Carson, E. Mil hogares. Madrid:
Alfaguara. (+ 4 anos), 2015, [40 pp.] (ISBN: 978-84-204-1872-8)
Descrición
do formato e o contido: Este precioso libro ilustrado de
tapa dura e de gran formato, introduce xa na súa cuberta o tema da diversidade
xa que descubrimos os diferentes fogares (reais ou imaxinarios) nos que habitan
as persoas de múltiples países. Desta maneira, un fogar pode ser un edificio, un
palacio, unha cabana, un zapato... sendo numerosas as posibilidades. Tamén
atopamos tamaños e formas dispares, isto é, casas altas, baixas, desordenadas,
limpas; os destinatarios son, así mesmo variados, por exemplo, casas para
paxaros ou artistas. O autor ofrece ilustracións a toda cor en tons ocres e moi
sutís atractivas á vista, cheas de pequenos detalles na totalidade de cada
páxina. Nesta divertida obra, o texto de
cor negra e delicado trazado, nótase o compoñente emocional en canto as
sensacións encontradas cando se ha de marchar dun lugar querido. Nas dos
últimas páxinas atopamos á ilustradora, no interior e exterior dunha casa, que
nos fai dúas preguntas finais a modo de reflexión.
Potencialidades: Ampliar
conceptos de forma entretida e amena. Cada minucioso detalle fai espertar a
curiosidade e fomenta a observación e atención no alumnado.
Recursos de interese:
Etiquetas: Casas,
Construcións, vida cotiá, multiculturalidade, vida social, costumes,
diversidade cultural.
Autoría: Prímulas:
Sonia Álvarez García, Mónica Planet Márquez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario