Carle, Erik, Papá, por favor consígueme la
luna, trad. Esther Rubio Muñoz, Barcelona: Editorial Kokinos,n2004 [37 pp.],
(ISBN: 9788488342690).
Breve descrición do formato e contido. En canto ao aspecto externo, é
un libro de tapa dura. Na cuberta pódese observar a lúa e unha escaleira que evoca
o feito de subir para conseguila. En canto ao interior, as ilustracións ocupan
a totalidade das páxinas e o texto está sobre as imaxes. As ilustración son moi
representativas en canto ao que se nos conta e a forma na que están pintadas
asemellan pinceladas O texto é sinxelo e está escrito en letra minúscula
alternando cores, xa que algunhas follas están escritas en cor branca e outras
en cor negra. Un narrador externo recrea a historia intercalando tamén breves
diálogos entre os tres protagonistas: Mónica, o pai e a lúa. A historia relátanos
como Mónica quere xogar coa lúa e lle pide ao pai que a consiga. Este toma unha
escaleira grande e, cando chega xunto á lúa, esta é excesivamente grande. A lúa
dille que agarde a que sexa máis pequena para que poida cumprir o desexo da
filla... Realizarase? Isto saberanos todos os lectores que se abeiren a este
clásicos de follas despregables, nas que se resgarda unha historia cargada de
fantasía e soños.
Potencialidades educativas. Con este conto podemos borrar o
estereotipo de que é a nai a que coida os fillos, xa que neste caso é o pai o
que aparece na historia como acompañante da nena. Tamén podemos traballar o
mundo da imaxinación, da fantasía e da creatividade, un mundo que é de grande
importancia nos primeiros anos dos nenos e nenas. Así mesmo permítenos
aproximarnos ás distintas fases da lúa, xa que por iso se fai cada vez máis
pequena.
Recursos de interese.
Videoconto:
Blog que fala sobre o conto:
Etiquetas. Lúa, espazo, familia, fantasía.
Autoría. Alexandra Rodríguez González.
No hay comentarios:
Publicar un comentario