Baumann, A. S. Niños del mundo, ilust. Laurence James, Madrid:
SM. (+ 4 anos), 2009, [14 pp.] (ISBN: 978-84-675-3512-9)
Descrición do
formato e o contido: O libro, de carácter informativo, preséntase nun formato
de 20x33cm en cartoné. A súa cuberta e contracuberta ten unha cor laranxa ben
chamativa onde apreciamos figuras de animais e persoas na súa vida diaria. A
través da visión de diferentes situacións cotiás contadas por nenos procedentes
de diversas partes do mundo (Marruecos, Mali, India, China, Rusia, Australia,
EEUU, Perú, Brasil e Grecia) observamos as características tan peculiares que
agochan imaxes reais sobre un elemento determinado baixo cada un das abundantes
lapelas existentes ao longo do libro. O autor resalta cada escena cotiá con
ilustracións rebosantes de cores que transmiten enerxía e vitalidade, mostrando
de cada país as típicas festas, comidas música, etc. O libro inclúe un
magnífico mapa despregable onde se contemplan os cinco continentes con detalles
moi significativos.
Potencialidades: É de fácil
manexo para os mais cativos, e posúe un deseño extraordinario para traballar
nas aulas todo o relativo ao mundo da diversidade cultural tan presente hoxe en
día.
Etiquetas: Vida cotiá, interculturalidade,
diversidade.
Autoría: Prímulas:
Sonia Álvarez García, Mónica Planet Márquez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario