Mostrando entradas con la etiqueta la cebra camila. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta la cebra camila. Mostrar todas las entradas

domingo, 29 de abril de 2018

La cebra Camila





Núñez, Marisa, La cebra Camila, ilust. Óscar Villán, S.L. Kalandraka Editora, col. Libros para soñar, Pontevedra, 2002, [32 pp.] (ISBN: 9788495123602).


Breve descrición do formato e contido. Este conto está no formato 22x22 cm e coas tapas duras, o que o convirte nun conto moi manexable. Na portada o que chama a atención é Camila nun plano xeral, vestida cos seus pantalóns e tirantes de ir a pasear. O longo das páxinas interiores, as cales son de cor marrón, os debuxos destacan xa que están repletos de cores e movemento. As ilustracións ocupan as dúas follas que van unidas polo lombo e sobre elas destacan os textos escritos en cor negro.

O longo da obra un narrador en terceira persoa cóntanos a historia de Camila. Como un día sen facer caso a súa nai sae a pasear sen os seus pantalóns e os seus tirantes e o vento lévalle voando as raias da cebra. Despois de iso Camila comeza un camiño no cal derrama sete bágoas e encontrase con sete animais que lle axudarán a animarse e recuperar as raias.

Potencialidades educativas.  A cebra Camila é un conto cheo de valores que son moi importantes traballalos na educación infantil, como é a solidariedade e xenerosidade nos animaliños que axudan a Camila a recuperar as súas raias sen esperar nada a cambio, so buscando que ela deixe de derramar bágoas. E o valor da aceptación a través da nai de Camila a cal nun principio non aceptaba que a súa filla quixera cambiar, pero que cando volve a casa e ve todo o que creceu durante o camiño acepta os cambios de Camila.

A maiores se poden traballar outros temas, a practica dos números, o ir contando as bágoas que derrama Camila e os animais con os que se encontra. Tamén traballar a memoria o ir recordando que animal lle da cada raia , …

E por último as ilustracións e a mensaxe que nos transmite o conto axuda a facer actividades que potencian a creatividade dos nenos e nenas.

 Recurso de interese.
Blogs que falan sobre o cuento:

Tableiro de Pinterest con modelos de actividades:

Conta contos:

Etiquetas. Álbum ilustrado, discapacidade, Marisa Núñez, La cebra Camila e Supermaestras.

Autoría. Supermaestras (Carolina Lloret González, Marta Pérez Solla, Alejandra Rodríguez Cavallé, Malena Sánchez Gándara e Laura Vázquez Ramil)