Quintiá, Xerardo, Titiritesa, ilust. Maurizio A. C. Quarello, Pontevedra: OQO, col.
“Colección O”, 2007, [48pp]. (ISBN: 9788496788961)
Breve descrición do formato e o contido. Titiritesa é unha princesa, pero non
quere ser como son todas elas. Ao contrario que a súa nai, que pretende que
aprenda modais de princesa, está farta de non poder ser como ela quere. Un día
decide marchar da casa e coñece o burro Bufaldino. Este axúdalle a salvar a
princesa Wendolina, que está secuestrada polo monstro Zamposiete Deumbocado e
da cal se namora. A historia culmina cun final feliz, aínda que á raíña non lle
gusta moito a elección da súa filla. É esta unha lectura subversiva, dado que
rompe co papel tradicional outorgado ás princesas, pois Titiritesa acaba por
converterse nunha auténtica heroína e non precisa da figura masculina para
valerse.
Este álbum conta unha historia a
través dun narrador externo en terceira persoa e unha escolla sintáctica e
léxica sinxela, que sobresae pola súa musicalidade e destaca, en ocasións,
certos termos pola súa relevancia. Non obstante, aparecen certas cuestións que
precisan do mediador para seren entendidas pola nenez, quen tamén pode seguir a
historia polos debuxos próximos á caricatura e de cores vistosas, e realizados
con pintura. A cuberta, na súa maior parte vermella, amosa ás dúas
protagonistas ennmarcadas nunha figura circular, mentres que na contracuberta
aparecen o burro Bufaldino e o monstro Zamposiete Deumbocado.
Potencialidades
educativas. Con esta obra pódense traballar os
distintos tipos de relacións amorosas, modalidades de familia e a cooperación.
A lectura deste conto rupturista tamén serve para abordar a homofobia.
Recursos de interese.
Obra dixitalizada en castelán:
Conto Titiritesa con sombras:
Blog que comenta e fala da obra:
As
pegadas (Jorge Fernández, Nuria Fernández, Tamara Duarte, Alba Corredoira,
Carolina Ramiro, María C. Conde)
No hay comentarios:
Publicar un comentario