Geis, Patricia, ¡A lavarse los dientes!, Barcelona: Combel Editorial (máis de 2 anos), 2010 , [14 pp.], (ISBN: 978-84-9825-571-3).
Descrición do contido textual e visual: É un álbum ilustrado de formato rectangular e de tapas duras. Na cuberta podemos observar unha nena ensinando os dentes dunha forma moi exaxerada, un cepillo de dentes e un vaso de auga, utensilios indispensables para unha boa hixiene bucal. As ilustración resaltan polo emprego de cores vivas que chaman a atención dos máis pequenos. Con esta historia, que asenta na modalidade formal do pop-up, faise referencia ao coidado e limpeza dos dentes. Intenta involucrar os nenos/as na busca de determinados elementos entre os debuxos, levantando solapas ou movendo lingüetas que forman parte do conto. É un álbum interactivo moi útil para o alumnado de educación infantil.
Potencialidades educativas da obra para educación infantil: O obxectivo principal é promover a boa hixiene bucal. É moi importante a interacción do neno/a co conto, xa que lles produce curiosidade polo papel que asumen na manipulación dos dispositivos que ofrece a obra. Grazas a este álbum podemos ensinarlles, dunha forma divertida, a lavarse os dentes.
Autoría: Scrups (Ángela López Ferradás, Miriam Rodríguez Martínez, Valeria Vázquez Martiñán, Laura Veiga Darriba)
No hay comentarios:
Publicar un comentario