Campanari, José & Olmos, Roger, Sígueme (unha historia de amor que non ten nada de raro), ilustr. Roger Olmos, Pontevedra: OQO,
2007, [48pp.], (ISBN: 978-84-9871-495-1).
Breve
descrición do formato e contido. Trátase dun álbum ilustrado de tapas duras traducido ao castelán por Marisa
Núñez no ano 2007. Alterna o texto coas ilustracións en cada páxina. As imaxes
que se amosan están cheas de colorido e describen perfectamente a historia para
que a nenez poida comprendela de maneira sinxela. Conta unha historia fermosa e
chea de orixinalidade, na que un elefante moi presumido e insistente trata de
namorar unha formiga con cintura de avispa. Ao longo do conto descríbense diferentes
situacións polas que pasan os protagonistas rematando nun idilio un tanto
peculiar. As cores que predominan son o verde, que representa a esperanza do
elefante por conseguir o amor da formiga; e o rosa que mostra a tenrura dos
protagonistas durante o desenvolvemento dos sucesos. En xeral predominan as
cores rechamante para conseguir unha interacción máis potente. Na cuberta
aparece a palabra SÍGUEME que lle dá título ao libro en maiúsculas, a cal
aparece repetidas veces ao longo da historia. Seguidamente como subtítulo
aparece a frase entre paréntese quitándolle importancia á rareza do namoramento
dun elefante e unha formiga.
Potencialidades
educativas. A principal mensaxe deste conto é a inexistencia de barreiras no amor. Cada
quen pode estar con quen queira sen importar credo, raza ou condición. Outra
das ensinanzas desta historia é “se se cre, pódese”, é dicir, a perseveranza do
elefante para namorar a formiga deu os seus froitos ao final do conto. Tamén é
reseñable como o autor nos ensina que non se debe xulgar a ninguén pola súa
aparencia, exemplificado neste conto polo elefante, dado que máis alá das súas
características físicas robustas amosa unha gran dozura: a beleza está no
interior do noso corazón. Outras das potencialidades educativas que encontramos
son a complicidade, o interese, a motivación e a confianza nun mesmo e nos demais.
Recursos
de interese.
Conto
dixital:
Etiquetas. Amor, perseveranza, ilusión, igualdade, destreza,
motivación, dozura.
Autoría. Xoubiñas ( Nuria Mª Serodio Pérez,
Sara Vázquez Montes e Cristina Vidal García).
No hay comentarios:
Publicar un comentario