
Breve descrición do formato e contido. É este un libro de tapa dura,
en cuxa cuberta se poden observar a lúa e a nena protagonistas da historia. En
canto ás páxinas interiores, podemos dicir que conta con grandes ilustracións
de cores moi rechamantes. O texto é sinxelo e as frases riman entre si. A letra
empregada é a minúscula, pero varía o tamaño e, nalgunha ocasión, tamén a cor.
Polo que se refire ao argumento, nel cóntase a historia dunha nena que recorreu
medio mundo ata que atopou a lúa, sendo importante o papel do vagalume que “encendeu
as cores”. A nena vaise atopando con distintos animais ao longo da historia.
Potencialidades educativas. Mediante esta obra pódese facer unha aproximación tanto aos animais como ás
cores. Tamén permite traballar a superación de medos e a importancia da valentía.
Recursos de interese.
Presentación do libro na PDI:
Etiquetas. Lúa, animais, cores, medos, valor.
Autoría. Alexandra Rodríguez González
No hay comentarios:
Publicar un comentario