miércoles, 9 de mayo de 2018

La ruta del Ratón Cartero



Dubuc, Marianne, La ruta del Ratón Cartero, ilust. Marianne Dubuc, Barcelona: Editorial Juventud, 2015,[32pp], (ISBN 978-84-261-4336-5 )


Breve descripción do formato e contido. O libro que nos encontramos a continuación ten pouca letra pero cunhas ilustracións moi detaiadas. A autora e ilustradora Marianne Dubuc utiliza as ilustracións como medio de comunicación e de transmisión os pequenos lectores.
Durante o trancurso da historia, o ratón cartero vai viaxar pola “cidade” entregando as cartas. Sen darse conta vai visitar lugares moi sorprendentes e visitará animais de todo tipo.
Como comentábamos anteriormente as ilustracións son primordiais para o desenvolvemento da obra. Son moi detaiadas e varian dependendo do animal e onde sea o seu lugar de residencia. Como por exemplo o Señor Topo que vive baixo terra ou os pingüinos e o seu iglú. Neste intre temos que destacar que o Rato sempre vai cambiando de atuendo para as diversas visitas. Ponse roupa de abrigo con fai frío ou traxe de buceo cando se mete na auga.
Libro moi orixinal para dar a coñecer os diferentes animais e como viven cada un deles. Ten unhas dimensións mais amplas de normal, xa que fan resaltar mais as ilustracións. Despois desta edición, publicáronse outros dous títulos mais: “As vacacións do Rato Cartero” e “A ruta extraordinaria do Rato Cartero”.


Potencialidades educativas. Nesta obra podemos destacar a diversidade de animais que aparecen e como viven estes. Na aula podemos tratar diversos temas como pode ser a diverdidade de animais, como vive cada un de estes animais ou coma viaxa o rato cartero para chegar nunha casa á outra. E un libro moi divertido, sobre todo para nenos de 0-6 anos. As ilustracións tan detaiadas das vivendas dos animais farán que os alumnos aprecien mellor os detalles.

Recursos de interés.
Autoría: Patricia A. Gerosa Moretti

Cuentos como pulgas



Osés, Beatriz, Cuentos como pulgas, ilust. Miguel Ángel Diez, Sevilla: Editorial Kalandraka, 2013. [45pp], (ISBN 978-84-92608-74-4 )

Breve descripción do formato e contido. O libro que nos encontramos a continuación está composto de 32 micro-relatos, curtos pero moi densos. Estes micro-relatos de animais está cheo de maxia, ilusión, cariño e sobre todo dunha gran imaxinación para que o posible lector poida soñar mentras lee. A temática principal do libro é a fantasía e vanse distribuir en 4 grupos: contos de auga, contos de ceo, contos de terra e contos de noite.
As ilustracións de Miguel Ángel Díez axudan a que o lector se envolva dentro de cada relato e incremente a súa imaxinación. As ilustracións están cheas de cores moi alegres e vivos e as imaxes cheas de texturas.

Potencialidades educativas. Este conto ten unhas potencialidades educativas moi amplas xa que se poden tratar amplitude de temas. É un libro perfecto para potenciar a imaxinación e a creatividade dos nenos e nenas. Axudan a que os alumnos vexan todos dende outra perspectiva, alexadas do que é o habitual. Potencia o pensamento aberto e crítico.

Recursos de interés.
Autoría: Patricia A. Gerosa Moretti

martes, 8 de mayo de 2018

O Rei Ra


Suárez, Alicia, O Rei Ra, ilustr. Alicia Suárez, Pontevedra: Kalandraka, 1998, [10pp.], (ISBN: 84-923553-9-5).
  


Breve descrición do formato e contido. É este un álbum ilustrado de tapas duras . Nel predominan as ilustracións combinadas co texto, cores chamativos coma o vermello ou o verde que simbolizan a ra, e o amor que está presente ao longo de todo o relato. A linguaxe empregada é sinxela, con unha letra grande para que os nenos a poidan ler sen ningún problema.
 As ilustracións son moi sinxelas pero non necesita máis que iso porque a través de elas cóntanos o relato. É unha historia típica pero con unha distinción, en vez de ser o sapo que se converte en príncipe é unha rá. Durante todo o conto amósanos o interés da princesa pola súa pelota e o enamoramento da ra dende o principio. Tamén nos demostra que ser insistente cos teus sonos é o principal para chegar a conseguilos xa que a rá fíxose príncipe e a princesa namorouse nada máis velo.
O narrador co seu relato, amósanos que a beleza está no corazón e no interior das persoas.

