Darién, Juan. A guerra dos Números, Trad. Marisa
Núñez, Pontevedra: OQO editora: Colección O, 2009 [53 pp.] (ISBN
978-84-9871-154-7)
Mediante esta recreación
ficticia, estase a elaborar unha metáfora coa que se evidencia a equivocación
na que están instaladas aquelas persoas desconfíante de todo aquilo que se
presenta como diverxente. Pola contra, lánzase unha mensaxe da riqueza que
implican a pluralidade e a variedade. A colaxe dixital é a técnica empregada
para configurar as ilustracións deste texto de inspiración bélica, no que as
imaxes e as fortes cores empregadas evocan, desde unha perspectiva infantil,
diferentes escenas e figuras propias de episodios de confrontación. Por último,
destacar que esta obra defensora da paz e da liberdade recibiu o premio de
ilustración da Fundación Cultural “CJ Picture Book Awards” do 2008.
Potencialidades educativas. Esta
historia ofrece un texto extraordinario para tratar os motivos e as
consecuencias das guerras, ademais de acoller unha mensaxe de enaltecemento da
diferenza e da paz por medio dunha proposta textual e icónica de carácter
metafórico. Tamén se pode utilizar como un instrumento didáctico apropiado para
introducirse nos códigos matemáticos, fundamentalmente, na operación da resta.
Toda esta aprendizaxe conseguirase a través da mediación que supón a linguaxe
narrativa na adquisición de conceptos abstractos.
Recursos de interese
Curtametraxe:
Autoras: PUMA (Uxía Lojo
Pouso, Andrea Martinez Costas, Paula Moares Piñeiro, Alba Nieto da Costa,
Montserrat Santibáñez Varela)
No hay comentarios:
Publicar un comentario