domingo, 29 de abril de 2018

Onde viven os monstruos


Sendak, Maurice, Onde viven os monstros, ilust. Maurice Sandak, Pontevedra: Kalandraka, 2000, [38 pp.], (ISBN: 9788484648598).


Breve descrición do formato e contido. Álbum ilustrado de formato rectangular (23 x 26 cm), con encadernación de tapa dura. Na cuberta aparece a imaxe do mundo dos monstros no que podemos observar o barco do protagonista e un monstro durmindo nun lateral. O título aparece na parte superior da portada centrado e na parte inferior, nas mesmas letras, o nome do ilustrador e autor do texto.





As páxinas interiores son grosas e as súas ilustracións ocupan toda a páxina. Nelas podemos ver a aventura que vai vivir o protagonista. Os personaxes e as paisaxes móstranse con cores escuros, en tons grises, mostrando así semellanzas cos sentimentos do protagonista (rabia, enfado...). Os textos tamén van contando o sucedido dunha maneira sinxela e breve. A historia conta a aventura de Max, quen di que quere ser un monstro e se comporta como tal. Unha noite a nai de Max castígao e mándao ao seu dormitorio. O neno está enfadado e quere marcha de alí. Entón o seu cuarto convértese nun bosque, onde atopa unha barca. Viaxa durante un ano ata que chega ao mundo dos monstros e o proclaman rei. Max vive con eles un tempo ata que decide regresar á casa, onde o espera a súa cea que aínda estaba quente.


Potencialidades educativas. Este é un álbum adaptado para nenos e nenas de educación infantil e primaria. Permite traballar con eles/as a interculturalidade, así como a confianza e a autonomía. Tamén supón unha proposta textual e icónica para abordar os procesos que vive a infancia cando é sancionada cun castigo.


Recursos de interese.
Proposta didáctica sobre o conto:

http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/ecoblog/mcanlop/2012/02/06/lecturarecomendada-donde-viven-los-monstruosmaurice-sendak/ 

Autoría: Elefantas (Sara Alonso, Sheila Álvarez, Valentina Cáceres y Cintia González)

No hay comentarios:

Publicar un comentario