Alejandro, Rocío. A horta de Simón, Trad. Manuela
Rodríguez, Pontevedra: Kalandraka, 2014 [44 pp.] (ISBN 978-84-8464-348-7)
A historia é
contada por un narrador en terceira persoa anque tamén aparecen frecuentemente
diálogos entre os personaxes que van aparecendo ao longo da historia. Dende o
primeiro momento só se mostra o personaxe de Simón pero a medida que van
avanzando as paxinas van aparecendo novos personaxes e tamén se pode observar
como vai surxindo un xogo de composición da horta de Simón mediante un collage
moi agradable. Respecto as imaxes que se mostran son moi sinxelas a través das
cales os nenos poden percibir unha sensación de tranquilidade a hora de
realizar eles mesmos os debuxos. Por último, destacar que esta obra recibiu o X premio
Internacional Compostela para Álbums Ilustrados do 2017.
Potencialidades educativas
con esta historia pódese traballar a natureza, a través da época de cultivo coa
chegada da primavera. Todo isto a través dun traballo colectivo e en harmonía
que terminara cunha amizade.
Recursos de interese
Contacontos:
Autoras: PUMA (Uxía Lojo
Pouso, Andrea Martinez Costas, Paula Moares Piñeiro, Alba Nieto da Costa,
Montserrat Santibáñez Varela)
No hay comentarios:
Publicar un comentario