Potencialidades educativas. Esta obra ten como principales potencialidades o amor, a perseveranza da ra, a amizade que existe entre os dous protagonistas, a figura paternalista do pai , a cooperación que existe entre a rá e o pai da princesa e por último aprendimos a lección de que o amor e a beleza están no corazón.

Etiquetas: perseveranza, amizade, amor, beleza.

Autoría. Xoubiñas (Nuria Mª Serodio Pérez, Sara Vázquez Montes e Cristina Vidal García).


Willy el Tímido


Browne, Anthony (2003), Willy el Tímido, ilust. Anthony Browne, México DF, ediciones fondo cultura económica. [36 pp] (ISBN 968-16-3653-8).



Breve descripción del formato y contenido de la obra: Álbum ilustrado cuadrado ( 23 x 23 cm) con formato de tapa dura, donde en la portada aparece el protagonista y su sombra, simulando su “yo” interno. Contiene 36 páginas con buena calidad de papel. Es un cuento muy visual, con ilustraciones grandes, con mucha fuerza, coloridas y llenas de expresividad. Ayudan a conducir la historia con mucha firmeza. El texto es breve en tamaño pequeño y color negro sobre fondo blanco.
Willy era incapaz de matar una mosca. Cuando camina por la calle procura no pisar insectos y si alguien se choca con él siempre pide perdón, aunque no sea su culpa. Los gorilas del barrio le pegaban y le llamaban Willy el tímido. A él no le gustaba ese nombre. Una noche vio un anuncio que ofertaba unos músculos de escándalo y él pensó que era lo que necesitaba. Un día le llegó un libro a casa que le decía lo que tenía que hacer: unos ejercicios, correr, una dieta especial, aerobic, a un club para desarrollar los músculos, pesas, etc. Hasta que Willy se fue haciendo más grande. Un día Willy paseaba por la calle y vio a los gorilas atacando a Millie. Todos escaparon y Millie lo proclamó su héroe. Willy estaba tan orgulloso que paseando se chocó con una farola, al ir distraído y le pidió perdón.


Potencialidades educativas: Es un libro cargado de humor, fantasía e ilusión. Trabaja como tema principal la autoestima. Con este libro podemos hablar de las ventajas saludables, la dieta equilibrada y el ejercicio, el hecho de sentirse bien con uno mismo. Podemos trabajar la educación en valores, Willy es una persona buena y educada, no ataca a nadie. No emplea su fuerza para beneficiarse, sino que la utiliza en beneficio de otros. Pero aún habiendo cambiado su forma física, al final del libro se tropieza con un objeto y nos podemos dar cuenta cómo vuelve a ser él, pidiéndole perdón. A pesar de parecer un “matón” sigue siendo el Willy educado del principio del cuento.
En ocasiones podemos cambiar nuestro físico para sentirnos mejor, pero lo importante es nuestro interior, Willy no ha dejado de ser tímido, todo lo que ahora transmite es su exterior, pero su interior sigue siendo igual, el mismo.


Recursos de interés:
Cuestionario del libro: https://es.educaplay.com/es/recursoseducativos/3222130/test_willy_el_timido.htm


Autoría: Paula López Núñez, Inés Montes Carbajales, Raquel Otero Táboas, Nerea Pérez Lago, Ariana Pérez Rodríguez.
Etiquetas: autoestima, álbum ilustrado, Anthony Browne, monos,



E que podo facer eu?


Campanari, José & Cisneros, Jesús, E que podo facer eu?, ilustr. Jesús Cisneros, Pontevedra: OQO, 2008, [30 pp.], (ISBN: 978-84-9871-049-6).



