lunes, 30 de abril de 2018

Los miedos del capitán Cacurcias

Andrés, José Carlos, Los miedos del capitán Cacurcias, ilust. Sonja Wimmer, Madrid: NubeOcho, col. “Somos 8”, 2015, [40 pp.], (ISBN: 978-84-943691-2-4).


Breve descrición do formato e contido. Álbum ilustrado de tapas duras que acolle unha historia na que os medos toman posesión do capitán Carcurcias. Un narrador en terceira persoa preséntanos a este capitán, un pirata que, de repente, se converte nun home con moitos medos. Os seus tripulantes buscan solucións para sacarlle os medos. Malia que, nun inicio, teñen unha idea que non parece moi boa, ao final parece que dá resultado para afastar os seus temores. Desde esta focalización de carácter subversivo, ofrécese, xa que logo, unha visión ben distinta do universo da piratería, que se acostumou caracterizar pola presenza de homes malvados e terribles. Pero... Os piratas tamén teñen medo! Esta historia de aprendizaxe recolle na cuberta o protagonista da nosa historia, que na súa cara xa reflicte ese medo que o fai diferente. A imaxe da cuberta ten continuidade na da contracuberta co fondo do mar. Nas cubertas atopamos ollos azuis que semellan as burbullas que podemos atopar no mar. Utiliza cores frías e medoñentas nas páxinas nas que o medo toma posesión do capitán. A ilustradora xoga co poder utilizando a técnica do contrapicado, na que o plano está visto dende o chan cara a arriba. Os tons rechamantes que se atopan axudan a contar a historia, xa que as cores van cambiando segundo a situación na que se atopa o capitán. A grande imaxinación das nenas e nenos fai que nalgunhas ocasións teñan medo de algo que non existe. A colocación do texto axuda a seguir a historia tamén por medio da ilustración. O propio nome do capitán resulta ser un nome curioso para á infancia, xa que evoca á escatoloxía e apártase dos nomes feroces que adoitan ter estes personaxes tan deshumanizados nos contos infantís máis tradicionais.

Potencialidades educativas. Esta proposta narrativa permítenos abordar, dun xeito ameno e lúdico, o tema do medo en xeral, a partir das experiencias do capitán Cacurcias. Así mesmo, é unha obra que se presta para ser representada por medio de monicreques ou dramatizada mediante un contacontos. Sen dúbida, é unha delicia literaria-visual para romper cos estereotipos marcados e mostrar como todos podemos albergar fortalezas, pero tamén debilidades que debemos saber superar.

Recursos de interese.
Conto:

Contacontos:

Dramatización do conto desde unha perspectiva cómica:

Autoría. Contistas (A. Martínez (P), A. Ramiro, N. Reyes, B. Sierra).

No hay comentarios:

Publicar un comentario