Dubuc,
Marianne, La ruta del Ratón Cartero, ilust. Marianne Dubuc,
Barcelona: Editorial Juventud, 2015,[32pp], (ISBN 978-84-261-4336-5
)
Breve
descripción do formato e contido. O
libro que nos encontramos a continuación ten pouca letra pero cunhas
ilustracións moi detaiadas. A autora e ilustradora Marianne Dubuc
utiliza as ilustracións como medio de comunicación e de transmisión
os pequenos lectores.
Durante
o trancurso da historia, o ratón cartero vai viaxar pola “cidade”
entregando as cartas. Sen darse conta vai visitar lugares moi
sorprendentes e visitará animais de todo tipo.
Como
comentábamos anteriormente as ilustracións son primordiais para o
desenvolvemento da obra. Son moi detaiadas e varian dependendo do
animal e onde sea o seu lugar de residencia. Como por exemplo o Señor
Topo que vive baixo terra ou os pingüinos e o seu iglú. Neste intre
temos que destacar que o Rato sempre vai cambiando de atuendo para as
diversas visitas. Ponse roupa de abrigo con fai frío ou traxe de
buceo cando se mete na auga.
Libro
moi orixinal para dar a coñecer os diferentes animais e como viven
cada un deles. Ten unhas dimensións mais amplas de normal, xa que
fan resaltar mais as ilustracións. Despois desta edición,
publicáronse outros dous títulos mais: “As vacacións do Rato
Cartero” e “A ruta extraordinaria do Rato Cartero”.
Potencialidades
educativas. Nesta obra podemos
destacar a diversidade de animais que aparecen e como viven estes. Na
aula podemos tratar diversos temas como pode ser a diverdidade de
animais, como vive cada un de estes animais ou coma viaxa o rato
cartero para chegar nunha casa á outra. E un libro moi divertido,
sobre todo para nenos de 0-6 anos. As ilustracións tan detaiadas das
vivendas dos animais farán que os alumnos aprecien mellor os
detalles.
Recursos
de interés.
Autoría:
Patricia A. Gerosa Moretti