Breve descrición do formato e contido. Éste é un álbum literario ilustrado de tapa dura traducido ao galego por Marisa Núñez no ano 2008. O texto do conto está alternado con imaxes que describen o desenvolvemento da historia. Dito texto ten letras grandes entendibles para un cativo. Tamén conta con acoutacións en letra máis pequena que carecen de importancia na comprensión da historia, pero achegan un toque literario ao conto. Fundamentalmente as cores utilizadas son tristes e carentes de potencialidade cromática, isto móstranos as preocupacións constantes do personaxe principal. As preocupacións do protagonista van desaparecendo ao longo do conto cando se decata do que pode facer, axudar os demais. Axuda a unha veciña comprándolle o pan, xa que sofre dunha doenza, e máis tarde traslada un cativo ao hospital, dado que a nai non pode levalo por mor dos nervios etc. O protagonista consegue a paz interior que tanto anhelaba, sentíndose en plenitude consigo mesmo polo realizado.
Potencialidades educativas. Esta fermosa historia cóntanos a complexa vida das persoas empáticas. As continuas preocupacións do personaxe principal polos problemas dos demais fan del unha figura exemplar. Así os mínimos problemas dos demais quítanlle o sono e fan que actúe de maneira cooperativa, xenerosa, amable, cordial..., ata conseguir ter unhas calidades tan extraordinarias que nos serven de admiración. Outras das potencialidades educativas son a amizade, a educación e a bondade. Aspectos todos eles moi pertinentes para abordar cos máis pequenos e pequenas.

Recursos  de interese.
Conto dixital:

Etiquetas. Xenerosidade, cordialidade, cooperación, empatía, bondade.

Autoría. Xoubiñas (Nuria Mª Serodio Pérez, Sara Vázquez Montes e Cristina Vidal García).

Sígueme (unha historia de amor que non ten nada de raro)


Campanari, José & Olmos, Roger, Sígueme (unha historia de amor que non ten nada de raro), ilustr. Roger Olmos, Pontevedra: OQO, 2007, [48pp.], (ISBN: 978-84-9871-495-1).



Breve descrición do formato e contido. Trátase dun álbum ilustrado de tapas duras traducido ao castelán por Marisa Núñez no ano 2007. Alterna o texto coas ilustracións en cada páxina. As imaxes que se amosan están cheas de colorido e describen perfectamente a historia para que a nenez poida comprendela de maneira sinxela. Conta unha historia fermosa e chea de orixinalidade, na que un elefante moi presumido e insistente trata de namorar unha formiga con cintura de avispa. Ao longo do conto descríbense diferentes situacións polas que pasan os protagonistas rematando nun idilio un tanto peculiar. As cores que predominan son o verde, que representa a esperanza do elefante por conseguir o amor da formiga; e o rosa que mostra a tenrura dos protagonistas durante o desenvolvemento dos sucesos. En xeral predominan as cores rechamante para conseguir unha interacción máis potente. Na cuberta aparece a palabra SÍGUEME que lle dá título ao libro en maiúsculas, a cal aparece repetidas veces ao longo da historia. Seguidamente como subtítulo aparece a frase entre paréntese quitándolle importancia á rareza do namoramento dun elefante e unha formiga.
Potencialidades educativas. A principal mensaxe deste conto é a inexistencia de barreiras no amor. Cada quen pode estar con quen queira sen importar credo, raza ou condición. Outra das ensinanzas desta historia é “se se cre, pódese”, é dicir, a perseveranza do elefante para namorar a formiga deu os seus froitos ao final do conto. Tamén é reseñable como o autor nos ensina que non se debe xulgar a ninguén pola súa aparencia, exemplificado neste conto polo elefante, dado que máis alá das súas características físicas robustas amosa unha gran dozura: a beleza está no interior do noso corazón. Outras das potencialidades educativas que encontramos son a complicidade, o interese, a motivación e a confianza nun mesmo e nos demais.

Recursos de interese.
Conto dixital:

Etiquetas. Amor, perseveranza, ilusión, igualdade, destreza, motivación, dozura.

Autoría. Xoubiñas ( Nuria Mª Serodio Pérez, Sara Vázquez Montes e Cristina Vidal García).


Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis


Heras, Chema, Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis, ilustr. Kiko Dasilva, Pontevedra: Kalandraka, 1999, [40 pp.], ( ISBN: 978-84-9512-367-1).



    


Breve descrición do formato e contido. É este un álbum ilustrado de tapas duras de medidas 22x22 cm. Nel predominan as ilustracións combinadas co texto, imaxes que reflicten a historia de Martiño con cores azuis e verdes. Trátase dunha combinación de escuridade e esperanza para que os Reis lle traian os regalos desexados polo pequeno. Todo iso combinado cun texto que enfatiza a historia e lle dá sentido ao conto. A linguaxe empregada é sinxela e propia dun neno da idade de Martiño. É un atípico conto de Nadal que nos amosa a particular visión dun neno sobre ese acontecemento tan especial. O cativo deitouse cedo porque os Reis non entran na casa dos nenos que non están durmidos, pero tivo a mala sorte que lle entraron ganas de mexar a media noite. O narrador co seu relato, cheo de enxeño e humor, permítenos amosar a inxenuidade e a complexidade do pequeno.

