viernes, 6 de abril de 2018

Elmer




Mckee, David,  Elmer, trad. Montserrat Paz, Vigo: Edicións Xerais de Galicia D.L, col. Pequeño Merlín, 1995,  [32 pp.]. (ISBN: 978-84-8302-149-1)


Breve descrición do formato e contido. Na cuberta rechamante deste álbum aparece no centro o protagonista principal, o elefante Elmer. Dende esta primeira imaxe tan chea de cor xa se caracteriza por ser un elefante coa pel de moitas cores chamando poderosamente a atención dos máis pequenos. Ademais esta diferenza de cores transmítenos a cada un de nos as diferenzas como algo bonito e positivo. As diferentes ilustracións chamativas utilizadas con cores alegres e formas entretidas, despertan a curiosidade dos nenos e nenas facendo desenvolver así a súa imaxinación. Trátase dunha obra lineal xa que comeza contando quen é o protagonista, como se sente, características etc. E a continuación lévase a cabo o desenvolvemento da historia, sendo a conclusión final a última parte. Esta estrutura, a linguaxe, as metáforas e os diálogos favorecen o seguimento da obra aos máis pequenos.
No referente ao contido, trátase dun elefante coa pel de diferentes cores o que lle fai sentirse diferente ao resto. Elmer é moi divertido e os seus compañeiros ríanse con el, sen embargo, Elmer pensa que se rin del por ser diferente, polo que un día decide marchar. Elmer atopou unha árbore con froitos semellantes a cor gris dun elefante, polo que decide fretarse contra eles para así non ser diferente ao resto. Sen embargo, cando chega a xunto dos seus compañeiros comproba que todos están serios e aburridos. Elmer consegue facelos rir de novo, mentres que a choiva fai que Elmer volva a ser da mesma cor ca antes.

Potencialidades da obra. Neste álbum podemos atopar unha gran cantidade de potencialidades, como pode ser ensinar a diversidade dende algo positivo, e traballar en valores fundamentais como son a aceptación de cada un de nos, para a creación dun mesmo como persoa. Ademais tamén atopamos a importancia da amizade, todos os animais son diferentes pero todos se respectan e aceptan por ser como son.
Axuda a comprender que todos e todas temos cousas en común e cousas diferentes, pero cada un de nos é especial por ser quen é.  

Recursos de interese.
Conto en galego.
Canción do conto.

Etiquetas. Álbum ilustrado, discapacidade, David Mckee, Elmer e Supermaestras.

Autoría. Supermaestras (Carolina Lloret González, Marta Pérez Solla, Alejandra Rodríguez Cavallé, Malena Sánchez Gándara, e Laura Vázquez Ramil)

No hay comentarios:

Publicar un comentario