Bonilla, Rocío, De que cor é
un bico?, ilust. Rocío Bonilla, trad. María Solar, España: Algar Editorial,
2017, [32 pp.] (ISBN:9788491420590).
Breve descrición do formato e o contido. Este álbum ilustrado preséntanos a Minimoni e o seu gusto
pola pintura. A Minimoni gústalle retratar as cousas da súa vida nos seus
debuxos, pero un día atopase cun problema, non sabe de que cor pintar un bico.
Na búsqueda da cor perfecta fai un percorrido por todas as cores que coñece,
sinalando os aspectos positivos e aspectos negativos que lle atopa a cada cor,
até encontrar a representación perfecta.
A
voz encargada de traer esta historia -dende o principio até o fin- é a da
protagonista, o que lle da moito dinamismo a historia, dado que é ela mesma a
que nos conta que lle gusta e que non de cada cor. O texto transcríbese en
pequenos parágrafos de dúas liñas -algúns un pouco máis amplos- e cunha mestura
heteroxénea de letra: as palabras chave -coma as cores ou as sensacións que lle
transmite- están escritas cunha fonte que parece a man e o resto da oración con
outra máis sinxela -tipografía estándar de ordenador-. As cores e os tamaños da
letra tamén varían, dependendo do momento e da palabra a que nos esteamos a
referir no conto -creando unha harmonía co texto descrito-. O vocabulario
empregado é axeitado para idade a a que vai dirixida o conto (5+), dado que
comenta aspectos da contorna das crianzas. É un texto claro e conciso que,
xunto coas ilustración, mergúllate na historia da protagonista.
A cuberta amosa á protagonista nun
primeiro plano rodeada por botes de pintura e demais utensilios artísticos nun
fondo branco -o que fai destacar os detalles e darnos unha pequena idea da idea
do libro-. As gardas do libro tamén transmiten unha mensaxe: móstranos á
protagonista en diversas posicións pintando ou pensando. As ilustracións que
acompañan a historia son esenciais, posto que van acompañando ó conto de forma
precisa e radiante, debuxos sinxelos que inducen ós pensamentos da
protagonista. Destacar o deseño da protagonista que é moi natural e sen caer
nos estereotipos de xénero, tendo un aspecto realista dentro da visión
figurativa de personaxe de conto. As ilustracións parecen estar feitas con
lapis de cores e as cores empregadas van en función da cor descrita no texto.
Potencialidades
educativas. Este conto pode enfocarse para
traballar diversas temáticas, pero a máis importante é o achegamento a
intelixencia emocional e a capacidade crítica. Cun personaxe subversivo como é
Minimoni -dada súa estética e os seus gustos refrexados no conto- podemos
traballar a rotura dos estereotipos nas nenas e nos nenos e a importancia de
investigar e razoar.
Recursos
de interese.
Obra dixitalizada en castelán:
Mostra do libro en castelán:
Libro dispoñible en euskera:
Blog de interese:
Páxina da autora:
Autoría. As pegadas (Jorge Fernández, Nuria Fernández, Tamara Duarte,
Alba Corredoira, Carolina Ramiro, María C. Conde)
No hay comentarios:
Publicar un comentario