Miró, A., La pequeña hija de Ganges, ilustr. Patricia Geis, Barcelona: Alba
Editorial, [44 pp.], 2014, (ISBN: 978-84-8428-969-2).
Breve
descrición do formato e contido. La pequeña hija de
Ganges é unha obra de perfil autobiográfico que narra a historia de Asha, unha nena de sete anos da India
que vive nun orfanato por falta de recursos económicos na súa familia. Asha era
unha nena feliz, aínda que cría que lle faltaba algo para selo completamente:
unha familia. Non parou ata que conseguiu que unha parella de Barcelona a
adoptara e, cando chegou á cidade, atopou a plena felicidade xunto á súa nova
familia. Atopámonos cun álbum ilustrado que combina o texto cunha selección de
imaxes cargadas de cor que complementan o mesmo, dándolle á historia una mellor
interpretación.
Potencialidades educativas. Con esta obra podemos traballar de maneira sinxela o tema da adopción, o máis desexado pola protagonista deste álbum. Ademais, abordaremos o compañeirismo e as dificultades que poden aparecer coa convivencia, dificultades que poderán semellarse ás presentes na aula.

Etiquetas. Familia, adopción, álbum
ilustrado.
Autoría. Estibel (Estefanía López Tanoira,
Tiffany Pintos Nieto e Belén Sanmartín Malheiro).
No hay comentarios:
Publicar un comentario