Potencialidades educativas. Esta obra amósanos a crenza tan forte que teñen os pequenos e a perseveranza para acadar o desexado. Pódese observar con firmeza a forza de vontade do pequeno e a bondade dos Reis por entregarlle de igual maneira os regalos ao cativo, aínda que este non puidese durmir. A obediencia, a superación de medos, a prudencia e a perseveranza son outras das potencialidades do conto.

Recursos de interese.
Conto en formato dixital:

Etiquetas. Reis Magos, medos, tradicións.

Autoría. Xoubiñas (Nuria Mª Serodio Pérez, Sara Vázquez Montes e Cristina Vidal García).







lunes, 7 de mayo de 2018

La niña de la luna


Santolaya Ruiz-Clavijo, Adoración, La niña de la luna, Barcelona: Editorial S. L. Hotel papel Ediciones, 2007, [30 pp.], (ISBN: 9788493564506).

Breve descrición do formato e contido. É este un libro de tapa dura, en cuxa cuberta se poden observar a lúa e a nena protagonistas da historia. En canto ás páxinas interiores, podemos dicir que conta con grandes ilustracións de cores moi rechamantes. O texto é sinxelo e as frases riman entre si. A letra empregada é a minúscula, pero varía o tamaño e, nalgunha ocasión, tamén a cor. Polo que se refire ao argumento, nel cóntase a historia dunha nena que recorreu medio mundo ata que atopou a lúa, sendo importante o papel do vagalume que “encendeu as cores”. A nena vaise atopando con distintos animais ao longo da historia.

Potencialidades educativas. Mediante esta obra pódese facer unha aproximación tanto aos animais como ás cores. Tamén permite traballar a superación de medos e a importancia da valentía.

Recursos de interese.
Presentación do libro na PDI:

Etiquetas. Lúa, animais, cores, medos, valor.

Autoría. Alexandra Rodríguez González

Pedro y la luna


Brière-Haquet, Alice, Pedro y la luna, ilust. Celia Chauffrey, Madrid: Editorial Jaguar, 2010, [36 pp.] (ISBN: 9788496423916).

Breve descrición do formato e contido. En canto ao aspecto externo, é un libro de tapa dura e de dimensións 23,5x30,5 cm. Na cuberta pódese observar a Pedro, protagonista da historia, e á lúa que quere alcanzar. En canto ao interior, debemos resaltar que é unha proposta literaria de texto breve e vocabulario sinxelo, na que o maior peso téñeno as ilustracións vistosas que se asentan na mestura de cores cálidas e frías e que ocupan a totalidade das follas. Está escrito en minúscula e en cor negra e sen variacións de tipo ao longo de toda a historia. A trama desta historia céntrase nun neno que quere regalarlle á súa nai un pedazo de lúa, pero non pode alcanzala, polo que pide axuda de familiares, veciños e amigos sen éxito. Pedro segue buscando alternativas para conseguila e, sen darse conta, dá a volta ao mundo ata que chega de novo ao punto de partida, onde o esperan todos para volver axudalo. Esta vez conségueo, xa que durante ese tempo Pedro medrou o suficiente como para chegar ata a lúa.

Potencialidades educativas. Un dos valores principais que se pode traballar neste libro é a cooperación e a colaboración dos amigos e da familia para conseguir o que nos propoñemos. Podería ser un libro idóneo para traballar o Día da familia, xa que o protagonista quere regalarlle á súa nai un pedazo de lúa pola súa celebración. Este relato dános a oportunidade de falar co noso alumnado dos diferentes tipos de familia que hai hoxe en día e, xunto con eles e con elas, podemos decidir facer un día da familia en vez de “día do pai” ou “día da nai”, posto que non todos nin todas temos o mesmo tipo de familias.

Recursos de interese.
Contacontos dixitais:
Blog que fala sobre o conto:

Etiquetas. Lúa, solidariedade, amigos, familia, cooperación.

