenciadas, anuladas pola cultura que as domina. Pretende recoller e amplificar a voz dunha infancia prohibida. Ademais, fala da importancia de expresar a nosa dor.

Recursos de interese. Ningún recurso atopado.

As Pegadas (Jorge Fernández, Nuria Fernández, Tamara Duarte, Alba Corredoira, Carolina Ramiro, María C. Conde).

domingo, 8 de abril de 2018

Avós



Heras, Chema, Avós, ilust. Rosa Osuna, Pontevedra: Kalandraka Editora, col. “Demademora”, 2002, [40 pp.], (ISBN 978-84-8464-533-7).

Breve descrición do formato e o contido. A través dun narrador en terceira persoa, neste álbum ilustrado cóntase a historia de Manuel e Manuela, dous entrañables avós, que se ven sorprendidos polo anuncio da celebración dun baile. A vella avoa sente que perdeu o brillo e a beleza propia da xuventude, polo que fai todo o posible para pórse guapa. Non obstante, o avó Manuel, coas súas palabras cheas de sensibilidade e amor, fai que a súa muller se acepte tal e como ela é co paso do tempo.
A historia segue unha estrutura circular, mediante encadeamentos, repeticións e acumulacións que dan lugar á musicalidade e favorecen o seguimento da lectura. Tamén son de citar os diálogos establecidos entre esta parella de avós, que se representa cunha letra en maior tamaño e recollen a expresión dos seus sentimentos a través de metáforas. O léxico empregado é sinxelo, destacando as palabras do campo semántico do corpo e da natureza tan próximo ao lectorado infantil.
O discurso narrativo insírese nunhas páxinas nas que as ilustracións o absorben todo. Nelas sobresaen as cores vivas que recobren unhas figuras de formas redondeadas que inspiran unha notable tenrura, así como os trazos propios da vellez que están adornados por unhas coloridas meixelas que evocan gran simpatía. A cuberta do libro está rechea de tinturas azuis e amarelas, tamén predominantes ao longo da proposta ilustrativa, que se encargan de encher de dinamismo a imaxe dos avós recollidas no bordo dereito, felizmente bailando. Na parte superior aparece o título en grandes letras e un gato que, como o resto de animais, só figuran a modo compositivo nas ilustracións, aínda que non asumen ningún protagonismo no texto verbal.
Avós conta con premios como Premi Llibreter (2003), Programa Nacional de Lectura de la Secretaría de Educación Pública de México, Mejores Libros de 2004 (Banco del Libro de Venenuela), Plan Nacional de Leitura (Portugal, 2008) e Programa Nati per Legere (Italia). Por iso, está traducido ao castelán, catalán, éuscaro, italiano, inglés, portugués, xaponés…

Potencialidades educativas. Esta obra serve para traballar cos máis pequenos e as máis pequenas o cariño e o respecto cara aos maiores. Ademais, cos campos semánticos que aparecen podemos aproximarnos ás partes do corpo ou a natureza. Cabe mencionar que este conto rompe cos estereotipos e os prexuízos tradicionais que acostuman asociarse coa vellez. Tamén ofrece moitas posibilidades para familiarizarse coas estruturas poéticas máis básicas.

Recursos de interese.
Audición do conto (en castelán):

Blog comentando o libro. Contén material didáctico:

Autoría. As Pegadas. (Jorge Fernández, Nuria Fernández, Alba Corredoira, María C. Conde e Carolina Ramiro).

A princesa Sabela


Funke, Cornelia, A princesa Sabela, ilust. Kerstin Meyer, trad. María Xesús Bello Rivas, Vigo: Ed. Xerais, 2011 [32pp.] (ISBN: 978-84-9914-212-8).

Breve descrición do formato e o contido. Esta obra amósanos como a protagonista, a princesa Sabela, decide deixar de ser princesa, xa que o atopa moi aburrido. Unha princesa non pode facer nada soa, sempre ten algún criado que a axude; non pode mancarse, nin emporcallarse, ten que sorrir sempre… ademais, levar coroa dá dor de abeza, así que Sabela decide guindala ao estanque. Isto anoxa moitísimo ao rei, de xeito que ordena que a súa filla traballe nas cociñas e nos cortellos ata que vaia recuperala. As tarefas do palacio, lonxe de facer mudar a opinión de Sabela, fana moi feliz.

