López, Susana, La mejor familia del mundo, ilustr. Ulises Wensell, Madrid: SM,
2008, [32 pp.], (ISBN: 978-84-675-2688-2).
Breve
descrición do formato e contido. La mejor familia del mundo comeza cunha nena dun orfanato que
por fin é adoptada. A nena pasa a noite soñando como sería a mellor familia do
mundo e, aínda que os seus integrantes non son como ela agardaba, decátase de
que ten a mellor familia do mundo. Este álbum ilustrado de 34cm x 24cm amosa
unhas imaxes que xogan coas sombras e difuminados e que complementan o texto,
seguindo unha liña sinxela en trazos e cores, que permite comprender mellor
esta historia de desexos e adopción.
Potencialidades
educativas. Esta
historia é axeitada para traballar a adopción, xa que amosa que unha crianza
non precisa ter unha familia extraordinaria. É suficiente ter unha familia
completamente normal que satisfaga as necesidades dos cativos e cativas para
ser feliz.
Recursos de
interese.
Etiquetas. Familia, adopción, álbum ilustrado.
Autoría. Estibel (Estefanía López Tanoira,
Tiffany Pintos Nieto e Belén Sanmartín Malheiro).
No hay comentarios:
Publicar un comentario