Autoría. Alexandra Rodríguez González


El ratón que se comió la luna


Horácêk, Petr, El ratón que se comió la luna, Trad. Teresa Farran, Barcerlona :Editorial Juventud, 2014, [28 pp.], (ISBN: 978-84-261-4063-0).

Breve descrición do formato e contido. Este volume encadernado en cartoné ten unhas dimensións de 23,8x25,6cm. Na cuberta pódese observar o rato que é o protagonista da historia e a lúa que tamén é protagonista, aínda que de forma indirecta. As ilustracións son a páxina completa e defínense polas súas cores vivas; e o texto, sinxelo e escrito en minúscula, está escrito sobre ela. O fío da historia manteno un narrador externo, ao que acompañan os diferentes personaxes por medio das súas intervencións. A historia cóntanos como un rato, que admira a lúa, encontra un día un pedazo dela e a come a bocados. Ao decatarse de que nunca volverá ser redonda e grande, vai atopándose con outros animais e contándolle o sucedido. Finalmente a lúa volve brillar no ceo, porque ninguén a pode comer.

Potencialidades educativas. Con esta proposta literaria e ilustrativa podemos aproximarnos á lúa, ás súas fases, ao universo e todo o que ten que ver con esa temática. Tamén permite achegarse ao mundo animal, xa que o personaxe principal é un rato que durante todo o conto entra en contacto con outros seres animais. Así mesmo, posibilita traballar os sentidos, xa que o rato ole a lúa, vea, próbaa etc.

Recursos de interese.
Vídeo sobre o conto:
Blog que fala sobre o conto:

Etiquetas. Lúa, espazo, animais, sabores, sentidos.

Autoría. Alexandra Rodríguez González


La luna: cuento para leer a oscuras


Valios I Buñel, Ignasi, La luna: cuento para leer a oscuras, Madrid: Editorial Anaya, 2014 [20 pp.], (ISBN: 9788466716567).

Breve descrición do formato e contido. Na cuberta deste volume de tapa dura pódese observar a lúa protagonista da historia sobre a que se recolle un gracioso rato cun globo vermello na man. As páxinas do interior caracterízanse porque, logo de recibir a luz dun foco, se ilumina na escuridade dun xeito misterioso e ofrece, polo tanto, un novo modo de ler diferente. O texto recolle un feixe de rimas, pareados, poemas e adiviñas referidos á lúa, que son o soporte das ilustracións que tamén se poden ver na escuridade. Un narrador externo vai propondo adiviñas, rimas... sobre a lúa. Así, por exemplo, di “una cosa redonda como una manzana que se puede ver desde cualquier ventana”. Todas elas van unidas e teñen como resposta a lúa.

Potencialidades educativas. Con esta proposta literaria de lectura sinxela e de ilustracións rechamantes, podemos traballar co noso alumnado todos os elementos do universo. Trátase dunha temática que nos achega ao mundo das ciencias facendo da lectura unha temática transversal que abordar dende diferentes perspectivas. Podemos coñecer e traballar a lúa, os planetas, o sistema solar, as estrelas...

Recursos de interese.
Traballar con luz negra:
Blog que fala sobre o conto:

Etiquetas. Lúa, espazo, planetas, universo, fluorescente.


Autoría. Alexandra Rodríguez González.

Papá por favor consígueme la luna


Carle, Erik, Papá, por favor consígueme la luna, trad. Esther Rubio Muñoz, Barcelona: Editorial Kokinos,n2004 [37 pp.], (ISBN: 9788488342690).

Breve descrición do formato e contido. En canto ao aspecto externo, é un libro de tapa dura. Na cuberta pódese observar a lúa e unha escaleira que evoca o feito de subir para conseguila. En canto ao interior, as ilustracións ocupan a totalidade das páxinas e o texto está sobre as imaxes. As ilustración son moi representativas en canto ao que se nos conta e a forma na que están pintadas asemellan pinceladas O texto é sinxelo e está escrito en letra minúscula alternando cores, xa que algunhas follas están escritas en cor branca e outras en cor negra. Un narrador externo recrea a historia intercalando tamén breves diálogos entre os tres protagonistas: Mónica, o pai e a lúa. A historia relátanos como Mónica quere xogar coa lúa e lle pide ao pai que a consiga. Este toma unha escaleira grande e, cando chega xunto á lúa, esta é excesivamente grande. A lúa dille que agarde a que sexa máis pequena para que poida cumprir o desexo da filla... Realizarase? Isto saberanos todos os lectores que se abeiren a este clásicos de follas despregables, nas que se resgarda unha historia cargada de fantasía e soños.

