martes, 10 de abril de 2018

Rosa Caramelo

Turin, Adela., Rosa Caramelo (Xosé Ballesteros), ilust. Nella Bosnia, Colección Libros para soñar, Pontevedra: Editorial Kalandraka, 2012 [40 páxinas] (ISBN: 978-84-8464-798-0)

Breve descrición do formato e do contido: Rosa caramelo é un álbum ilustrado de cartoné de dimensións 21,5 x 27 cm. Do discurso visual cabe destacar a súa estrutura, propia dos álbums ilustrados: o texto soamente ocupa unha pequena parte da folla, deixando o resto do espazo ás ilustracións. As ilustracións de Nella Bosnia son grandes e cun marcado contraste entre o gris e o rosa, con moita luminosidade e cores vivas, intentando dar énfase ás diferenzas de xénero e captar a atención das e dos lectores.
Sobre o discurso textual, móstrase en letras minúsculas nun tamaño medio, sempre sobre un fondo branco e cun vocabulario sinxelo, facilitando a lectura e a comprensión dos máis pequenos.

Nesta historia, Adela recrea a historia de Margarita, unha pequena elefanta que vive nunha manada na que a cor da pel determina a forma de vida que deben levar: os elefantes grises comen herba, dormen baixo as árbores e rebózanse en todos lados; mentres cas elefantas rosas comen petunias, levan zapatos e lazos e viven dentro dun valado. A presión dos pais e do resto da manada non impedirá á elefanta que loite polos seus desexos, conseguíndoo ao final da historia.

Potencialidade educativas: A través desta obra podemos facer chegar ao nenos e nenas a idea de igualdade entre homes e mulleres -igualdade de oportunidades- e da existencia dos estereotipos que impón a sociedade coma a vestimenta, os gustos…  Ademais do valor da perseveranza ao non renderse a pesar dos inconvenientes que se presenten. Por último, tamén cabe destacar a importancia da educación emocional, é dicir, dos cambios que se producen no ánimo das persoas segundo as situacións que se produzan. Será de gran utilidade no día da Muller (8 de marzo)

Recursos de interese:
Dramatización do grupo de 4º de infantil do CEIP Maximiliano Gil (castelán): https://www.youtube.com/watch?v=LF3qZW_Q91A

Autoría. Festeiras (Icía Domínguez, Irene González e Laura Juanatey)

No hay comentarios:

Publicar un comentario