Núñez, Marisa, La cebra
Camila, ilust. Óscar Villán, S.L. Kalandraka Editora, col. Libros para soñar, Pontevedra, 2002, [32 pp.] (ISBN: 9788495123602).
Breve descrición do formato e contido. Este conto está no formato 22x22 cm e coas tapas duras, o que o convirte
nun conto moi manexable. Na portada o que chama a atención é Camila nun
plano xeral, vestida cos seus pantalóns e tirantes de ir a pasear. O longo das páxinas interiores, as cales son de cor marrón, os debuxos destacan xa que están repletos de cores e movemento. As ilustracións ocupan as dúas follas que van unidas polo
lombo e sobre elas destacan os textos escritos en cor negro.
O longo da obra un narrador en terceira persoa cóntanos
a historia de Camila. Como un día sen facer caso a súa nai sae a pasear sen os seus pantalóns e os seus tirantes e o vento lévalle voando as raias
da cebra. Despois de iso Camila comeza un camiño no cal derrama sete bágoas e encontrase con
sete animais que lle axudarán a
animarse e recuperar as raias.
Potencialidades educativas. A cebra Camila é un conto
cheo de valores que son moi importantes traballalos na educación
infantil, como é a solidariedade e xenerosidade nos animaliños que axudan a Camila a recuperar as súas raias sen esperar nada a cambio, so buscando que ela deixe
de derramar bágoas. E o valor da
aceptación a través da
nai de Camila a cal nun principio non aceptaba que a súa filla quixera cambiar,
pero que cando volve a casa e ve todo o que creceu durante o camiño acepta os
cambios de Camila.
A maiores se poden traballar outros temas, a practica dos
números, o ir contando as bágoas que derrama Camila e os animais con
os que se encontra. Tamén
traballar a memoria o ir recordando que animal lle da cada raia , …
E por último
as ilustracións e a mensaxe que nos
transmite o conto axuda a facer actividades que potencian a creatividade dos
nenos e nenas.
Recurso
de interese.
Blogs que falan sobre o cuento:
Tableiro de Pinterest con modelos de actividades:
Conta contos:
Etiquetas. Álbum ilustrado, discapacidade, Marisa Núñez, La cebra Camila e Supermaestras.
Autoría. Supermaestras
(Carolina Lloret González, Marta Pérez
Solla, Alejandra Rodríguez Cavallé, Malena Sánchez
Gándara e Laura Vázquez
Ramil)
No hay comentarios:
Publicar un comentario