domingo, 29 de abril de 2018

Cuervo


Timmers, Leo, Cuervo, Valencia: Algar, 2017, [26 pp.] (ISBN:978-84-9845-165-8).


Breve descrición do formato e contido. Álbum ilustrado de formato rectangular (23 x 26 cm), con encadernación de tapa dura. Na cuberta aparece o protagonista Corvo levando botes de pintura con cara de preocupación. O título aparece centrado na parte inferior da portada na mesma cor negra do protagonista.












As páxinas interiores son grosas e as súas ilustracións, nas que se recolle os cambios de Corvo, ocupan toda a páxina. O fondo é branco para contrastar máis a diferenza entre o protagonista de cor negra e os outros paxaros que son de cores vivas. Os textos van contando a historia dunha maneira sinxela e breve. Nela cóntase a vida dun corvo que sempre estaba só, porque lle daba medo ao resto de paxaros, un papagaio, un ferreiriño e un pimpín, que eran de moitas cores. A Corvo ocorréuselle a idea de pintarse coas cores dos outros paxaros, pero non funcionou porque seguían escapando del. Entón, púxose moi triste e borráronselles as cores de tanto chorar. Cando os outos paxariños o viron, alegráronse e dixéronlle que menos mal que volvera, porque fora un pimpín, un papagaio e un ferreiriño moi grande que os asustaba. Dende ese día fixéronse amigos.


Potencialidades educativas. É un álbum adaptado para nenos e nenas de educación infantil e primaria. Permite traballar con eles/as a interculturalidade, os complexos, a autoestima, a amizade e os beneficios das diferenzas entre distintos seres.

Recursos de interese.
Comentario da obra (vídeo de Iro Blanco):

https://www.youtube.com/watch?v=hvq1x5tjzFc


Autoría: Elefantas (Sara Alonso, Sheila Álvarez, Valentina Cáceres y Cintia González)

No hay comentarios:

Publicar un comentario