Potencialidades educativas. Con este conto podemos borrar o estereotipo de que é a nai a que coida os fillos, xa que neste caso é o pai o que aparece na historia como acompañante da nena. Tamén podemos traballar o mundo da imaxinación, da fantasía e da creatividade, un mundo que é de grande importancia nos primeiros anos dos nenos e nenas. Así mesmo permítenos aproximarnos ás distintas fases da lúa, xa que por iso se fai cada vez máis pequena.

Recursos de interese.
Videoconto:
Blog que fala sobre o conto:

Etiquetas. Lúa, espazo, familia, fantasía.

Autoría. Alexandra Rodríguez González.

A que sabe a lúa?


Grejniec, Michael, A que sabe a lúa?, trad. Carmen Barreiro, Pontevedra: Editorial Kalandraka, 2007, [36 pp.], (ISBN: 9788484646259).

Breve descrición do formato e contido. Estamos ante un volume de tapa dura de dimensións 19,5 x 29 cm. Na cuberta pódese observar a lúa, que é a protagonista indirecta da historia. No seu interior, nunha das caras de cada páxina está o texto e no outro, unha ilustración a cara completa. O texto é sinxelo e está escrito en letra minúscula, pero de tamaño adecuado para os cativos e en cor negra, sen ter variacións ao longo da historia. As ilustracións sintonizan co relato do texto e caracterízanse porque son imaxes moi descritivas e exemplificativas dos feitos narrados. O fondo das imaxes sempre é escuro, xa que representa a noite e as cores dos animais destacan sobre esa escuridade. Un narrador externo recrea a historia intercalando tamén breves diálogos entre os animais protagonistas. Nela cóntanos como os animais querían coñecer o sabor da lúa e, para conseguir un pedazo, traballan de forma cooperativa entre todos facendo unha torre subindo uns encima doutros ata poder chega ata a lúa. Cando conseguen un pedazo para cada un deles é o sabor que máis lles gusta.

Potencialidades educativas. Mediante esta obra pódense traballar valores tan importantes como a solidariedade, a amizade e o traballo cooperativo, valores moi necesarios neste mundo de competitividade. Coa súa mensaxe transmítesenos que os soños non son inalcanzables se contamos coa axuda dos demais, así como permítelle ver ao noso alumnado que crea en si mesmo e na importancia de axudar os demais. Ademais as ilustracións e o texto son moi adecuados para as idades de Educación infantil.

Recursos de interese.
Vídeo sobre o conto adaptado:
Blog que fala sobre o conto:

Etiquetas. Lúa, espazo, animais, cooperación.

Autoría: Alexandra Rodríguez González.

¡A LAVARSE LOS DIENTES!

Geis, Patricia, ¡A lavarse los dientes!, Barcelona: Combel Editorial (máis de 2 anos), 2010 , [14 pp.], (ISBN: 978-84-9825-571-3).

Descrición do contido textual e visual: É un álbum ilustrado de formato rectangular e de tapas duras. Na cuberta podemos observar unha nena ensinando os dentes dunha forma moi exaxerada, un cepillo de dentes e un vaso de auga, utensilios indispensables para unha boa hixiene bucal. As ilustración resaltan polo emprego de cores vivas que chaman a atención dos máis pequenos. Con esta historia, que asenta na modalidade formal do pop-up, faise referencia ao coidado e limpeza dos dentes. Intenta involucrar os nenos/as na busca de determinados elementos entre os debuxos, levantando solapas ou movendo lingüetas que forman parte do conto. É un álbum interactivo moi útil para o alumnado de educación infantil.

Potencialidades educativas da obra para educación infantil: O obxectivo principal é promover a boa hixiene bucal. É moi importante a interacción do neno/a co conto, xa que lles produce curiosidade polo papel que asumen na manipulación dos dispositivos que ofrece a obra. Grazas a este álbum podemos ensinarlles, dunha forma divertida, a lavarse os dentes.

Autoría: Scrups (Ángela López Ferradás, Miriam Rodríguez Martínez, Valeria Vázquez Martiñán, Laura Veiga Darriba)