miércoles, 2 de mayo de 2018

Frederick


Lionni, Leo, Frederick, Pontevedra: Kalandraka, 2005, [40 pp], (ISBN 978-84-933759-1-1).

Breve descripción. O autor e ilustrador desde conto Leo Lionni, naceu en Amsterdam (Holanda) e doutorouse en economía, pero mostraba grande interese polo deseño gráfico. Frederick unha obra recomenda a partir dos catro anos, relata a historia dunha familia de ratiños recolle provisións e todos traballan, agás Frederick, que aparentemente non fai nada. Pero sen que os demais o saiban, el tamén se aprovisiona: raiolas de sol, cores, palabras. Cando chega o inverno, os seus compañeiros recoñecen que a súa misión poética fora esencial para que os ratos sobrelevaran mellor a crueza da estación invernal. E así Frederick é aceptado tal e como é. Leo Lionni é un dos pioneiros do álbum ilustrado moderno.  Na cuberta podemos ver o ratiño protagonista que dá nome a esta obra, todo o álbum presenta un fondo branco e ilustrado.

Potencialidades educativas. Un dos temas que aborda o relato é a individualidade, o descubrimento e a aceptación da propia identidade. Frederick é poeta e demostra que, á súa maneira, tamén achega ao colectivo. O artista non se presenta commo un ser automarxinado, senón como alguén necesario para os demais. Fronte á importancia do traballo, Frederick reivindica a necesidade de alimentarse de máis cousas que palla e noces. Frederick pode parecer egoísta. Lonxe de recriminarlle a súa aparente pasividade, os veciños respectano e teñen curiosidade por ese mundo que, finalmente, agradecen.

Recursos de interese.

Vídeoconto

Actividades

Etiquetas. Coolaboración, Individualidade, Aceptación.

Autoría. Xoubiñas (Nuria María Serodio Pérez, Sara Vázquez Montes, Cristina Vidal García)

No hay comentarios:

Publicar un comentario