Gil, Carmen, ¡Qué
fastidio ser princesa!, ilust. Daniel Montero Galán, España: Cuento de Luz,
2012, [28 pp.] (ISBN: 9788415241140).
Breve descrición do formato e o contido. Este álbum ilustrado amósanos a historia dunha princesa
chamada Nona que non quere seguir coa súa vida acomodada na corte porque
considéraa moi aburrida e con demasiadas esixencias. Farta de tanto
inconveniente, decide cambiar o seu destino. Ao principio Nona non está
convencida sobre se é boa idea ou non cambiar o seu estilo de vida, pero dáse
de conta de que non quere vivir desa maneira e vai na procura de aventuras fora
do seu pazo, enfrontándose a multitude de situacións e pasando por diversos
oficios: bucaneira, cabaleira e xograresa. A historia culmina cando o seu pai
acepta o novo camiño que Nona quere seguir, e a apoia no seu novo oficio fora
do estilo da corte. Trátase ducha lectura subversiva, debido a que rompe co
estereotipo das princesas sen personalidade e submisas, facendo que a princesa
non teña que ser rescatada por ninguén e tendo eleccións propias da súa vida,
aceptando os desafíos e encarándoos.
A voz encargada de traer esta
historia de estrutura clásica –introdución, nó e desenlace- é a dun narrador
omnisciente. Todo o que lle pasa a Nona está dito por este narrador o cal nos
amosa unha protagonista que segue os seus ideais e de aí que loite contra a súa
posición de nobreza para chegar a acadar os seus soños, O texto transcríbese en
versos proporcionándolle ao conto musicalidade e dinamismo. As rimas soan en
consoante, conformadas en estrofas de catro versos, contando con algunha figura
literaria –como son as metáforas ou comparacións-. O texto transcríbese con
uniformidade, a cor e o tamaño das letras son homoxéneas –agás o título do
libro que aparece na historia representado con letras máis grandes-. O
vocabulario empregado é bastante axeitado a idade a que vai dirixida o conto
(5+), engadindo palabras de novos significados. É un texto claro e conciso que,
xunto coas ilustración, mergúllate na historia da protagonista e nas súas
aventuras.
A cuberta amosa á protagonista nun
primeiro plano escapando ou fuxindo do seu pazo, o que xa nos transmite nun
primeiro momento unha mensaxe clara da temática do libro -sendo algo que vai
encamiñado directamente co argumento do conto-. As gardas do libro tamén teñen
moita carga significativa, dado que -xunto coa cuberta- segue proporcionando
información sobre a historia do conto e de que este non vai sobre a típica
historia de princesas, tendo plasmadas caveiras, escudos de cabaleiro e laúdes.
As ilustracións que conforman a historia son moi curiosas, tendo un aspecto moi
pintoresco e divertido dados os seus trazos grotescos -personaxes figurativos- e
o seu variado colorido, adaptándose de forma pertinente o texto en cuestión e
dándolle o dinamismo axeitado a cada escena. As cores empregadas tenden a ser
tonalidades claras nas partes do conto no que a princesa atópase no pazo, pero
pódese observar como estes tons vanse converter en cores máis escuras e frías
cando a princesa está desafiando as súas aventuras.
Potencialidades
educativas. Este conto pode enfocarse para
traballar diversas temáticas, pero a máis importante é que a pesar da túa
situación familiar ou social, podes chegar a ser o que queiras poñendo todo o
teu empeño e formar o teu propio camiño na vida, coma no caso desta princesa.
Outro detalle moi importante do
conto e ver como o estereotipo de princesa rómpese, cambiando as tornas dos antigos
contos sobre princesas na corte que esperan a que un príncipe salve a súa
situación. Un bo inicio na procura da igualdade de xénero.
Recursos
de interese.
Obra dixitalizada:
Posible actividade para levar ao
aula:
As pegadas (Jorge Fernández, Nuria Fernández, Tamara Duarte,
Alba Corredoira, Carolina Ramiro, María C. Conde)
No hay comentarios:
Publicar un comentario