Mostrando entradas con la etiqueta costumes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta costumes. Mostrar todas las entradas

sábado, 28 de abril de 2018

Mil hogares



Carson, E. Mil hogares. Madrid: Alfaguara. (+ 4 anos), 2015, [40 pp.] (ISBN: 978-84-204-1872-8)


Descrición do formato e o contido: Este precioso libro ilustrado de tapa dura e de gran formato, introduce xa na súa cuberta o tema da diversidade xa que descubrimos os diferentes fogares (reais ou imaxinarios) nos que habitan as persoas de múltiples países. Desta maneira, un fogar pode ser un edificio, un palacio, unha cabana, un zapato... sendo numerosas as posibilidades. Tamén atopamos tamaños e formas dispares, isto é, casas altas, baixas, desordenadas, limpas; os destinatarios son, así mesmo variados, por exemplo, casas para paxaros ou artistas. O autor ofrece ilustracións a toda cor en tons ocres e moi sutís atractivas á vista, cheas de pequenos detalles na totalidade de cada páxina.  Nesta divertida obra, o texto de cor negra e delicado trazado, nótase o compoñente emocional en canto as sensacións encontradas cando se ha de marchar dun lugar querido. Nas dos últimas páxinas atopamos á ilustradora, no interior e exterior dunha casa, que nos fai dúas preguntas finais a modo de reflexión.

Potencialidades: Ampliar conceptos de forma entretida e amena. Cada minucioso detalle fai espertar a curiosidade e fomenta a observación e atención no alumnado.


Recursos de interese:
 

Etiquetas: Casas, Construcións, vida cotiá, multiculturalidade, vida social, costumes, diversidade cultural.


Autoría: Prímulas: Sonia Álvarez García, Mónica Planet Márquez.

Antón e o apalador

Castro Lima, Manuel e Ameixeiras Sánchez, Mª del Mar, Antón e o Apalpador, ilust. Francisco Ameixeiras Sánchez, Barafunda editorial, 2009 [36 pp.] (ISBN: 978-84-614-3320-9)


Breve descrición do formato e contido. Este é un álbum ilustrado con tapa dura de dimensión 20 x 20 cm que inclúe un pequeno número de follas de dogos. En canto ao discurso visual, podemos dicir que os debuxos son sinxelos, chamativos e soen ocupar as dúas follas. Ademais, Francisco Ameixeiras utiliza as cores azul e amarelo nos debuxos que suceden na noite e o verde e o laranxa nos que suceden de día. Estas ilustracións sempre están acompañadas de frases simples e que non sempre están dispostas de forma horizontal -por exemplo, en forma que semella a unha serpe.- A tipografía empregada neste álbum é de fácil comprensión, está escrita en cores branca -case sempre- e negra e soe estar disposta na parte superior das follas, aínda que tamén  pode aparecer na parte inferior. Por último, cabe resaltar que neste álbum xógase co tamaño das letras para darlle intensidade ao discurso -coma Antón, estrelas, perdido, abraiado…-


O protagonista da historia é Antón, un neno que vive na cidade e ao que lle apaixonan as estrelas. Tras recibir unha invitación da súa madriña para pasar o Nadal na súa casa do Courel emprende a súa viaxe en autobús, pero como ao chega non hai ninguén agardándoo, vota a andar. Cando cae a noite dase conta de que está perdido, ainda que pouco despois encontrará a casa. Ao entrar atópase co Apalpador, un home xigante con barba vermella que lle conta unha morea de historias ata que queda durmido. Ao despertar á mañá seguinte está na casa da súa madriña, quen lle di que todo foi un soño, ainda que dase conta de que non o foi cando ve os agasallos que lle deixou: un cabalo de madeira e unhas castañas. A partir dese Nadal, Antón recibe tódolos anos a súa visita.


Potencialidades educativas. Con este libro podemos achegar aos nenos e nenas a importancia de conservar e recuperar as tradición da cultura da nosa contorna -contos, historias e  cantigas- como neste caso a figura do Apalpador. Isto creará nos máis pequenos o interese polas tradición, festas e costumes da contorna galega, facilitando así a súa recuperación.
Tamén podemos destacar a utilidade dos xogos incluídos no álbum como obxecto de mellora da comprensión lectora, xa que a través destas actividades lúdicas e sinxelas como pintar ou facer laberintos poderás demostrar a comprensión que fixeron da historia.

Recursos de interese.
  • https://www.youtube.com/watch?v=h3w1b3evUN4

Autoría. Festeiras (Icía Domínguez González, Irene González Ibáñez e Laura Juanatey Martínez)

jueves, 22 de marzo de 2018

As pescadoras

Ballesteros, Xosé (adapt), As pescadoras, ilust. Nadia Menotti, Pontevedra: Editorial Kalandraka, (+5 anos), 2017, [36 pp. ] (ISBN: 978-84-8464-283-1).

Descrición do contido textual e visual: Este álbum ilustrado de formato cadrado (22x22 cm) e de tapas duras recolle a adaptación dun conto tradicional da India. O texto aparece nas páxinas esquerdas e as ilustracións nas dereitas, aínda que, en ocasións, os debuxos ocupan as dúas páxinas. Baixo este esquema compositivo, os nenos e nenas poden descubrir a historia dun grupo de mulleres que, despois dunha hostil tormenta, atopan refuxio na casa dunha florista. O texto que sostén esta historia caracterízase polo poder suxestivo das súas descricións que fan espertar os sentidos do lector, especialmente, o do olfacto, pois as pescadoras non mudan o rico olor da casa da florista polo intenso cheiro do mar. Nadia Menotti enriquece esta historia coas súas ilustracións conformadas por obxectos e detalles elaborados con madeira, arame, cartón e elementos textis que logran unhas incribles imaxes de inspiración realista.

Potencialidades de la obra para educación infantil: Este texto caracterizado por unha intensa plasticidade aséntase na formulación das diverxencias, mediante a escolla do cheiro das flores ou do peixe. En consonancia coas tradicións culturais, a resposta pode ser unha ou outra. Cando as peixeiras pasan a noite na casa da florista, prefiren o cheiro do peixe antes có das flores, xa que elas estaban acostumadas a el e non ao aroma das flores. Ademais na obra aparecen outros elementos relevantes: o duro traballo das pescadoras e a solidariedade da florista que as acolle con suma hospitalidade. A través desta obra enaltécese a defensa da identidade e do propio máis alá da dureza que supón, xa que as protagonistas se reafirman na súa condición de pescadoras ao non trocar a dureza do seu labor pola delicadeza das flores.

Autoras: SQRUPS (Ángela López Ferradás, Miriam Rodríguez Martínez, Valeria Vázquez Martiñán, Laura Veiga Darriba).