Mostrando entradas con la etiqueta discapacidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta discapacidade. Mostrar todas las entradas

domingo, 29 de abril de 2018

La cebra Camila





Núñez, Marisa, La cebra Camila, ilust. Óscar Villán, S.L. Kalandraka Editora, col. Libros para soñar, Pontevedra, 2002, [32 pp.] (ISBN: 9788495123602).


Breve descrición do formato e contido. Este conto está no formato 22x22 cm e coas tapas duras, o que o convirte nun conto moi manexable. Na portada o que chama a atención é Camila nun plano xeral, vestida cos seus pantalóns e tirantes de ir a pasear. O longo das páxinas interiores, as cales son de cor marrón, os debuxos destacan xa que están repletos de cores e movemento. As ilustracións ocupan as dúas follas que van unidas polo lombo e sobre elas destacan os textos escritos en cor negro.

O longo da obra un narrador en terceira persoa cóntanos a historia de Camila. Como un día sen facer caso a súa nai sae a pasear sen os seus pantalóns e os seus tirantes e o vento lévalle voando as raias da cebra. Despois de iso Camila comeza un camiño no cal derrama sete bágoas e encontrase con sete animais que lle axudarán a animarse e recuperar as raias.

Potencialidades educativas.  A cebra Camila é un conto cheo de valores que son moi importantes traballalos na educación infantil, como é a solidariedade e xenerosidade nos animaliños que axudan a Camila a recuperar as súas raias sen esperar nada a cambio, so buscando que ela deixe de derramar bágoas. E o valor da aceptación a través da nai de Camila a cal nun principio non aceptaba que a súa filla quixera cambiar, pero que cando volve a casa e ve todo o que creceu durante o camiño acepta os cambios de Camila.

A maiores se poden traballar outros temas, a practica dos números, o ir contando as bágoas que derrama Camila e os animais con os que se encontra. Tamén traballar a memoria o ir recordando que animal lle da cada raia , …

E por último as ilustracións e a mensaxe que nos transmite o conto axuda a facer actividades que potencian a creatividade dos nenos e nenas.

 Recurso de interese.
Blogs que falan sobre o cuento:

Tableiro de Pinterest con modelos de actividades:

Conta contos:

Etiquetas. Álbum ilustrado, discapacidade, Marisa Núñez, La cebra Camila e Supermaestras.

Autoría. Supermaestras (Carolina Lloret González, Marta Pérez Solla, Alejandra Rodríguez Cavallé, Malena Sánchez Gándara e Laura Vázquez Ramil)

viernes, 6 de abril de 2018

O ourizo e a lebre



Adaptación por el Colectivo Crisol: Mª Carmen Aguin, Tina Parada, Elvira García, Carlos Alfonso y Remedios Padín; O ourizo e a lebre, Vigo: A NOSA TERRA Promocións Culturais Galegas S.A., 1999, [20 pp.] (ISBN: 978-84-89976-92-4).

Breve descripción do formato e contenido. O ourizo e a lebre é un álbum ilustrado de tamaño medio/pequeno e con tapas duras. Na cuberta pódese ver aos dous protagonistas: a lebre exhausta e o ourizo tumbado e descansado; na contracuberta, o resto da ilustración que completan a principal: herba, peces, ceo, etc. A portada é dun cor liso no que destaca o título da obra e un círculo cos seus protagonistas no nterior. Nas súas 20 páxinas priman, por suposto, as ilustracións, as cales van acompañadas de pequenos fragmentos de texto.

O ourizo e a lebre encontrábanse discutindo sobre quen era máis rapido, polo que decidiron retarse o un ao otro, nunha carreira. A lebre moi segura da súa victoria non sabía da astucia do ourizo que lle pediu a outro ourizo que esperará na meta para que a lebre pensase así que había ganado contra todo pronóstico.Como a lebre non creía que fose posible, volveu a hacer o recorrido unhas cantas veces sen resultado, non o podía creer.
 
Potencialidades educativas.  Esta obra permite traballar co alumnado a importancia de non juzgar e respetar ao resto xa que cada un pode ser mellor nun ámbito que noutro, pero que a todos se nos da ben algo.Ademáis das habilidades que se podan traballar, as diferenzas, sobre todo as discapacidades, estando moito máis presentes as dificultades que teñen estos rapaces y rapazas á hora de realizar certas actividades: como por exemplo, a lentitude, entre outras. Tamén a necesidade de atención especializada e de apoio, tanto de docentes como de eles/as mesmos/as, seus compañeiros e compañeiras do centro, sobre todo dos máis cercanos e cercanas ao alumno ou alumna afectado/a que poden encontrarse na sua clase.
Educar en base a este apoio aos que máis necesitades teñen e axuda precisan é imprescindible para a educación en valores e o crecemento como persoas. Si se traballa dende os pilares, están máis concienciados no seu futuro se alguén con estas u outras características aparece no seu camiño: abre mentes. A diversidade está aquí presente e tamén se poderá traballar no aula.

Recursos de interese.
Blogs que falan da obra e propoñen diversas actividades para traballarla no aula.