A voz narradora conta a historia dende a terceira persoa neste libro ilustrado, a cal nos relata tanto os estados de ánimo que acompañan as situacións que vive Sabela coma a transformación que sofre o pensamento do rei. Este comeza cunha reación de anoxo e rexeitamento, que se transforma en resignación e tristura para, finalmente, chegar á tolerancia e comprensión. A protagonista rompe co clásico estereotipo de princesa delicada e fráxil, en favor da princesa traballadora e aventureira, que prefire subir ás árbores, pelar patacas ou dar de comer aos porcos antes que quedar sentada entre almofadas. O texto preséntasenos en parágrafos longos e apenas hai variacións no tamaño da letra, as cales se empregan para recrear berros. O vocabulario é sinxelo, maioritariamente relacionado coa vida do palacio: mobiliario, persoal, estancias...

A cuberta amosa a protagonista orgullosa, vestida con roupa de traballo e marchando do palacio, mentres o seu pai a olla anoxado e as demais personaxes, con reprobación ou incredulidade. As gardas amosan un fondo amarelo con raias verticais laranxas cunha coroa tirada no chan no centro da páxina, anticipando o rexeitamento da protagonista. As ilustacións interiores transcorren paralelas ao texto, sen interactuar con el. Presentan cores rechamantes e recrean escenas recargadas na maioría dos casos, acorde ás descricións do texto, que trasmiten a idea do bulicio e o ir e vir de xente dentro do palacio.

Potencialidades educativas. Esta obra serve para traballar os diferentes gustos e preferencias, así como os distintos estados de ánimo e, especialmente, para tratar a aceptación dos demais. A idea principal que trasmite o texto é que cadaquén é único e ten gustos e intereses propios, os cales hai que aceptar e non impoñer un xeito de pensar, ser ou actuar polo feito de ser princesa, príncipe, barqueira ou cociñeiro.

Recursos de interese.
Conto levado á aula:

Vídeo presentación do conto (castelán):

Autoría. As pegadas (Jorge Fernández, Nuria Fernández, Tamara Duarte, Alba Corredoira, Carolina Ramiro e María C. Conde).

De que cor é un bico?


Bonilla, Rocío, De que cor é un bico?, ilust. Rocío Bonilla, trad. María Solar, España: Algar Editorial, 2017, [32 pp.] (ISBN:9788491420590).


Breve descrición do formato e o contido. Este álbum ilustrado preséntanos a Minimoni e o seu gusto pola pintura. A Minimoni gústalle retratar as cousas da súa vida nos seus debuxos, pero un día atopase cun problema, non sabe de que cor pintar un bico. Na búsqueda da cor perfecta fai un percorrido por todas as cores que coñece, sinalando os aspectos positivos e aspectos negativos que lle atopa a cada cor, até encontrar a representación perfecta.

A voz encargada de traer esta historia -dende o principio até o fin- é a da protagonista, o que lle da moito dinamismo a historia, dado que é ela mesma a que nos conta que lle gusta e que non de cada cor. O texto transcríbese en pequenos parágrafos de dúas liñas -algúns un pouco máis amplos- e cunha mestura heteroxénea de letra: as palabras chave -coma as cores ou as sensacións que lle transmite- están escritas cunha fonte que parece a man e o resto da oración con outra máis sinxela -tipografía estándar de ordenador-. As cores e os tamaños da letra tamén varían, dependendo do momento e da palabra a que nos esteamos a referir no conto -creando unha harmonía co texto descrito-. O vocabulario empregado é axeitado para idade a a que vai dirixida o conto (5+), dado que comenta aspectos da contorna das crianzas. É un texto claro e conciso que, xunto coas ilustración, mergúllate na historia da protagonista.

