Amavisca, L., Eleneja,
ilustr. Mónica Carretero, Barcelona: Flamboyant, 2017, [40 pp.] (ISBN:
978-84-946035-8-7).
Breve
descrición do formato e contido. Eleneja é un
álbum de tapa dura, de 23x25cm, que trata dun animal que non sabe quen é, pois
é filla dunha xirafa e non atopa similitudes coa nai. Atópase nunha familia
completamente distinta e emprende o camiño para poder coñecer a súa orixe. As
imaxes sobresaen pola súa capacidade para espertar os sentidos, xa que posúen
unha ampla e poderosa gama de cores. Ademais de complementar esta historia
asentada na procura da identidade, convidan á lectura e a fixarse nos detalles
pola súa forza sedutora lograda polas formas e a cor dos protagonistas, así
como polas cálidas recreacións das escenas.
Potencialidades
educativas.
A principal potencialidade desta obra é traballar os tipos de familia e a
adopción, xa que este animal se atopa nunha familia que, aínda que lle ofrece
todo o seu agarimo, non é coma ela. Ademais podemos aproveitar o álbum para
tratar a diversidade na súa plenitude, visualizándoa como un beneficio e non
como un impedimento.
Recursos de
interese.
Etiquetas. Familia, adopción, álbum
ilustrado.
Autoría. Estibel (Estefanía López Tanoira,
Tiffany Pintos Nieto e Belén Sanmartín Malheiro).
No hay comentarios:
Publicar un comentario