Etiquetas. Álbum ilustrado, discapacidade, Colectivo Crisol, O ourizo e a lebre e Supermaestras.

Autoría. Supermaestras (Carolina Lloret González, Marta Pérez Solla, Alejandra Rodríguez Cavallé, Malena Sánchez Gándara e Laura Vázquez Ramil)

Elmer




Mckee, David,  Elmer, trad. Montserrat Paz, Vigo: Edicións Xerais de Galicia D.L, col. Pequeño Merlín, 1995,  [32 pp.]. (ISBN: 978-84-8302-149-1)


Breve descrición do formato e contido. Na cuberta rechamante deste álbum aparece no centro o protagonista principal, o elefante Elmer. Dende esta primeira imaxe tan chea de cor xa se caracteriza por ser un elefante coa pel de moitas cores chamando poderosamente a atención dos máis pequenos. Ademais esta diferenza de cores transmítenos a cada un de nos as diferenzas como algo bonito e positivo. As diferentes ilustracións chamativas utilizadas con cores alegres e formas entretidas, despertan a curiosidade dos nenos e nenas facendo desenvolver así a súa imaxinación. Trátase dunha obra lineal xa que comeza contando quen é o protagonista, como se sente, características etc. E a continuación lévase a cabo o desenvolvemento da historia, sendo a conclusión final a última parte. Esta estrutura, a linguaxe, as metáforas e os diálogos favorecen o seguimento da obra aos máis pequenos.
No referente ao contido, trátase dun elefante coa pel de diferentes cores o que lle fai sentirse diferente ao resto. Elmer é moi divertido e os seus compañeiros ríanse con el, sen embargo, Elmer pensa que se rin del por ser diferente, polo que un día decide marchar. Elmer atopou unha árbore con froitos semellantes a cor gris dun elefante, polo que decide fretarse contra eles para así non ser diferente ao resto. Sen embargo, cando chega a xunto dos seus compañeiros comproba que todos están serios e aburridos. Elmer consegue facelos rir de novo, mentres que a choiva fai que Elmer volva a ser da mesma cor ca antes.

Potencialidades da obra. Neste álbum podemos atopar unha gran cantidade de potencialidades, como pode ser ensinar a diversidade dende algo positivo, e traballar en valores fundamentais como son a aceptación de cada un de nos, para a creación dun mesmo como persoa. Ademais tamén atopamos a importancia da amizade, todos os animais son diferentes pero todos se respectan e aceptan por ser como son.
Axuda a comprender que todos e todas temos cousas en común e cousas diferentes, pero cada un de nos é especial por ser quen é.  

Recursos de interese.
Conto en galego.
Canción do conto.

Etiquetas. Álbum ilustrado, discapacidade, David Mckee, Elmer e Supermaestras.

Autoría. Supermaestras (Carolina Lloret González, Marta Pérez Solla, Alejandra Rodríguez Cavallé, Malena Sánchez Gándara, e Laura Vázquez Ramil)

miércoles, 4 de abril de 2018

Catarina, o Oso e Pedro


Pieper, Christiane. Catalina, el Oso y Pedro, ilust. Christiane Pieper, trad. Marc Taeger e Xosé Ballesteros, Pontevedra: Kalandraka, col. Demademora, 2007, [36 pp] (ISBN: 978-84-8464-633-4).

Breve descrición do formato e do contido. Catalina, el Oso y Pedro é un álbum ilustadrado, cadrado con tapas de cartón. A cuberta ten un fondo verde no que vemos a tres personaxes: unha rapaza, un oso e un neno en cadeira de rodas; e na contraportada, predomina tamén a cor verde e só se diferencia unha palmeira desta mesma cor.
O conto está en xénero narrativo e conta a historia dos tres personaxes en terceira persoa, os cales van pasando diferentes situacións ao redor do mundo. Un dos protagonistas, Pedro, que está en cadeira de rodas, é o que menos problemas ten para facer diferentes cousas, cando o Oso o a rapaza precisan da súa axuda, él pode facer as cousas de forma autónoma. O texto do conto está composto por frases curtas de fácil lectura, e contan o que ocorre nas ilustracións de cada páxina.
Neste conto se utiliza o debuxo de tipo lienzo, sen utilizar a cor negra nos bordes de cada debuxo, e predominan os cores cálidos.

Potencialidades educativas. Este conto significa a superación das barreras da discapacidad e da integración, da a entender aos nenos e nenas que por moito que se teña unha discapacidade motórica, no te ten porque limitar para poder vivir certas experiencias da vida y para ter unha total autonomía. Con el poderemos traballar tamén a amizade e a empatía, e o axudar aos demáis. É ideal para que o lean tanto o alumnado sen está discapacidade e para os que a teñan.

Recursos de interese.
Traducións ao castelán, galego, catalán e portugués.
Proxecto sobre contos e discapacidade: “El arte de crear”

Etiquetas. Álbum ilustrado, discapacidade, Christiane Pieper, Catarina, o Oso e Pedro e Supermaestras.

Autoría. Supermaestras (Carolina Lloret González, Marta Pérez Solla, Alejandra Rodríguez Cavallé, Malena Sánchez Gándara e Laura Vázquez Ramil)