miércoles, 2 de mayo de 2018

Una feliz catástrofe

Turin, Adela, Una feliz catástrofe, ilust. Nella Bosnia, España: Kalandraka, 2014, [40pp.] (ISBN: 9788484648871).

Breve descrición do formato e o contido. Este libro recolle a catástrofe dunha familia de ratos na que destaca a presenza de roles tradicionais de xénero. A protagonista atopa unha solución e transforma a súa vida monótona nunha vida chea de aventuras. Durante esta transformación os membros da familia van asumindo novos roles. Por unha banda, o señor rato traballa nunha empresa e ao rematar a súa xornada laboral adícase a descansar e gozar da cea que a súa muller lle ten sempre preparada. Pola contra, a protagonista presenta as características da muller tradicional (doce, modesta e dócil). Era a persoa encargada de manter limpo o tobo e de coidar aos seus fillos/as pero un día decide independizarse habilitando un novo fogar, comezando así unha nova vida chea de aventuras. Durante a catástrofe resáltase a figura materna xa que a protagonista dirixe en todo momento a situación.
Neste álbum ilustrado de estrutura clásica (introdución, nó e desenlace) representase a discriminación na realización das tarefas domésticas sempre asignadas ou atribuídas ao xénero feminino.
A voz narradora conta a historia dende a terceira persoa, polo que non é un personaxe da historia. Con respecto ao campo semántico, podemos dicir que destacan aquelas palabras relacionadas co fogar.
Con respecto aos aspectos formais, cabe destacar que a cuberta é de tapa dura e nela aparece representada a catástrofe que provoca a transformación dos roles tradicionais de xénero presentes nesta familia de roedores. As gardas presentan unhas cores vivas e cheas de cor. Ademais, non existen unhas cores marcadas, é dicir, a maioría das cores están presentes. O tamaño da letra é grande e o seu deseño é moi xeométrico. Todos os espazos representados son interiores (fogar familiar). Para finalizar, diremos que todos os obxectos presentes nas ilustracións aparecen representados nun tamaño moi grande. 

Potencialidades educativas. Esta fábula é moi propicia para traballar a coeducación e para revisar o lugar que ocupa a figura feminina na familia e na sociedade. Ademais, permítenos modificar e eliminar os estereotipos machistas desde a infancia; promovendo así a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.


Recursos de interese. 

Conto realizado polo alumnado: 

Conta contos: 
      
Conto levado á aula:
Autoría. As Pegadas (Jorge Fernández, Nuria Fernández, Tamara Duarte, Alba Corredoira, Carolina Ramiro, María C. Conde).

No hay comentarios:

Publicar un comentario