lunes, 7 de mayo de 2018

La luna: cuento para leer a oscuras


Valios I Buñel, Ignasi, La luna: cuento para leer a oscuras, Madrid: Editorial Anaya, 2014 [20 pp.], (ISBN: 9788466716567).

Breve descrición do formato e contido. Na cuberta deste volume de tapa dura pódese observar a lúa protagonista da historia sobre a que se recolle un gracioso rato cun globo vermello na man. As páxinas do interior caracterízanse porque, logo de recibir a luz dun foco, se ilumina na escuridade dun xeito misterioso e ofrece, polo tanto, un novo modo de ler diferente. O texto recolle un feixe de rimas, pareados, poemas e adiviñas referidos á lúa, que son o soporte das ilustracións que tamén se poden ver na escuridade. Un narrador externo vai propondo adiviñas, rimas... sobre a lúa. Así, por exemplo, di “una cosa redonda como una manzana que se puede ver desde cualquier ventana”. Todas elas van unidas e teñen como resposta a lúa.

Potencialidades educativas. Con esta proposta literaria de lectura sinxela e de ilustracións rechamantes, podemos traballar co noso alumnado todos os elementos do universo. Trátase dunha temática que nos achega ao mundo das ciencias facendo da lectura unha temática transversal que abordar dende diferentes perspectivas. Podemos coñecer e traballar a lúa, os planetas, o sistema solar, as estrelas...

Recursos de interese.
Traballar con luz negra:
Blog que fala sobre o conto:

Etiquetas. Lúa, espazo, planetas, universo, fluorescente.


Autoría. Alexandra Rodríguez González.

No hay comentarios:

Publicar un comentario