Mayer, Mercer, Un pesadelo no meu armario, trad. Xosé Manuel González, Pontevedra: Editorial Kalandraka, col. ‘’Tras os montes’’, 2004, 36 pp. (ISBN: 978-84-8464-101-8).
Breve descrición do formato e contido. O presente álbum ilustrado, relátanos en primeira persoa, como un neno consegue facer fronte aos medos que tanto lle agardan cada noite no seu cuarto.
Quen non tivo medo algunha noite? Ás veces, os pesadelos agóchanse nos armarios e asústannos dende alí. Pois disto vai esta historia, trata sobre o medo que sofren os nenos e nenas ao caer a noite, con todos eses monstros, pesadelos, preocupacións que neste caso padece o noso pequeno protagonista. Este neno, tódalas noites antes de deitarse, cheíño de medo pechaba a porta do seu armario, xa que sabía que alí residíao seu pesadelo. Noite tras noite metido na cama, o medo apoderábase del e case nin se atrevía a botar unha ollada cara aquela porta. Un bo día, armouse de valor e decidiu facer fronte ao seu pesadelo e liberarse del para sempre. Cando chegou a hora, prendeu a luz do cuarto e atopouno aos pés da cama, sacou a súa escopeta de xoguete e berroulle que liscara de alí, que o deixara en paz. De súpeto, o pesadelo , do tremendo susto que levou, botouse a chorar e, choraba tanto, que o neno avisouno de que calase, que ía espertar os seus pais, pero coma este non paraba de chorar, colleuno pola man e meteuno na súa cama. E alí quedaron os dous durmidiños, o pesadelo e o rapaz, que logo se deu conta que non era para tanto e que agora, o pesadelo, xa non daba medo.
Esta historia plasmada en formato rectangular, con portada e contraportada ríxidas de tacto suave, mostra unha estrutura lineal presentada a través dunha linguaxe sinxela, realista e con un ton de humor. A voz narrativa móstrase en primeira persoa do singular a través do noso protagonista. Preséntase un texto mínimo con frases curtas e simples, moi sinxelo, xa que todo o peso narrativo atópase nas ilustracións, moi realistas figurativas e complementarias cargadas cun toque de humor. As ilustracións resultan moi significativas xa que represéntanse cunhas cores, ao inicio, de tonalidades frías, simbolizando o medo que se apodera do neno e de todo o seu cuarto, e a medida que se desenvolve a historia, aparecen os tons máis cálidos como o laranxa, que expresan a tranquilidade do medo vencido e polo tanto o cuarto, territorio do neno. Outra información relevante que nos aportan as ilustración son as expresión faciais tanto do monstro coma do neno, as miradas, os xestos. As ilustracións tamén resaltan por conter trazos característicos do famoso pintor Van Gogh que resultan totalmente acordes coa narración. En resumo, as cores, a disposición das esceas, a sencillez do texto, e a xestualidade dos protagonistas son indicadores que nos atopamos ante un álbum ilustrado de calidade.
Potencialidades educativas. Este álbum ofrécenos una lectura dos medos infantís que hoxe en día presentan os máis cativos. Mediante a súa lectura propíciase una relaxación cara este tema que pode axudar a superar o medo. Ensínase a que hai que ser valente para superar os medos, xa que deben enfrontarse a eles e evitar o medo a non querer coñecer. Tamén reflexa valores como o respeto e o sentirse querido e acompañado.
Recursos de interese.
Blog con actividades:
Grupo conflitos persoais (Nuria Castiñeira Rodríguez, Sandra Dapena Hortas, Sheila Domínguez da Costa, Carmen Eiras Conde, Sara Fernández Luna e Silvia Fraguas Juncal).
No hay comentarios:
Publicar un comentario