A cuberta amosa á protagonista nun primeiro plano rodeada por botes de pintura e demais utensilios artísticos nun fondo branco -o que fai destacar os detalles e darnos unha pequena idea da idea do libro-. As gardas do libro tamén transmiten unha mensaxe: móstranos á protagonista en diversas posicións pintando ou pensando. As ilustracións que acompañan a historia son esenciais, posto que van acompañando ó conto de forma precisa e radiante, debuxos sinxelos que inducen ós pensamentos da protagonista. Destacar o deseño da protagonista que é moi natural e sen caer nos estereotipos de xénero, tendo un aspecto realista dentro da visión figurativa de personaxe de conto. As ilustracións parecen estar feitas con lapis de cores e as cores empregadas van en función da cor descrita no texto.

Potencialidades educativas. Este conto pode enfocarse para traballar diversas temáticas, pero a máis importante é o achegamento a intelixencia emocional e a capacidade crítica. Cun personaxe subversivo como é Minimoni -dada súa estética e os seus gustos refrexados no conto- podemos traballar a rotura dos estereotipos nas nenas e nos nenos e a importancia de investigar e razoar.


Recursos de interese.

Obra dixitalizada en castelán:



Mostra do libro en castelán:


Libro dispoñible en euskera:


Blog de interese:


Páxina da autora:



Autoría. As pegadas (Jorge Fernández, Nuria Fernández, Tamara Duarte, Alba Corredoira, Carolina Ramiro, María C. Conde)

domingo, 25 de marzo de 2018

El buen lobito


Shireen, Nadia, El buen lobito, Bruño, col. “Cubilete” 2013 [32pp.]
(ISBN: 978-84-216-8965-3)

Breve descrición do formato e o contido. Este libro amósanos como o protagonista, o bo lobiño, é amigo de todos os animais e tamén da vella avoíña. El é feliz pensando que é un lobo, ata que un día topa cun lobo dos malos que o fai dubidar, pois segundo el os lobos de verdade teñen que facer cousas como ouvearlle á lúa, tirar casas con sopridos ou comer xente. O bo lobiño non fai ningunha destas cousas e comeza a dubidar de se realmente é un lobo, pero, cando atopa que a avoíña está en perigo, demostra que el tamén é un lobo de verdade.

A voz narradora conta a historia dende a terceira persoa neste álbum literario, a través da cal se recolle a transformación do autoconcepto do lobo, dende o convencemento, pasando pola dúbida, ata chegar á reafirmación e demostrar que cadaquén elixe a súa forma de ser. Con isto rompe co clásico estereotipo de lobo malo que se deu tradicionalmente nos contos clásicos. O texto preséntasenos en frases curtas e cunha letra mediana, que xoga coa súa posición e a combinación de maiúsculas e minúsculas para resaltar as palabras chave. O seu vocabulario é sinxelo e caracterízase pola forza das ideas que transmite e que a converten nunha obra axeitada para nenos e nenas de tres anos en diante.

A cuberta amosa o protagonista no centro da páxina camiñando despreocupadamente, mentres que ás súas costas, no recanto superior, intúese a presenza do antagonista (o fociño e as garras do lobo malo). O título semella estar escrito con la, o que enfatiza o feito de que o animal protagonista é un lobo bo, xa que se trata dun material co que xogan os gatos ou cans domésticos e se caracteriza pola súa textura cálida e suave. Os debuxos interiores son sinxelos e de trazo redondeado, e acompañan o texto representando accións, de xeito que o complementan e mesmo o substitúen nalgunha ocasión, o que facilita e dinamiza a lectura A maioría das páxinas presentan un fondo branco, aínda que algunhas amosan paisaxes que axudan a situar as actuacións.

Potencialidades educativas. Esta obra serve para amosar que cadaquén elixe a súa forma de ser, aínda que non se adapte aos moldes preestablecidos ou ao que outros agardan. Non todos somos iguais e cadaquén ten que confiar en quen é e en quen pode chegar a ser.

Recursos de interese.
Obra dixitalizada:

As pegadas (Jorge Fernández, Nuria Fernández, Tamara Duarte, Alba Corredoira, Carolina Ramiro, María C. Conde)