Heras, Chema, Cando Martiño tivo ganas
de mexar na noite de Reis, ilustr.
Kiko Dasilva, Pontevedra: Kalandraka, 1999, [40 pp.], ( ISBN:
978-84-9512-367-1).

Breve
descrición do formato e contido. É este un álbum ilustrado de tapas duras de medidas 22x22 cm. Nel
predominan as ilustracións combinadas co texto, imaxes que reflicten a historia
de Martiño con cores azuis e verdes. Trátase dunha combinación de escuridade e
esperanza para que os Reis lle traian os regalos desexados polo pequeno. Todo iso
combinado cun texto que enfatiza a historia e lle dá sentido ao conto. A
linguaxe empregada é sinxela e propia dun neno da idade de Martiño. É un
atípico conto de Nadal que nos amosa a particular visión dun neno sobre ese
acontecemento tan especial. O cativo deitouse cedo porque os Reis non entran na
casa dos nenos que non están durmidos, pero tivo a mala sorte que lle entraron
ganas de mexar a media noite. O narrador co seu relato, cheo de enxeño e humor,
permítenos amosar a inxenuidade e a complexidade do pequeno.
Potencialidades
educativas. Esta obra amósanos a crenza tan forte que teñen os pequenos e a
perseveranza para acadar o desexado. Pódese observar con firmeza a forza de vontade
do pequeno e a bondade dos Reis por entregarlle de igual maneira os regalos ao
cativo, aínda que este non puidese durmir. A obediencia, a superación de medos,
a prudencia e a perseveranza son outras das potencialidades do conto.
Recursos
de interese.
Conto en
formato dixital:
Etiquetas. Reis
Magos, medos, tradicións.
Autoría. Xoubiñas (Nuria Mª Serodio Pérez,
Sara Vázquez Montes e Cristina Vidal García).
No hay comentarios:
Publicar un comentario