
Breve descrición do formato e contido. En canto ao aspecto externo, é
un libro de tapa dura e de dimensións 23,5x30,5
cm. Na cuberta pódese observar a Pedro, protagonista da historia, e á
lúa que quere alcanzar. En canto ao interior, debemos resaltar que é unha
proposta literaria de texto breve e vocabulario sinxelo, na que o maior peso
téñeno as ilustracións vistosas que se asentan na mestura de cores cálidas e
frías e que ocupan a totalidade das follas. Está escrito en minúscula e en cor
negra e sen variacións de tipo ao longo de toda a historia. A trama desta
historia céntrase nun neno que quere regalarlle á súa nai un pedazo de lúa,
pero non pode alcanzala, polo que pide axuda de familiares, veciños e amigos
sen éxito. Pedro segue buscando alternativas para conseguila e, sen darse
conta, dá a volta ao mundo ata que chega de novo ao punto de partida, onde o
esperan todos para volver axudalo. Esta vez conségueo, xa que durante ese tempo
Pedro medrou o suficiente como para chegar ata a lúa.
Potencialidades educativas. Un dos valores principais que se pode traballar neste libro é a
cooperación e a colaboración dos amigos e da familia para conseguir o que nos
propoñemos. Podería ser un libro idóneo para traballar o Día da familia, xa que
o protagonista quere regalarlle á súa nai un pedazo de lúa pola súa
celebración. Este relato dános a oportunidade de falar co noso alumnado dos
diferentes tipos de familia que hai hoxe en día e, xunto con eles e con elas,
podemos decidir facer un día da familia en vez de “día do pai” ou “día da nai”,
posto que non todos nin todas temos o mesmo tipo de familias.
Recursos de interese.
Contacontos dixitais:
Blog que fala sobre o conto:
Etiquetas. Lúa, solidariedade, amigos, familia, cooperación.
Autoría. Alexandra Rodríguez González
No hay comentarios:
Publicar un comentario