miércoles, 2 de mayo de 2018

El lobo Rodolfo



Hib, Claudia; Hib, Nora; Hib, Vera, ilus. Hib, Nora, El lobo Rodolfo, Buenos Aires: Alfaguara Infantil Editores, 2009, [32 pp.] (ISBN: 9789504643081).

Breve descripción do formato e o contido. Este libro trata sobre un lobo chamado Rodolfo que quería facer amigos, pero que contaba cun obstáculo para iso, a súa propia aparencia. Xa que debido a ela os demais animais afastábanse del pensando que poderían facerlle dano. Logo de innumerables intentos por intentar incluírse nos diversos grupos de animais, realizando diferentes fazañas e disfraces entendeu que non lograría o seu obxectivo se non facía outra cousa. Para o que decidiu facer algo máis especial. Que fixo Rodolfo para conseguir que todos os animais fosen os seus amigos? E Con que motivo?

Respecto dos aspectos formais podemos dicir que o libro ten tapa dura e que na cuberta aparece o protagonista, o noso lobo Rodolfo, vestido de xirafa, o que representa unha das escenas do propio libro. As ilustracións son tipo debuxo coma se fosen pintadas con lapis Carioca, con uso de cores moi rechamantes. Estes debuxos facilitan a comprensión do texto, xa que escenifican o que se vai narrando. Ademais na maioría de páxinas ocupan máis os debuxos que as letras. Estas últimas son de pequeno tamaño tipo letra de ordenador e pouco rechamantes sendo homoxéneas e de cor negra. Unicamente se fai visible o cambio de letra ao facer referencia a onomatopeas, palabras que teñen sons que se asemellan ao que significa, as cales aparecen en letra cursiva. Sendo a maior parte do tempo unha narración, fóra diso pequenas frases, feitas en primeira persoa, expresadas polo lobo Rodolfo. Mantén a estrutura normal dun conto no cal se suscita un problema, o protagonista realiza algo mediante o cal resolve o problema ou pecha ese problema, é dicir, introdución, nó e desenlace. O conto desenvólvese no que parece unha selva. Todos os personaxes do conto son animais, entre os que atopamos xirafas, monos, leopardos, flamencos, serpes, etc.

Potencialidades educativas: Este conto é adecuado para tratar o tema da xeneralización, é dicir, evitar entender que por que a un colectivo se lle defína como algo negativo, xa todos os compoñentes deste deben selo, xa que como vimos ao longo do conto pode haber excepcións como no caso do lobo Rodolfo. Ademais de traballar que en ocasións as aparencias enganan, e non porque alguén pareza unha mala persoa debe de selo. Para rematar, tamén sería adecuado traballar a valoración positiva do diferente, a confianza nun mesmo, a importancia de coñecer o mundo que nos rodea e a procura da amizade que é algo de suma importancia nas nosas vidas.


Recursos de interese:

Conto online: 

Conto en vídeo:

Autoría. As pegadas (Jorge Fernández, Nuria Fernández, Tamara Duarte, Alba Corredoira, Carolina Ramiro, María C. Conde)

No hay comentarios:

Publicar un comentario